Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana
Sexta feira 29 (Venres)
• Skacha na sala Farandula (Vigo)
• Invivo no Pub Gatos (Melide)
• Skandalo GZ no Havana 20 (Vigo)
• Capitán Furilo no Auriense (Ourense)
• Recambios Tucho no Pub Doble Moral (Lugo)
• Capitan Furilo no Auriense (Ourense)
• Sachadiço no Furancho Matamafolc (Vigo)
• Os Irmandiños na Tapería A rianxeira (Matamá-Vigo)
• Foliada no Lar (As Pontes)
• Noites de Tasca en Deixebre-Oroso (A Coruña)
• Foliada no Salason (Cangas do Morrazo) ADIADA

Sábado 30
• VI Mostra de Cuartetos Tradicionais (Marín)
• Unhazo no Revolta (Vigo)
• Tanto Nos Ten no furancho Matamafolc (Vigo)
• Tino Baz no Auditorio Municipal de Goián (Tomiño) ás 21:00
• Labregos do Tempo dos Sputniks (García MC (DKTC) máis Leo i Arremecághona), Abobriga e Assircópatas na Sala Farándula (Vigo)
• Serán en Mourelle-Gargamala (Mondariz)
• Serán do lecer en Pazos de Borbén
• Serán en Arbo

Domingo 31
• Concerto didáctico: Vente vindo que eu vou andando, no Forum Metropolitano da Coruña ás 18:00
• Nelson Quinteiro ás 19.00 en Santiago de Compostela no Centro sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-01-2010 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os seráns
30 de Xaneiro
- Serán en Mourelle-Gargamala (Mondariz)
- Serán do lecer en Pazos de Borbén
- Serán en Arbo

6 de febreiro
- Serán de Oliveira (Ponteareas)
- Serán do Galo en Acevedo (Pontesampaio)
- Serán en Avión no bar do Sifón

13 de febreiro
- Serán dos Namorados en Toutón (Mondariz)

27 de febreiro
- Serán de Mouriscados (Mondariz)
- Serán na casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)
- Serán na casa do pobo daLama

5 de marzo
- Serán na Ermida (Pazos de Borben)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)

27 de marzo
- Serán en Pazos (Ponte Caldelas)

10 de abril
- Serán de Fozara

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)
- II Serán de Boborás (O Carballiño, Ourense)

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

29de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-01-2010 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Arbo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-01-2010 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
Tanto Nos Ten o sábado no Matamafolc
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-01-2010 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Sachadiço este venres no Matamafolc
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-01-2010 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comezamos o 2010 para celebrar a Foliada número 30. En marzo fai 4 anos que se iniciou este proxecto que da cabida a música Tradicional da nosa terra.

Será a Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de As Pontes quen inaugure o ano 2010, a formación mais numerosa que se sube ao esceario do Lar. A Escola está formada por xente de todas as idades, dende os cinco anos ata os setenta e moitos. Esta Escola empezou a sua andaina a finais dos oitenta, e xa conta con mais de vinte de existencia, por aquí pasou moita xente que hoxe forman outros grupos da Vila, tamén mestres con gran carisma como Ramón O "Municpal".
Ata o ano pasado tiñan adquiridos uns compromisos anuais que cumprian desinteresadamente participando no Festival Folclórico Internacional, pasarrúas do Carme, Feiras do Grelo e dos Cogumelos, Cabalgata de Reis e na Procesión do Carme. Agora por problemas alleos ás persoas compoñentes, non participan en ningun acto organizado polo Concello.

A continuación o prato forte da xornada, veñen de varias zonas de Galiza ainda que a sua sede está en Lugo, e éles forman a Escola Luguesa de Zanfona e Canto, xente moi coñecida nas suas filas, alguns deles asiduos das Foliadas Pontesas, e comandados polo "Zar" da música Tradicional Galega, Luis "Caruncho" e tamén patrocinada pola AGG (Asociacion Galega de Gaiteiros).
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-01-2010 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de Tasca en Oroso
O venres 29 a partires das 22:00 h a 16ª edición das "Noites de Tasca" celebrarase no hostal OS CARBALLOS, en Deixebre-Oroso (A Coruña).

Nesta ocasión contan ca presenza do grupo "A Gaita de Sarandón, os requinteiros da Ulla"
http://agaitadesarandon.com/

E despois, Foliada coma sempre.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-01-2010 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
VI Mostra de Cuartetos Tradicionais (Marín)
Este sábado 30 de xaneiro terán lugar os actos de clausura da VI Mostra de Cuartetos Tradicionais no museo Torres de Marín coas seguintes actividades:

17:30h Coloquio acerca dos Coros Galegos coa participación de Raúl Galego; Ramón Rodríguez Palleiro “Moncho de Orzán”; Arturo Lamas (Toxos e Frores); Xabier Calvo García (Cantigas e Agarimos).

19:00h Conferencia: Fancisco Landín e "Os de Marín" a cargo de Felipe Rea

20:30 Actuación Musical: Grupos de Marín tocarán pezas do compositor Landín Pazos

Nesta sexta edición, a mostra adicouse a un dos grandes descoñecidos do gran público na actualidade pero que foron o xermolo dunha das primeiras bandas de gaitas de Galicia: Os de Marín, e en especial ao compositor marinense Francisco Landín Pazos. Ao elexir a este cuarteto tamén pretendemos afondar no coñecemento dun fenómeno típico na segunda metade do S.XX, a formación de gaiteiros en escolas no que o factor autodidacta perde valor, gañando moito peso a figura do mestre. Por iso tamén quixemos adicar parte da mostra á figura do Mestre Francisco Landín Pazos, como representante de moitas persoas que sen ser gaiteiros quixeron contribuír, á súa maneira, á difusión da nosa música.


Para máis información visitar www.mostradecuartetos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-01-2010 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Vente vindo que eu vou andando:
Vente vindo que eu vou andando:

31 de Xaneiro ás 18:00 Horas no Forum Metropolitano (A Coruña)


Vente vindo que eu vou andando ven sendo o primeiro proxecto do Colectivo Didáctico de Música e Baile Tradicional XURDE.

O evento vai dirixido a todo tipo de público pero máis especialmente a rapaces en idade escolar. no concerto mistúrase teatro, baile e música tradicional co obxectivo de ensinar dun xeito lúdico e interactivo diferentes facetas do folclore de Galiza.

Vente vindo que eu vou andando:

31 de Xaneiro ás 18:00 Horas no Forum Metropolitano da Coruña Cl. Río Monelos 1
15006 A Coruña
981 18 42 93
Venta de entradas
Taquilla central, Praza de Ourense: de luns a Venres de 9.30 a 13 y de 16.30 a 19.30 h.
Taquilla Forum: A Partires dunha hora antes ao concerto
Televenta: 902 504 500

O Colectivo Didáctico de Música e Baile Tradicional XURDE somos:

Ficha técnica
Son e luces: Daniel Meléndrez Rodríguez
Guión de luces: Ana Colmenero Oujo
Guionistas: Sergio Núñez Martínez, José Antonio Vázquez Martínez, Miguel Ángel Vázquez Bujeiro e Jorge López Díaz
Dirección e coordinación artística: Sergio Núñez Martínez, José Antonio Vázquez Martínez, Miguel Ángel Vázquez Bujeiro
Autores do proxecto didáctico: José Antonio Vázquez Martínez, Miguel Ángel Vázquez Bujeiro e Francisco Manteiga Rodríguez e Sergio Núñez Martínez

Músicos:
Alejandro Fente Balsa (acordeón, gaita e arranxos).
Sergio Núñez Martínez (clarinete, voz, e percusións).
Antía Barreiro Mourelle (percusións).
Miguel Ángel Vázquez Bujeiro (gaita, voz e percusións).
José Antonio Vázquez Martínez (percusións e voz).
Paloma Picos Méndez (pandeireta e voz).
Lucía Mariño Quintela (pandeireta e voz).

