Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe luns, Foliada de Reis no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2009 02:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 2 (Venres)
? Conferencia de Mª Xosé López (Muxicas, Na Virada,...): "Os Cantos de Reis na Galiza". A.V. Casco Vello de Vigo ás 20:00

Sábado 3
? O Sonoro Maxín no Salón Parroquial de Ponteareas
? Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

Domingo 4
? V Certame de Cantar de Reis (Boimorto) ás 16:30
? Saída do Obradoiro de Danzas e Cantos de Reis polas rúas do Casco Vello de Vigo ás 18:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-01-2009 04:56
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 3 de xaneiro
-Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

Sábado 10 de xaneiro
-Serán de Prado da Canda (Covelo)

Venres 16 de xaneiro
-Serán de San Mauro (Fornelos de Montes)

Sábado 24 de xaneiro
-Serán de Burgueira (Oia)
-Serán no casino de Xesta - A Lama

sábado 31 de xaneiro
-Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa

Sábado 7 de febreiro
-Serán de San Vicente de Oitaven (Fornelos de
Montes) na casa parroquial.

Sábado 14 de febreiro
-Serán dos Namorados de Toutón (Mondariz)

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Sábado 21 de marzo
-Serán de Moreira (Soutomaior)

Sábado 28 de marzo
-Serán en Chaín (Gondomar)

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)

Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-01-2009 04:54
# Ligazón permanente a este artigo
Concentración en Vigo contra a masacre de Gaza
Concentración o venres 2 de xaneiro en Vigo
Gaza: Deteñamos o exterminio do pobo palestino!


Fronte aos bombardeos cos que o exercito de Israel provocou, polo momento, a morte de 360 palestinos e máis de 1600 feridos, así como a destrución de infraestruturas civís, e coa ameaza presente dunha invasión militar terrestre do territorio palestino de Gaza, diversas organizacións sociais, sindicais, políticas, estudantís, veciñais, feministas e ecoloxistas CONVOCAMOS a toda a cidadanía de Vigo e bisbarra a unha concentración fronte ao MARCO, o vindeiro venres 2 de xaneiro a partires das 20h.

Para esixir a fin inmediata deste masacre coa que Israel tan só pretende o exterminio do pobo palestino, así como para reclamar o cumprimento das resolucións emitidas polas Nacións Unidas a respecto da cuestión palestina.
Solicitamos así mesmo sancións internacionais contra do estado de Israel, polo seu reiterado incumprimento dos mandatos da ONU, e tendo en conta que os bombardeos contra obxectivos civís, están tipificados como crimes de guerra pola IV Convención de Xenebra.

CONVOCAN:

- Asociación Galiza por Palestina.
- Galiza Nova
- Comités (CAE+CAF)
- Confederación Intersindical Galega (CIG)
- Bloque Nacionalista Galego (BNG)
- Marcha Mundial das Mulleres
- Federación de Asociación Veciñais "Eduardo Chao"
- Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
- Movemento polos Dereitos Civís (MpDC)
- Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

www.galizacig.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-01-2009 04:30
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Cantos e danzas de reis en Vigo
Este venres 2 de xaneiro continúa na Asociación veciñal e Cultural Casco vello de Vigo o VI Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis.

En dito obradoiro, aberto a todas as persoas interesadas, ensinaranse unha serie de cantos e danzas de reis para lembrar esta tradición e convertila nunha actividade ludica na saída do domingo 4 de xaneiro, onde pediráse o aghuinaldo como se pedia antes nesta época, cantando e bailando o aprendido nas rúas de centro de Vigo.


Conferencia:
- "Os Cantos de Reis na Galiza", por María Xosé López (Muxicas, Na Virada, Anamoura,...)

Data: Venres, 2 de xaneiro
Hora: 20:00
Lugar: Salón de actos do Centro Cívico Casco Vello, rúa Oliva 12, Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-01-2009 03:36
# Ligazón permanente a este artigo
V Certame de Cantar de Reis (Boimorto)

Poñémonos en contacto con vos para darlle un maior pulo o noso certame de cantar de reis.

Este ano 2008 xa imos polo quinto ano e a experiencia en cada ocasión resulta máis positiva porque o contacto con entidades como a vosa é cada vez maior e polo tanto, a súa difusión faise extensible a un maior número de persoas.

Agradecendo de anteman a vosa colaboración e esperando tervos connosco o día 4 de xaneiro no V CERTAME DE CANTAR DE REIS 2009 - BOIMORTO, despedímonos con un agarimoso saudo e desexándovos bo nadal.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-01-2009 03:33
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición `Os tempos de antes. Fotografías Antigas de Ramirás´.
A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir presenta o vindeiro sábado día 3 de Xaneiro as 18:00 h no Centro Cultural de O Picouto do Concello de Ramirás, a Exposición "Os tempos de antes. Fotografías Antigas de Ramirás".

Esta permanecerá ata o día 17 de Xaneiro, para que deste xeito todos os veciños do Concello e outros visitantes podan recordar a súa infancia ou xuventude mediante preto dun centenar de fotografías antigas recollidas no propio Concello e na Comarca de Celanova.

A presentación de dita exposición asistirá parte da Corporación Municipal do Concello, encabezada pola alcaldesa Pilar Oilia López e tamén o director da EBMT Rebulir Alexandre Sotelino, entre outros convidados/as. Todos os asistentes poderán disfrutar dun aperitivo.

www.rebulir.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-01-2009 03:27
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición e Festival en Moraña
SEIXEBRA CELEBRA O SEU DÉCIMO ANIVERSARIO CUNHA EXPOSICIÓN SOBRE A SÚA TRAXECTORIA E CUN FESTIVAL

Para celebrar o se décimo aniversario, a Asociación Cultural Seixebra de Moraña, inaugurou o 29 de decembro a exposición "Dez anos de Seixebra" , que estará na Casa de Cultura morañesa ata o 3 de xaneiro. O horario de apertura ao público da mostra é de 10:00 a 13:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde.

O obxectivo de "Dez anos de Seixebra" é reflectir o labor de recuperación da cultura e tradición galegas que a agrupación realiza a través da súa vestimenta, os bailes e as cancións recollidas en distintas zonas de Galicia. Deste xeito, a exposición conta con sete bloques temáticos de imaxes que recrean as diferentes etapas da asociación cultural e a súa
implicación no concello de Moraña. Tamén presenta instrumentos musicais e distintos traxes tradicionais utilizados polos membros do grupo. Outra das súas áreas, convida aos visitantes a ver gravacións audiovisuais dalgunhas actuacións de Seixebra.


Festival especial para conmemorar
En paralelo á exposición e no marco do décimo aniversario, a asociación organiza un festival especial no patio da Casa de Cultura ADR Castelao. Este evento coincide co último día da mostra, o sábado 3 de xaneiro, ás 20:00 horas e nel participarán algúns dos antigos membros de Seixebra para rememorar bailes e pezas que marcaron diferentes etapas na traxectoria do grupo. Nesta celebración o grupo tamén realizará unha pequena mostra do seu traballo actual.

www.acseixebra.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-01-2009 03:24
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0