Bailadores

Lucía López Trigo (voz no canto de arrolo)
Beni Frecha Arufe
Alberto Rodeiro Francisco
Ánxela Jorge Meijide
Noa Seijo Piñeiro
Valentín Varela Valiño

Actores

Jorge López Díaz como “José de vello”
David Mosquera Rey como “Mario”
Sergio Núñez Martínez como “o tío Caetán”
Beni Frecha Arufe como José “O pequeño”
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-01-2010 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
VI Aniversario da Gentalha (Compostela)
PROGRAMA:

quinta 28 de Janeiro

20h30: Palestra sobre transgénicos com Verdegaia e SLG

sexta 29 de Janeiro

20h00: saída nocturna para ver os petróglifos da "Pedra que Fala", em Fecha
Depois, ceia para sócios e sócias em Vista Alegre.

Sábado dia 30 de Janeiro

17h00: Monicreques para as crianças
"THE PICOLE TEATRE:
O mais grande espectáculo do mundo feito polas mais pequenas marionetas" de MARIONETAS TRÉCOLA

e depois merenda!!!

21h30: Grande LEILOM PICHELEIRO com CARLOS SANTIAGO e a gente de SEIOQUE.
posterior concerto-foliada com Lincorne, Verdegaios, Charanga Folhas Novas e pandeireteiras BOUBA

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2010 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Faltriqueira inaugura a tempada folk da sala ARTeria Noroeste
A sala ARTeria Noroeste abre hoxe en Compostela a nova tempada do ciclo Arteria Raíz, adicado á música de inspiración tradicional, coa actuación de Faltriqueira, grupo cuxas armonías de voces teñen sido aplaudidas en múltiples países.

O concerto dará comezo ás 21.00 horas e as entradas poden adquirirse en taquilla a 5 euros.

O grupo encarna a corrente máis fresca do panorama das fontes da música tradicional, fusionando a polifonía coas percusions e os instrumentos acústicos.

O cuarteto de Pontedeume, que presentará este ano novo disco tras «Efecto Faltriqueira» (2006), abrirá unha serie de recitais deste ciclo nos que estarán tamén Marco Foxo (19 de febreiro); e o trío Vaamonde, Lamas & Romero (4 de marzo).
Comentarios (12) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2010 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Pecha o Retrouso (Vigo)
Mala nova para os festeiros de Vigo, esta semana pechou o Retrouso así que xa non haberá máis foliadas e festas neste local da zona de Samil.
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2010 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Os instrumentos musicais na tradición galega
O patrimonio inmaterial musical do país cobra forma nun libro de referencia
Presentouse o ambicioso volume 'Os instrumentos musicais na tradición galega', escrito por Pablo Carpintero e editado por Difusora.


O patrimonio inmaterial musical do país xa conta cunha obra de referencia. Os instrumentos musicais na tradición galega, de Pablo Carpintero, presentouse este mércores no reitorado da USC, ao abeiro do proxecto Ronsel, no que participan as tres universidades, que contaron con cadanseu representante.

O traballo cataloga e clasifica cientificamente 144 instrumentos, algo que aínda estaba por facer en Galiza. Segundo o seu autor, que foi recollendo información durante 16 anos, o libro estabelece ademais o que entendemos os galegos por instrumento musical, que no país vai ligado directamente á capacidade de producir unha melodía, e que a gaita de fol é o instrumento prototípico.

A través de case 500 páxinas e mil fotografías, e con ilustracións de Xoán Ramón Marín, o libro tamén reflicte o feito de que en Galiza, até hai moi pouco, se conservan instrumentos de orixe paleolítica, ou que na aprendizaxe musical dos máis novos se plasma a evolución histórica dos instrumentos musicais.

O director da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, Xavier Paz, o libro supuxo un grande reto e afirmou que servirá de cartón de presentación tanto para a propia editora como para Ronsel. O impulsor do proxecto e vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area, valorou o intenso traballo que supuxo a edición do libro, que cualificou de "definitivo". Así mesmo, salientou que a Unesco avale a obra, que á súa vez é un paso máis para o recoñecemento do noso patrimonio inmaterial. Por último, afirmou que o traballo é único no mundo, e máis tendo en conta que é froito do traballo dun único autor.

O feito de se ter presentado na sala reitoral da USC simboliza tamén a unión das tres universidades do país nesta empresa e anunciou que Ronsel seguirá adiante con iniciativas que frutifiquen en novas "xoias para a nosa cultura".

www.vieiros.com

Comentarios (3) - Categoría: Publicacións - Publicado o 28-01-2010 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado sobre o Festival Treme a Terra de Pontedeume
A Asociacion cultural, Treme a terra de Pontedeume, que realiza o Festival Treme a terra que se celebra todos os anos por estas datas, enviou um comunicado que reproducimos a continuación:

Como moit@s de vós saberedes, Treme a Terra é unha asociación cultural que leva máis de 13 anos intentando dinamizar a actividade cultural da vila de Pontedeume. Ainda que traballamos en diferentes actividades (roteiros de sendeirismo, exposicións fotográficas, conferencias, concertos solidarios...) a máis representativa é o festival Treme a Terra, que o presente ano debería cumplir a súa XV edición. O obxectivo do festival, un dos de máis tradición da provincia, non é outro que o de fomentar a música en galego.

O motivo de facer este comunicado é o de denunciar o que consideramos un desprezo por parte dos que actualmente gobernan o Concello de Pontedeume.

* Desde hai dous anos a subvención que se nos concede como asociación cultural vese reducida na súa contía nun 15%, non chegando a cubrir nin o 10% dos custos deste festival.
* A subvención correspondente ao exercicio 2009 ainda non foi aboada.
* Durante a organización do XIV Festival puxéronse todos os impedimentos para a súa realización na pista polideportiva, localización onde levamos máis de 10 anos celebrando esta actividade.
* O 3 de abril presentamos un escrito para facer un festival solidario no que se solicitaba a carpa do concello e outra infraestructura e a actividade non foi realizada cando estaba prevista porque non obtivemos ninguna resposta.
* Tres meses despois volvimos a solicitar a carpa para a actividade antes citada, e a base de insistir personalmente comunicounos Javier Crespo que a carpa non podía ser utilizada porque estaba en moi mal estado. O día da celebración de dito festival, a carpa atopábase na Urbanización Olmo. O festival celebrouse á intemperie, non sen antes ter que pedirlles aos veciños/as que retirasen os vehículos da praza (cousa que tampouco quixo facer o concello).
* O día 8 de outubro presentamos outro escrito informando da nosa intención de celebrar o XV Festival Treme a Terra, pedindo a pista polideportiva para o día 22 de Xaneiro de 2010 e pregando unha resposta. De novo non houbo contestación, polo cal o día 4 de decembro solicitamos a Eugenio Pena unha reunión co alcalde. Citounos o día 10 de decembro ás 10 da mañá, presentámonos 2 membros da asociación pero esta vez a sorpresa foi que non fomos recibidos.

Dende Treme a Terra recoñecémoslle ao PP a lexitimidade para gobernar, xa que foi escollido polo Pleno Municipal para desenvolver esta labor. Respectamos que non se impliquen no eido cultural xa que non teñen a obriga legal de facelo. Pero esixímoslles que cando menos non boicoteen as iniciativas que abrollan dende as asociacións para dinamizar a vida cultural da vila. A riqueza dun pobo non se pode medir só dende parámetros estrictamente económicos, e unha sociedade culturalmente activa é unha sociedade con maior calidade de vida.

Para rematar, pedímoslles que abandonen as actitudes galegófobas que amosan tanto a nivel local como nacional. Pedimos que respecten os nosos sinais de identidade, sinais que nos fan únicos nun mundo cada vez máis uniforme. Non podemos esixir respecto cando nós mesmos/as non nos repectamos.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2010 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas dos XIV Premios da Música

Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro 17 de febreiro en rolda de prensa e a gala de entrega de premios celebrarase en marzo

www.premiosdelamusica.com

Mellor Álbum de Música Tradicional

ALBORADA DO BRASIL
Intérprete/s: CARLOS NÚÑEZ

AO VIVO
Intérprete/s: LUAR NA LUBRE

KALEA
Intérprete/s: KEPA JUNKERA


Mellor Canción en Galego

A NOSA ESTRELA
Intérprete/s: FASERO

MADAMA
Intérprete/s: GUADI GALEGO

NADA
Intérprete/s: CARLOS BAU



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2010 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Conceyo de Cantares, música en galego-asturiano
A Oficina de Coordinación Cultural e Lingüística adscrita ao Parque Histórico do Navia edita o CD de cancións en galego-asturiano "Conceyo de Cantares".

Conceyo de Cantares, o disco producido e coordinado con Concellos do Parque Histórico do Navia desde a Oficina de Coordinación Cultural e Llingüística adscrita ao mesmo, e editado coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo do Principado de Asturias, é un traballo que recolle no seu seo doce cancións sen máis denominador común que o feito de que o sexan en galego-asturiano, que referencie territorial, lingüística ou temáticamente a cada un do nove municipios integrados no proxecto do Parque Histórico do Navia (Boal, Coaña, El Franco, Grandas de Salime, Illano, Navia, Pesoz, Tapia e Villayón).

Deste xeito, como labor orixinal neste sentido, son tamén doce os grupos ou solistas que forman parte del, onde poderemos atoparnos con cancións de diversos estilos, como o folk sentido e intimista ou máis convencional, o pop-rock, rock folk e cantares tradicionais do occidente asturiano, algún deles xa editados e por tanto, recompilados, e outros de nova creación para a ocasión.

Francisco do Camín de Rozadas, Bacotexo, Herbamora, Elisa, Mestura, Mezá, Diaño Burlón, Cádaba, Tuenda, Hermaos del Herbaseca, Dual, e Elena Mera Alonso completan a nómina de grupos e intérpretes participantes en "Conceyo de Cantares", que conta nos seus textos coas colaboraciónes de autores como Marisa López Diz, Carmen Trevías, Xosé Miguel Suárez Fernández, Tapia; Ricardo Saavedra Fernández-Combarro, Iván Iglesias Fernández, Cazarón; ou Miguel R. Monteavaro, á parte dun bo número de colaboradores sen contar os grupos e solistas participantes, como Xosé Antón Fernández, Ambás, Servando Fernández Méndez ou Nacho Pérez González

Con edición bilingüe en galego-asturiano e inglés, gravado e masterizado en Tutu estudos de Corvera, Estudos de Angel Berdiales e os estudos de Manuel Viña, "Conceyo de Cantares", editado co selo Tierra Discos, S.L., de Cuideiru, distribuirase de forma gratuíta no territorio do Parque Histórico do Navia e en resto do territorio asturiano e español.


www.folkenlared.blogspot.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 27-01-2010 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Skacha
Este traballo de Skacha, "CATRO", foi gravado entre Areamaster e Océano Estudios novamente baixo os mandos de Javier Abreu.

O traballo está composto por 6 novas cancións editadas en CD-Digipack e por primeira vez na discografía Skachiana nunha edición limitada en vinilo de 10".

Tamen, por primeira vez, apostan pola total autoxestión editando este traballo baixo ESCACHA RECORDS.
Apoiados unicamente por FRAGMENT MUSIC nas labouras de distribución.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 27-01-2010 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
O disco de Pito de Pikasso de balde na rede
Xa podedes descargar gratuitamente o noso 1º disco KRAKSH!¡! dende o Netlabel O Toxo Rabudo.

Para Baixair o disco preme aqui.

Agardamos que vos preste.
Pito de Pikasso
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 27-01-2010 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
3º Concurso de Maquetas Millo Verde 2010

BASES DO CONCURSO

1. Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galiza ou en Portugal que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscripción dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.

2. O prazo de inscripción ábrese o 15 de Xaneiro de 2010 e finalizará o 15 de Marzal de 2010.

3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.

4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia e que, como mínimo, terán que ser enviados en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail (se se dispón del) e persona de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona na seguiente dirección:

Concurso de maquetas MILLO VERDE

Eduardo Blanco Amor, 11 3ºE

36800, Redondela

Non se devolverá o material recibido.

5. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar o 10 de Abril de 2010. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.

6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de Xuño, percibindo 300 € como contrapartida pola súa participación.

www.milloverde.blogaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-01-2010 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Festival pola lingua en Pontevedra
PROGRAMA

1.- Poemas con Música e Piruletas. Adrián Silva e Jorge Alberte (músicos) con Carlos Fontes (poeta):

2.- Lola Dopico (saúda do Concello) e Xosé Abilleira (saúda por Queremos Galego).

3.- Laura e Marina Quintillán (violinistas e profesoras de Conservatorio).

4.- Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

5.- Aíd (rap).

6.- Quico Dasilva (Descurso de Queremos Galego)

7.- Vídeo da CIG sobor da manifestación do 18 de outubro.

8.- MÚSICA TRADICIONAL A CARGO DE TNT, QUEMPALLOU E MARCELO
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-01-2010 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá no Brasil

Hoxe, martes, día 26/01/2010

A primeira parada da viaxe será en Río de Xaneiro, onde encontraremos un gaiteiro, William Monroe, que vive nunha foresta, algo así como a selva brasileira. En principio, todo isto non cadra moi ben coa gaita, pero esta noite veremos como William Monroe é un dos mellores gaiteiros que temos no Brasil e ademais toca ao xeito tradicional galego que dominan moi poucos gaiteiros incluso de aquí: o pechado en Río de Xaneiro.

Salvador de Baía será a segunda parada, onde coñeceremos os protagonistas que mantiveron viva a música tradicional galega na cidade, pois este foi un dos lugares do Brasil onde máis galegos chegaron xa desde finais do século XIX, a maioría deles foi para traballar en sectores como a hostalería ou a alimentación. Neste contexto a música valeulles para ter a súa casa algo máis cerca, uns deles son unha liñaxe familiar de gaiteiros: o grupo Os Celtas.
A seguinte parada farémola en Santos, un dos portos máis importantes do mundo cun inxente volume de toneladas de mercadorías. Precisamente nel aprenderemos algo máis sobre as plantacións de café e estaremos con emigrantes e descendentes de emigrantes galegos, como é o caso da bailarina e cantareira Amanda Barrio.

A última parada terá lugar en San Paulo. Visitaremos o centro Hispano Brasileiro, un espazo onde floreceu durante moito tempo a música galega da man da agrupación Lembranzas e Agarimos, pero tamén coñeceremos novos gaiteiros como Fernando Daparte e a outros máis vellos como Xosé María Lagares.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 26-01-2010 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Pablo Díaz
O cantante e multiinstrumentista Pablo Díaz acaba de publicar o libro-disco "Tic Tac", editado por Kalandraka e ilustrado por Marc Taeger ·· Santiago Auserón é o autor do prólogo

Pablo Díaz canta e baila dende neno. A súa vida sempre estivo vinculada á musica tradicional. Pensa que "a música e a literatura deberían estar máis relacionadas, porque as cancións axúdanlles aos nenos a ler mellor e entender as matemáticas." El é unha persoa atenta, cariñosa. Ten ollos e voz de neno, aínda aos 37 anos. A súa elegancia vén do pasado, dos gaiteiros, das pandereteiras. O libro-disco Tic tac, que combina música e ilustración para público infantil a partir de 3 anos, comeza pola mañá co soar do reloxo -cando hai que levantarse para ir ao colexio. As cancións van contando o que sucede durante un día calquera. A viaxe remata cun fermosísimo arrolo, cantado por Guadi Galego, para durmir felices. O reloxo avísanos da hora aínda que sexamos pequenos e non entendamos o funcionamento das agullas. Mantennos atentos e espertos na vida. Nas cancións de Pablo Díaz hai moita poesía: "Quérote xirafa, quero estar contigo, seremos sempre amigos, xirafa e crocodilo."

Que recordos tes da túa infancia? A que xogabas cando eras neno?
A miña relación co folklore empezou aos cinco anos, en Fene. Entrei nun grupo de baile que se chamaba "As buxainas". Gustábame bailar. Cheguei a facer xiras con Susana Seivane e Leilía. Sigo sendo bailarín. Creo que a rítmica do baile e os movementos son moi importantes. Vin xogos tradicionais como o trompo. Meu pai, que traballaba en Astano, facíame buxainas. Pasei por varios grupos de baile. Empecei aprendendo cousas do pasado, da Sección Feminina. Aos dezaoito anos vin bailar xente maior e decidín facer investigación etnógrafica de campo e percorrer as aldeas.

Que aprendiches coas xentes do rural galego?
Era o rural dos anos 90-91, cando aínda non había moitas estradas e non existía Luar na televisión. Eran anos de certo desconcerto porque ías facer recollida etnógrafica con xente de setenta ou oitenta anos e sorprendíanse de que te interesases por eles. Gardo moitos recordos desa época. Lembro como nos acollían en Lugo, Ourense. A xenerosidade da xente da montaña. Querían que quedasemos con eles durmir. Era moi bonito. Son da opinión de que hai que escoitar os maiores e os nenos, e facer de canle de transmisión entre eles. Colaboro tamén no programa "O recuncho da palleta" da Radio Galega. Todo iso é o que me retroalimentou para facer Tic tac. Ese universo que está inme­- rso en min, esas cousas do folklore.

Cres que en Galicia hai pouquísima música para nenos?
Hai cousas moi boas como "Mamá Cabra" pero son casos puntuais. Hai poucos grupos estables. Igual que saen centos de discos ao ano, sae unha parte moi pequena para o público infantil. Están tamén Pés de Lan pero eu vexo moita escasez. Trátase de facer cousas específicas e pensadas para os nenos e nenas. Fago dúas ou tres sesións de contacontos todos os días iso axuda moito. Son mestre de pandeireta, baile e gaita. Axudoume para poder contar coa opinión dos nenos, e dos meus propios fillos. Serviume como campo de experimentación. Puiden probar as cancións con eles.

O cantante Santiago Auserón, autor do prólogo de "Tic tac", foi quen te animou a facer este traballo?
El foi quen máis me animou. Eu presenteime ao concurso Coruña Son e cando escoitou as miñas cancións díxome que eran "moi visuais" e quedarían ben nun álbum ilustrado. Propúxenlle facer o prólogo e escribiu cousas preciosas. Eu xa era seguidor de Auserón nos anos 80. Acórdome de Juan Perro, Radio Futura. Paréceme unha persoa moi impactante. Participei nun obradoiro con el e aprendín moitísimo. Tiven unha conversa persoal con el e quedei impresionado.

Como son os talleres de animación á lectura que realiza a editorial Kalandraka en concellos galegos?
Facemos catro ou cinco contos e levamos dez ou doce instrumentos. É a explicación da música tradicional. Musicamos unha parte dos contos e eu fago algún papel, de ogro ou do que sexa. Vou facendo eses tramos do conto con instrumentos como pandeireta, pandeiro, castañolas, asubíos. Non levo gaita porque non me gusta que soe desafinada. Os nenos fan preguntas sobre os instrumentos. Desmonto os instrumentos. Fago que rompen, para que sexa gracioso. Desmonto o clarinete e fago que sigo tocando. Normalmente actuamos en bibliotecas para que os nenos se animen a visitar eses lugares. Levo cinco cursos facendo contacontos.

Hai que tratar os nenos e nenas como seres intelixentes? Tes con eles afinidade e complicidade?
Hai que saber escoitalos. Non presupoñer cousas que á veces presupoñemos os adultos. Hai certos clichés como pensar que os nenos non entenden certas cousas ou non saben discernir. Hoxe adiantouse a súa etapa de maduración. Hai que darlles confianza e escoitalos, igual que ás persoas maiores. Ao final dos contacontos, os nenos veñen a darme un bico ou un abrazo. Ou dinme: "gústame a túa música", "quero aprender a tocar o clarinete". Moitos músicos empezaron porque os padriños lles regalaban harmónicas. Eu levo a harmónica e tócoa e dígolles "mira que fácil é". Anímoos a bailar e tocar instrumentos. É unha escoita colectiva.

Os nenos e nenas representan o futuro da lingua e cultura galegas?
No momento e no contexto lingüistico en que estamos é fundamental facer traballos deste tipo para que os nenos vexan o galego como algo lúdico e non como unha carga. É importante que sintan cariño pola lingua. Hai que animalos a cantar, bailar e relacionalos co teatro e coa expresión corporal. Hai un conto que se titula Amelia quere ter un can e algúns nenos pregúntannos "que é un can?" e entón ves a ruptura que hai e da que non nos decatamos. No disco Tic tac hai un vocabulario variado. Máis que un traballo didáctico, é un traballo lúdico.

O "Rock do porco celta" fala dun cocho moi rebuldeiro e feliz. Coas túas cancións tentas transmitir ilusión e ganas de vivir?
É unha canción relacionada co rock, co seu espírito transgresor e de liberdade. É un porco ao que lle gusta gozar e viaxar en ala delta. No fondo está a idea de gozar da música. Dende unha perspectiva folk gústame que os nenos vexan distintas rítmicas, outras músicas do mundo. Non son ritmos puros pero serven de pretexto para traballar con eles. Na música galega recórrese moito á morriña. Eu busco o contrario, un espírito positivo, alegre. Animar os nenos para cantar en galego, sen prexuízos.

Outra canción di así: "Eu teño oito anos e chámome Antón e gústame ler libros a montón." A lectura resulta interesante para os nenos?
Creo que está habendo un repunte na literatura infantil. Hai lectores potenciais e lectores reais. Aos nenos gústalles ler porque no mundo dos contos atopan un agocho. Non necesitan grandes pantallas nin Disney para sentir cousas. Cando queren ter unha parcela de intimidade, van ler. Aínda que sexan pre-lectores buscan a súa propia historia nos libros, nas ilustracións. Neste disco queren ver as ilustracións ao mesmo tempo que escoitan as cancións. É unha forma de abrir o seu mundo á imaxinación.

As ilustracións de Marc Taeger acompañan e complementan o teu mundo imaxinario?
Marc foi escoitando as probas de voz e guitarra. No disco participamos trinta persoas e creo que o resultado é moi compacto. Marc fixo as ilustracións cunha técnica antiga, o linogravado. Son como planchas marróns de goma, que se van cincelando, recortando, e quedan planchas para imprimir. Era a técnica coa que se imprimían antes os libros. El emprega unha técnica distinta en cada álbum. Como eu viña da música tradicional, el empregou a técnica que vén de atrás, do pasado.

Na túa ópera prima contas con colaboradores tan importantes como Guadi Galego, Carmen Rey e o teu irmao Xabier Díaz.
Son solistas moi recoñecidos. A nivel de coros tiven o meu grupo Ruote, que vai cumprir catorce anos. E As axeitadiñas, unhas pandereteiras alumnas miñas. Teñen entre 16 e 17 anos e eu quería que participasen no disco. Carmen Rey é profesora miña de canto. É a modernidade que busco, a outra visión da música. Teño unha grande admiración polo meu irmán. Sempre foi "por diante miña". Guadi ten esa voz tan lírica e bonita para os arrolos. Tic tac empeza co espertar e remata co durmir. Ten esa cousa cíclica de levantarse e deitarse. Pode ser como a vida dun día calquera.

Aos nenos failles graza levar reloxo aínda que non saiban mirar a hora. Ti normalmente levas reloxo?

O meu fillo Alberte, cando tiña un ano, movía o dedo de forma pendular ao ver un reloxo e deume a idea da primeira canción do disco. Os nenos aínda non saben mirar as agullas, e queren saber. O reloxo é unha cousa sinxela que lles segue a chamar a atención. Cando poñen reloxo van moi contentos aínda que non saiban mirar a hora. Eu colecciono reloxos antigos. Gústanme porque forman parte do traxe galego. Os gaiteiros lévano coa cadea. Eu non o uso porque non me acordo de quitalo cando toco a pandeireta e acabo destrozándoo. Agora o teléfono móbil resulta cómodo e práctico para saber a hora.

www.galicia-hoxe.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-01-2010 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
O grupo Balakandra, seleccionado para o disco do proxecto Goin Back Home
A súa canción «Adeus a Xosé Afonso» incluirase nun cedé coa de formacións musicais de todo o mundo

Balakandra, formación que naceu do ronsel do desaparecido e case lendario grupo Saraibas, foi seleccionada por Quickstar Productions para incluír unha das súas cancións no cedé que nacerá ao amparo do proxecto internacional Goin Back Home. Un cedé no que, xunto ás composicións dunha vintena de artistas e grupos de todo o mundo, escoitarase Adeus a Xosé Afonso . Un tema que xa formou parte do repertorio de Saraibas. E cuxo creador, Martín Sanjurjo, autor tanto da letra como da música, acaba de adaptar, como explicaba onte, ao que Balakandra é hoxe: «Un grupo do que non pódese dicir que unicamente faga música folk, porque aposta pola fusión de ritmos moi diferentes, aínda que ou fundamental do que interpreta estea vencellado á música tradicional».

«Levaches na alma a rosa, que coidaches con amor, / e non corazón a dor, do frío inverno que a tolle. / Levaches ou leito que acole, a miseria e ou clamor; / levaches contigo a flor, desa mensaxe para min. / Triste deixaches ou xardín, que soña a primavera; ansioso e sedento espera, as augas mornas do abril», canta Balakandra, rendendo tributo á memoria do recordado músico portugués. Ao autor de Grándola, vila morena , canción que á súa vez se converteu nunha auténtica bandeira, ademais de en unha chamada a loitar pola liberdade, durante a Revolución dos Caraveis.

Os integrantes
Balakandra fórmana, xunto a Martín Sanjurjo (voz, mandolina e guitarra), outros dous ex compoñentes do recordado grupo Saraibas: Amparo Calvo (voz e percusión) e Farru Rodríguez (percusión e batería). E xunto a eles, tres compoñentes máis que non pasaron polas filas da histórica formación de San Sadurniño, pero que tamén foron, en certa medida, destinatarios do seu legado: Manolo Dopico (guitarra e voz), Dubi Lamas (baixo) e Abel Leonardo (guitarra eléctrica e guitarra acústica). «Balakandra non é Saraibas -comentaba onte Sanjurjo-, pero nela segue vivindo moito do que fixemos noutros tempos, aínda que a instrumentación hoxe sexa un tanto distinta, pensando máis non que é contemporáneo».

«Nós funcionamos con moitos ritmos distintos», explica Sanjurjo, mentres confesa a alegría que para todos os integrantes de Balakandra supuxo o que unha produtora como Quickstar elixa unha canción como Adeus a Xosé Afonso para a súa inclusión no disco no que culminará o proxecto Goin Back Home.

«A nosa canción -comenta- foi seleccionada polos directores de proxectos dá compañía a través de Internet. E a través de Internet tamén se poderán adquirir as cancións do disco, aínda que ou cedé vaia estar á venda, como soporte físico, non mundo enteiro». Non esperaban, di Martín, que isto sucedese. E a noticia encheunos de ilusión para seguir ensaiando sen pausa. Onte mesmo, a partir das dez da noite. En San Sadurniño, naturalmente.


No que Balakandra mantén vivo do espírito do desaparecido grupo Saraibas, hai algo que para os seus compoñentes é absolutamente irrenunciable: o compromiso coa lingua de Galicia, o afecto polas palabras na que habita a memoria dun dos máis antigos reinos de Occidente. «Seguimos cantando na nosa lingua, defendendo ou idioma, e iso ímolo facer sempre», subliña Martín Sanjurjo.
Cando aos integrantes do grupo pregúntanlles que significa o nome que lle deron á formación, aclaran inmediatamente que «non ten ningún significado; simplemente, xurdiu a palabra, e ao sentila gustounos, así que decidimos que ou grupo levase ou nome ese». Un nome que existe en por si, sen agardar ningún reflexo. E que tamén é música, por suposto.

Saraibas, que se creou no ano 1978 e que encheu Galicia de música desde entón ata o 2004, non volverá, segundo Martín Sanjurjo confesa. Pero o seu corazón segue latexando en cancións como a que da man de Balakandra, e das novas tecnoloxías da comunicación, soará polo mundo enteiro. Un corazón que se forxou no desexo de «defender a lingua e a cultura de Galicia a través dá música». Coa maxia dun soño.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-01-2010 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Vou Trio gañan o X Certame Folk Radio Obradoiro

O pasado venres 22 de xaneiro no teatro Principal de Santiago tivo lugar a final do concurso organizado por Radio Orbadoiro e o Grupo Correo Gallego e promovido polo programa "En clave de folk" que Paulo Gacio dirixe e presenta todos os luns á medianoite.


Catro bandas foron seleccionadas pra presentar 3 temas en directo na gala final: Atamis (Marín), Patriband Folk Orllestra (Xixón), Keympa (Barcelona) e Vou Trio (Santiago) formado por Xan Pampín -acordeón- Pablo Dalama -saxos e gaita- e Sopas -percusión-, foi o grupo que mellor soou esa noite e amousou unha maior orixinalidade de arranxos e repertorio.

É indiscutíbel a transcendencia deste tipo de concursos que, fóra do aspecto competitivo, suscitan nas bandas a actividade de presentarse gravando, nalgúns casos, "ex proceso", os temas para concurrir á final.

Son escaparate do que se está a facer na actualidade e permite ao público saber como respiran os novos grupos que basean o seu discurso nas músicas de raíz e toman camiños diferentes.

E o concurso de Radio Obradoiro é dos poucos que se organizan no país, e en concreto na música da chamada "folk" e levan 10 anos organizando, algo que de seguro cando empezaron, non imaxinaban acadar.

E como se puido ver nos vídeos que se emitiron entre as actuacións, reportaxes sobre gañadores doutras edicións coma Pradairo, Arrás ou Coanhadeira, Quempallou, Bellón & Maceiras ou Xochilmica, bandas que logo de gañar o concurso, seguiron soando nos festivais de verán nos anos seguintes e publicando discos.

A noite do venres foi un reflexo do que que maioritariamente se ve hoxe nas das bandas folk galego: repetición de modelos, reminiscencias dos 80 e 90, bases rítmicas pesadas de rock, saturación de liñas melódicas e esceso de instrumentación semellante, ademais de problemas de sonorización e balance de rexistros.

A final foi aberta polo conxunto eclectico de Marín, Atamis, unha formación de nova creación e que se lle notaba falta de rodaxe como grupo, autoconfianza, exceso de instrumentación pero que presentaron unha proposta interesante mesturando o pop, a easy listening e o folk atlántico. A amplificación que tiveron foi pésima, perdéndose moitos matices que pretendían.

Vou trio, os xustos gañadores, tocaron limpamente, con arranxos interesantes e execución impecable. Os membros dos desaparecidos Xochilmica, cos que xa gañaran o concurso con anterioridade, xuntáronse pra ocasión e levaron o premio pra casa. Definitivamente, amosaron que "menos é máis".

Keympa, grupo barcelonés con varios traballos publicados e anos de existencia e concertos en Catalunya, fillos de emigrantes e integrantes de asociacións culturais e folklóricas fan o folk de sempre cunha actitude no escenario positiva, forte e con ganas. Tamén como público do resto dos grupos, foron os que máis desfrutaron.

Patriband Folk Orllestra rapaces novos de Asturies son 7 músicos que ateigaron o palco do Principal cun folk-rock "a lo pesado" e de reminiscencias country.Foron os últimos en actuar e a noite xa ía facendo longa.

Pra rematar o concurso actuaron Coanhadeira, gañadores da edición anterior, un grupo que madura paseniño, que vai gañando consistencia e contundencia e que vén de presentar "Pó" o seu segundo traballo, gravado por ser os gañadores do concurso escenario "Prau" de Cantabria.

En fin, 10 anos para unha iniciativa necesaria que mantén aos novos folkies atentos e con ilusión para o ano que vén.

Parabéns Paulo e o resto do equipo.

Asdo: Nis Calo

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2010 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 25(luns)
• Contra2 (Iván Villar e Nelson Quinteiro) no Fórum Metropolitano (A Coruña) ás 21:00

Terza feira 26 (Martes)
• Festival pola lingua no Teatro Principal (Pontevedra): Quempallou, TNT e Marcelo

Corta feira 27 (Mércores)

Quinta feira 28 (Xoves)
• Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)
• Xenreira?

Sexta feira 29 (Venres)
• Skacha na sala Farandula (Vigo)
• Invivo no Pub Gatos (Melide)
• Skandalo GZ no Havana 20 (Vigo)
• Capitán Furilo no Auriense (Ourense)
• Recambios Tucho no Pub Doble Moral (Lugo)
• Foliada no Lar (As Pontes)
• Noites de Tasca en Deixebre-Oroso (A Coruña)
• Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)

Sábado 30
• VI Mostra de Cuartetos Tradicionais (Marín)
• Unhazo no Revolta (Vigo)
• Tanto Nos Ten no furancho Matamafolc (Vigo)
• Tino Baz no Auditorio Municipal de Goián (Tomiño) ás 21:00
• Serán en Mourelle-Gargamala (Mondariz)
• Serán do lecer en Pazos de Borbén
• Serán en Arbo

Domingo 31
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2010 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ciclo de Folk 2010 no Forum metropolitano (A Coruña)
Hoxe luns 25 de xaneiro, dende as 21 h no Auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña a Compañía CONTRA2 formada por Iván Villar (danza) e Nelson Quinteiro (voz) nunha proposta que mestura a danza tradicional e contemporánea e a música tradicional baixo unha particular visión que mestura voces, efectos e escenas sonoras.

Fórum Metropolitano
Rua Río Monelos 1. 15006 A Coruña

CONTRA2 (Contradous) é un proceso creativo que xunta aos profesionais Iván Villar e Nelson Quinteiro na creación dunha proposta conxunta. Os dous amósanse como rostros coñecidos dentro da escea tradicional e de danza galega, destacando cada un polo seu lado por unha grande pegada en escea e presencia. Nos documentos achegados podedes ver as súas traxectorias.



A Coruña celebrará durante este 2010 unha nova edición do Forum Folk no Fórum Metropolitano, unha serie de concertos de música tradicional e folk galego que se desenvolver´´an ao longo do ano.

Comenzan o vindeiro 25 de xaneiro
Lugar: Fórum Metropolitano
Rua Río Monelos s/n. 15006 A Coruña
Horario: 21:00h

Programa anual:

Día 25 de xaneiro - 21 h
CONTRA2
Con Iván Villar y Nelson Quinteiro

Día 15 de febreiro - 20 h
FOLIADA
Concerto participativo - Gratuito

Día 26 de marzo - 21 h
TIRULEQUE

Día 19 de abril- 21 h
BELLÓNMACEIRAS QUINTETO

Día 10 de maio - 21 h
TÁTARA TRÍO

Día 27 de xuño - 19 h
BANDA MUNICIPAL
Con solista convidado no Parque Europa - Gratuito

Día 13 de setembro- 21h
XABIER DIAZ

Día 18 de ouubro- 21 h
TONECHO CASTELOS e PABLO ESQUEIRA

Día 15 de novembro- 21 h
RIOBÓ

Día 20 de dicembro- 20 h
CANTOS DE REIS
Concerto participativo

Venda de entradas

Taquilla Central, Prza de Orense: de luns a venrs de 9.30 a 13 e e 16.30 a 19.30 h.

Taquilla Forum: día do concerto desde 1 hora antes

Televenda: 902 504 500

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-01-2010 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Sumra en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-01-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Paremos o decretazo contra o galego
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2010 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da lingua na Coruña
O 21 de xaneiro a partires das 21:30 h celébrase o Festival da Lingua 2010 na pista de tenis do Campus da Zapateira (A Coruña) no que actuarán:

- Nao
- Ataque Escampe
- Ulträqäns.


Entrada de balde. Haberá buses á volta.

www.comitesabertos.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2010 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-01-2010 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada en Soutelo de Montes
O vindeiro sábado 23 de xaneiro, Verbo Xido organiza unha Ruada benéfica para recadar fondos cos que contribuir a sufragar a rehabilitación do Centro Etnográfico de Terra de Montes.

Terá lugar no salón do Restaurante Avenida de Soutelo de Montes a partir das 21:00 horas.
Haberá servizo de bar e "catering" a fin de recadar fondos e cobrarase unha pequena entrada para contribuir á finalidade do evento.
O elenco de artistazos que actuarán está aínda sen pechar, polo que vos informaremos no seu momento, pero podemos adiantarvos que haberá festa para un bo rato.

Anímate a asistir, a soliedaridade e a carallada son perfectamente compatibles!!!!!!

Non o esquezas, o sábado 23. E aproveita para pasarte antes a visitar as xa reabertas instalacións do Centro Etnográfico, paga a pena.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-01-2010 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
330 anos en danza en Aldán
Aldán rendeu culto onte a San Sebastián coa ancestral cerimonia de damas e galáns

Como cada 20 de xaneiro desde 1678, coincidindo coa festividade de San Sebastián, o atrio da Igrexa de Aldán acolleu a súa ancestral danza tras a misa solemne de mediodía, e repetiuse pola tarde na alameda, xa desprovista do seu carácter relixioso. A choiva deu unha tregua e o ceo abriuse para a celebración, o que evitou o seu traslado ao colexio das monxas. Con menos acodes que de costume, sobre todo novos "que algúns asistentes atribúen á xornada laborable" cinco damas e dez galáns, cun guía, se contonearon aos sones da gaita e o tamboril.

A cerimonia da comezo co lanzamento de foguetes e as venias a San Sebastián e á Santa Cruz, ante cuxas imaxes inclinanse seis veces os danzantes. Soa a gaita e o tamboril e iníciase a procesión ao redor do atrio, onde os dez galáns con chapeu e indumentaria negra, e cinco damas (ata fai medio século interpretadas tamén por homes) ataviadas con vestidos brancos e chapeus de flores con cintas que simbolizan a fertilidade, fan soar as súas castañolas. Xuntos, danzan sen dar as costas ao santo e á virxe do Carmen, que o acompaña, ata finalizar o circuíto. Baixo a oliveira centenaria e ante a mirada atenta do busto de monseñor José Cerviño inaugurado o 16 de setiembre, festividade de San Cibrán, continúa a cerimonia, que dura uns tres cuartos de hora e finaliza cunha muiñeira a modo de contradanza.

Non hai consenso sobre a orixe e significado do ritual, que se relaciona cun carácter votivo, de auxilio ante a enfermidade, e a nobreza local. Os danzantes eran veciños ofrecidos ao santo, por iniciativa propia ou dos seus familiares, en cumprimento dunha promesa, aínda que logo incorporáronse membros que participan porque lles gusta. A Asociación Cultural San Sebastián recada pola parroquia o diñeiro para cubrir os gastos, entre os que se inclúe a tradicional cea da véspera.

Aínda que o sentimento relixioso e a identificación popular coa danza mantéñense, a presenza de público sufriu un sensible retroceso, segundo coincidiron en sinalar varias das persoas presentes, que non acertan a identificar os motivos, aínda que o tempo desapracible e a coincidencia da festividade en xornada laboral son dous factores que contribúen a minguar a asistencia. "É certo que non todo o mundo quere vir, pero tamén que non todos os que queren vir poden facelo", razoaba unha veterana seguidora, acompañada doutras mulleres que compartían esa opinión. Non faltaron, con todo, un bo número de fotógrafos e de cámaras de televisión, e a TVG realizou conexións en directo. En representación do Concello só acudiu a edil de Turismo, Mercedes Giráldez, que estes días estará na feira de turismo Fitur, de Madrid, promocionando as danzas ancestrais do municipio.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2010 08:17
# Ligazón permanente a este artigo
O famoso consenso de Feijoo e o PP
Este é o seu consenso

A FAVOR
-Partido popular
-Confederación de Asociaciones de padres de Centros concertados (Congapa)

EN CONTRA

Sindicatos do Ensino
-CIG
-STEG
-CCOO
-UGT
-ANPE

ANPAS
-Federación de Pais de Centros Públicos

Colectivos educativos
-Nova Escola Galega
-Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG)
-Asociación de Pedagogos de Galicia

Organizacións Estudiantís e xuvenís
-Comités Abertos
-Sindicato de Estudantes
-Iesga
-Agir
-Galiza Nova
-Xuventudes Socialistas
-Esquerda Unida Mocidade
-Mocidade pola Normalización Lingüística
-Foro da Mocidade

Organizacións de Centros Educativos
-Federación de Centros Públicos de Galicia
-Federación Española de Centros Religiosos de Enseñanza

Partidos Políticos
-PSOE
-BNG
-Terra Galega
-EU
-FPG
...

Institucións
-Real Academia Galega
-Consello da Cultura Galega
-Universidade de Vigo
-Universidade de Santiago de Compostela
-Universidade da Coruña

Organizacións lingüísticas
-Queremos Galego
-Mesa pola Normalización Lingüística
-Prolingua
-Galego, Patrimonio da Humanidade
-Galego Sempre Máis
-Galicia Bilingue *
-Mesa por la Libertad Lingüística*

Organizacións relixiosas
-Foro de Curas Galegos 'Bispo Araúxo'
-Irimia

Outras
-Asociación de Escritores en Lingua Galega
-Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística
-Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización Lingüística (CTNL)
-Fundación Castelao
-Fundación Manuel María de estudos galegos
-Fundación Pedrón De Ouro
-Asociación Internacional de Estudos Galegos
...


* As asociacións Galicia Bilingue e Mesa por la Libertad Lingüística están en contra do decreto porque piden que sexa inda máis radical nos cambios en contra da opción do galego.
Comentarios (34) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2010 02:56
# Ligazón permanente a este artigo
Unha marea de autobuses para manifestación do 21 de xaneiro
FERROL
Teatro Jofre.
Saída de Ferrol ás 10 h.
Saída de Santiago ás 14 h. 981 35 87 50 -local comarcal da CIG-
689 39 28 61 -Ana-

AS PONTES-PONTEDEUME
Saída As Pontes:
ás 9.30 lo local da CIG
-Parada en Pontedeume 981451510 Local CIG As Pontes:
689392861 (Ana).

A CORUÑA
Saída ás 10 da mañá desde o edificio sindical da Avenida de Afonso Molina (a carón do Lidl e do concesionario da Seat)
981 169293 - Local CIG-Ensino.

O CARBALLIÑO E O RIBEIRO
9.00: Saída do Castelo de Ribadavia
9.15: Parada diante Igrexa da Veracruz do Carballiño Zona do Ribeiro: 647983612 (Ana)
Zona do Carballiño: 600876196 ( Eladino)
De balde para Estudantes

O BARCO DE VALDEORRAS
Saída ás 8.00 da Praza do Concello realizando paradas onde se solicite. 690768295: Susana

OURENSE
Saída ás 9.30h do Parque de San Lázaro (prezo 6€).
988238350 Local CIG -Ensino

CELANOVA E BAIXA LIMIA
Saída do Instituto de Bande ás 8:30
Saída do Bar Rocarine de Celanova, ás 9:00 629439344

BAIXO MIÑO
Saída ás 9.00 da Alameda da Guarda
(solicitar máis información de outras paradas na comarca) 986610465 Local da CIG

VIGO
Vigo: Saída local da CIG (r/Gregorio Espino 46). Hora por confirmar.

Redondela:
Sae ás 9.30 dos institutos de Chapela e ás 9.45 recolle na parada do INEM de Redondela.
Apuntarse no 645 175 873. 986827935 Local CIG -Ensino

A BARBANZA
Ribeira ás 9:30 da estación de buses. Pobra ás 9:40 na Praza Maior.
Boiro ás 9:50 na Praza do Concello.
Rianxo ás 10:05 na parada da Ribeira.
638070867 ou vazquezcobas@yahoo.es

O SALNÉS
Parada en diferentes lugares Información en 986505323 ou salnes@cig-ensino.com ( CIG Vilagarcía)

LUGO
Saída ás 9.15 do Edificio Sindical (Ronda da Muralla).
982 245 023 e 982 225 812

NOIA, PORTO DO SON, MUROS
Noia:
Saída: APARCADOURO IES "VIRXEN DO MAR"
Hora: 10:15
Porto do Son:
Saída: LONXA VELLA (Pto. do Son) / Hora: 10:00
Saída: IES "FRAGA DE NOVÍO" (Noal) / Hora: 10:05
Saída: PARADA A. LIÑA (Portosin) / Hora: 10:15
Muros:
-Louro (parada bus, Estanco): 09:30 h.
-Muros (parada bus, quiosque Roquiño); 09:40 h.
-Serres (Paca); 09:45 h.
-Abelleira (Hórreo); 09:55 h.
-Tal (Caxuco); 10:00 h.
-Esteiro (Alameda); 10:10 h.

OUTES
-O Freixo (parada autobus liña); 10:20 h.
-Serra (Pza. Galicia, frente campo de futebol); 10:30 h.
981842022 (BNG) ou 981873654(CIG)

A MARIÑA
Burela (Estación de autobuses): saída ás 8.45
Foz (diante do Concello): 9.00
Barreiros (diante do restaurante "O Asador" : 9.15
Cervo: saída ás 8.30 da Casa do Mar de San Cibrao.
Viveiro: Saída ás 9.00 da Estación de buses. 982 129 593 ( CIG-Ribadeo)
982140 654 ( BNG -Foz)

PONTEVEDRA
Saída ás 10.00 do Pavillón Municipal de Deportes 681180895 ou queremosgalegopontevedra@gmail.com

DEZA
Lalín: ás 10.15 xunto ao Bar A Barra ( rúa Luis Glez Taboada, detrás da igrexa).
Silleda: 10.15, no Bar lago 8 rúa xeral) 659139434 ( Luís).
699405654 ( Xerardo)
636535815 ( Matías)

ARZÚA
Saída ás 10.00 do Instituto

O MORRAZO
Cangas: 9.30. Estación de autobuses.
Moaña:9.45. Xunqueira e Domaio.
Bueu:9.30. IES Johán Carballeira.
Marín: 9.45, fronte á Escola Naval
Reservar en: 986392987

O CONDADO-PARADANTA-A LOURIÑA
Buses desde Ponteareas e O Porriño Anotarse como moi tarde o luns 18 (ao longo de todo o día) no teléfono 618979437 ou no correo electrónico queremosgalego.condado@gmail.com
(Debalde para estudantes)

BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE:
Autobuses desde Bergantiños (Carballo) e Costa da Morte (Cee). Cómpre anotarse previamente enviando un correo-e ao enderezo bergantinhos@queremosgalego.org ou chamando aos seguintes teléfonos 981 703169 (CIG de Carballo) ou 981 745266 (CIG de Cee) até o martes 19 de xaneiro

1- LIÑA CEE-MUXÍA-COMPOSTELA: Sairá ás 09:45 da estación de autobuses de Cee e deseguido pasará a recoller as persoas de Muxía.
2- LIÑA PONTECESO-BAIO-COMPOSTELA: Sairá ás 09:00 de Ponteceso e deseguido pasará a recoller as persoas de Baio.
3- LIÑA A LARACHA-COMPOSTELA: Sairá ás 10:00 da Praza do Concello da Laracha.
4- LIÑA CARBALLO-CORISTANCO-COMPOSTELA: Sairá ás 10:00 do Pazo da Cultura de Carballo e a continuación (10:10 aprox.) recollerá ás persoas de Coristanco (diante do Concello)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2010 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
A Deputación de Ourense exclúe o galego dunha publicación sobre A Gaita
A Asociación de Gaiteiros Galegos considera inaceptable que unha institución pública ignore o noso idioma nunha publicación sobre A Gaita.

Moi recentemente vense de editar unha obra de Fritz Schneider sobre a gaita de fol en Europa. A obra contén máis de 150 fotografías de iconografías sobre este instrumento que representan as culturas tradicionais de practicamente todos os países europeos. Cada iconografía acompáñase dun texto, todos xuntos van construíndo unha pequena historia da gaita de fol en Europa. A obra está editada pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, coa participación directa do seu director Xosé Luís Foxo segundo consta nos agradecementos. A obra foi editada en catro idiomas: alemán, francés, inglés e español.

Para a Asociación de Gaiteiros Galegos é inadmisible que unha publicación editada con cartos de todos os galegos a través dunha institución pública sexa escrita en catro idiomas agás o galego. Cando se le o título resulta sorprendente atoparse co seguinte texto: Die sackpfeife/La cornemuse/The bagpipe/La gaita, trátase dunha publicación tretralingüe, feita desde un organismo público galego, na que o noso idioma non é un dos empregados. Segundo a Asociación de Gaiteiros Galegos “A aldraxe para a nosa cultura chega por veces a extremos desconcertantes dende determinados estamentos que atacan a liberdade cultural”. Dende a AGG afirman que “parece claro que existe, desde as institucións gobernadas polo Partido Popular, unha presión para eliminar da rúa o noso idioma, este libro non é máis que unha clara e perfecta mostra da nova política lingüística do goberno e do que o novo decreto do galego tentará co noso idioma: eliminalo”.

Segundo directivos da Asociación de Gaiteiros Galegos “esta publicación non é máis que unha continuación do ataque á nosa cultura iniciado polos responsables da Deputación de Ourense coa creación da Escola de Gaitas e a Real Banda de Gaitas”, Para os membros da AGG as formacións de bandas de gaitas impulsadas dende o ente provincial ourensán levan consigo unha desnaturalización intencionada da figura do gaiteiro como parte da nosa identidade cultural e do noso feito diferencial como país.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (10) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2010 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer