Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Xarmenta premian este ano a música tradicional
Susana Seivane, a Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo e o grupo de música folk Aira da Pedra reciben este xoves os galardóns.

A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta organiza a cuarta edición destes premios, que se entregarán esta quinta feira dia 15 de xaneiro -no Teatro Municipal Bergidum de Ponferrada, ás 20:00 horas-.


Este ano os premios tamén se dividen en dúas modalidades; a primeira, o premio a unha personalidade pola promoción da lingua galega no Bierzo, que se lle concedeu á gaiteira Susana Seivane; e a segunda, o premio a unha institución, que recaeu na Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo e máis na banda de folk Aira da Pedra.

Durante a gala, os seus presentadores, os xornalistas Ricardo López Témez -do Bierzo- e Soledad Figueroa -de Valdeorras, estarán acompañados das actuacións musicais dos premiados, de Anxo Rei e do Mago Richard. Tamén se repartirá, entre o público asistente, o número tres da revista Xarmenta, escrita en galego no Bierzo, que xa fora presentada en decembro de 2008. O ano pasado, na terceira edición destes premios, resultaron galardoados o xornalista e escritor coruñés Manuel Rivas e a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León, no capítulo de institucións.

www.vieiros.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-01-2009 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Pedras contra tanques
Co teu permiso Edu...

Do blog Morrocantando


O blog Milprimaveras fíxome lembrar esta canción que, se mal non me lembro, está adicada a represalia que os Palestinos sofren por parte do estado terrorista de Israel. Xa sabedes que ten uns aniños, polo menos catro, pero xa vedes, en todo este tempo as cousas si cambiaron algo foi para peor. Cando nos decataremos de que o odio e a vinganza só moven unha roda de muíño que moe homes, mulleres e nenos, e que produce fame, dor e máis odio e vinganza se cadra?

Penso que podía ser boa idea usar esta canción como bandeira musical da protesta contra esta guerra inxusta e desproporcionada, e que todos aqueles que teñan un blog, polo menos os que o teñen en galego, debería poñela no seu blog.

Para todos aqueles que sofren esta noxenta masacre, "Pedras contra tanques", de Leilía.




Esas pedras contra tanques
eses corpos que rebentan
en libeliñas vermellas
toda a carne é sagrada.

Así como chuvia mansa
este mundo molla e sangra
a memoria non descansa
toda a carne é sagrada.

Vella liturxia da ira
alimenta a nosa rabia
odio con fame de sangue
toda a carne é sagrada.

O mundo perece aquí
a memoria non descansa
eu son ti e ti es min
toda a carne é sagrada
Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 15-01-2009 04:38
# Ligazón permanente a este artigo
Actuación no furancho Matamáfolc
Este xoves día 15 con motivo do día de San Amaro o furancho Matamáfolc abrirá todo o día e sobre as 21:30 da noite contaremos coa actuación de CÉ, ORQUETRA PANTASMA...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-01-2009 04:08
# Ligazón permanente a este artigo
Música e poesía no Libro Aberto da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-01-2009 03:59
# Ligazón permanente a este artigo
Novo single e videoclip de Fanny+Alexander
Fanny + Alexander van quentando motores de cara á saída do seu novo disco -Alfaias (A Regueifa Discos, 2009)- en primavera.

A canción escollida coma single de adianto, Setecentos, cunha letra/poema escrita especialmente para eles por Mario Regueira, xa se pode escoitar no seu Myspace e ver o videoclip -coma sempre, realizado polo propio grupo- en Youtube.

http://www.fannyalexander.net

www.sono-tone.net

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-01-2009 03:54
# Ligazón permanente a este artigo
Quen dixo que non hai heavy en galego?
Astarot: "Maria Soliña"

O quinto disco “O sentir dunha Terra “ foi sen dúbida o disco da consagración do grupo Astarot, e unha homenaxe impactante á cultura musical galega


Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 15-01-2009 03:44
# Ligazón permanente a este artigo
Audiencias do Alalá
Audiencias da Terceira tempada do Alalá:

- José de Gregorio (12/01/08): 193.000 (18,7%)
- Rancho de Reis de Riofrio (5/01/9): 209.000 (24,8%)
- Resume 2008 (29/12/08): 277.000 (25,9%)
- O Quinteto Monterrei (22/12/08): 176.000 (19,5%)
- Pepe Temprano (15/12/08):220.000 (22,8%)
- Cuarteto "Os Barrios" (08/12/08): 243.000 (22.95%)
- Alalá en Uruguai II (01/12/08) 239.000 (22.9%)
- Alalá en Uruguai (24/11/2008): 246.000 (25%)
- Darío Díaz, o Gaiteiro de Paíme (17/11/2008): 237.000 (23.4%)
- Seráns (10/11/2008): 224.000 (23%)

Alalás anteriores
Podense visualizar en:
www.crtvg.es
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 15-01-2009 03:02
# Ligazón permanente a este artigo
Escolares de Pontevedra achéganse á música tradicional galega
Escolares de Pontevedra achéganse á música tradicional galega

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-01-2009 03:06
# Ligazón permanente a este artigo
Mellor disco galego do ano 08
Os lectores do Xornal de Galicia elixen TRES, dos The Homens, mellor disco galego do ano 08

O Xornal de Galicia quixo facer balanzo da colleita musical do ano 2008, e para iso organizou un ránking das mellores publicacións musicais entre os seus lectores. Na categoría de mellor disco galego do ano, os vencedores foron os composteláns The Homens con TRES (falcatruada 07). Bótalle unha ollada ao resto das categorías premendo no seguinte botón.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-01-2009 03:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xa temos aquí o disco de Projecto Trepia
O álbum contén seis cancións e pode descargarse de balde en A Regueifa Plataforma.

Projecto Trepia, primeiros clasificados no certame GZcrea 2008 en música e segundos en videocreación, veñen de editar o seu primeiro traballo no netlabel A Regueifa.


Os do Morrazo son un colectivo multidisciplinar artellado ao redor do que eles denominan 'os tres pés' (o son, a imaxe e a danza) combinando no musical a música tradicional galega, froito en grande parte de recolleitas de campo propias, cos novos sons que proporciona a electrónica. Os integrantes de Projecto Trepja afirman que a historia da música galega tradicional pódese dividir en catro etapas, e eríxense en iniciadores desa cuarta etapa.

Posúen unha actitude decididamente vangardista, levando ao século XXI cantos tradicionais, pandeiretas, pandeiros, sachos, caixas de pementón e zanfoñas ao mesturalos con unha base rítmica de batería electrónica, samples e baixo eléctrico. O disco está editado baixo licenza Copyleft e pode ser descargado de balde en www.aregueifa.net. Contén seis cortes, que o grupo xa puxera a disposición do público no seu myspace: A Roseira, Leghons, Pontepedra, Oroso_reloaded, Deganha e A máquina de meter medo.

O grupo artéllanse en función dunha outra trepia para a difusión e consecución dos seus obxectivos: asociativa, escénica e reivindicativa. En primeiro lugar, o colectivo quere articularse como asociación para un mellor desenvolvemento dos seus proxectos. Ademais, procuran que as súas actuacións teñan lugar en escenarios e tamén na rúa, en espazos públicos.

www.vieiros.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-01-2009 03:05
# Ligazón permanente a este artigo
Kastomä. Rocanrol galego.
Novo traballo: Almas da noite
PRESENTACION AO VIVO: ORDES 17 XANEIRO PUB BADULAKE 23:30h


O 15 de Nadal 2008 apareceu nas tendas o novo traballo e primeiro Longa Duración de Kastomä: “Almas da Noite” contén 10 temas novos cantados en galego en base de rock. A temática xira en torno á Noite e ás almas que por ela percorren. Así pois recollemos neste novo disco ideas que foron quentando os nosos miolos durante estes tres anos desde que saiu o anterior “Mestres de Pesadelos”(2005).

Almas da Noite conta coas colaboracións de: Silvia Garcia (Ex. – Pinacle) e María Prado (trompetas en A Infancia), Mario Candal de O Chícharo Psicótico (teclado en A Infancia), Mario Grela, Tabeaio e Xosé M. Bocixa dos Zënzar (voces e coros en Polvo Quente), Juan Verea, Ex. - Pussy Calandracas ( guitarra solista en O Tempo Que Perdín), Miguel Calvo, Ex. Os Gin Tonics (coros en Pechando A Noite), Luis Rios (coros en Polvo Quente) e a Asociación A Revoltosa (coros en O Blues de Sta. Crus). Parte deles xunto con Dios Ke te Crew que colaboraron en Mestres de Pesadelos, e Machina pertencen a Ordes e Cerceda e son unha mostra do movemento musical que esta zona xenerou.

Almas da Noite está editado por Falcatruada e distribuido por A Lonxa Cultural en tódolos puntos de venda de discos de Galicia. Tamén podes adquirir o disco nos nosos concertos ou via internet.

Este disco foi gravado durante o veran do 2008 na Coruña nos estudios Treboada por Paco Liaño( guitarras e voces) e nos estudios Bonham por José Martinez (baixo, batería e masterizado final).

INFORMACIÓN:

www.myspace.com/kastoma
www.kastoma.com

kastoma@hotmail.com

CONTRATACIÓN:
SITO: 626847001
DAVID: 615693049

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-01-2009 03:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Emilio Rúa

Emilio Rúa atópase nestes días rematando o seu próximo traballo "Interior."

Este é o seu terceiro traballo discográfico que verá a luz para o próximo mes de febreiro.

www.casadetolos.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-01-2009 03:04
# Ligazón permanente a este artigo
En preparación o novo disco de Som do Galpóm
ola, xente!
Agora mesmo Som do Galpóm esta en pleno proceso de preparacion do que vai ser o noso primeiro disco. O disco vai ser o resultado do traballo realizado ate o momento (104 actuacions en dous anos e medio) e especialmente do constante traballo de ensaio.


Estamos cheos de ganas e emocion para que gostedes tanto como nos do reultado. A grabacion tera lugar en xaneiro no estudo Casa de Tolos da man de Segundo Grandio. É por iso que non figuran novos concertos no myspace. non vos preocupar, dentro de pouco ides mais novas sobre nos. Consuminos as horas entre ensaios e continuamos na brecha, ainda que de outra maneira, agora. Unha aperta a toda a xente que nos quere e à ue nos queremos a nosa vez e a toda a xente que desfruta da musica à sua maneira!

www.myspace.com/somdogalpom

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-01-2009 03:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Brañas Folk

E a cousa é de non parar, Brañas Folk xa está grabando o seu segundo traballo discográfico.

O grupo Brañas Folk nace en Ourense no ano 2002, un proxecto musical creado por Manuel Brañas co fin de continuar coa labor feita no anterior grupo, Arco da Vella, e buscando unha maior proxección dentro da música folk.

Brañas Folk sacou ó mercado o primeiro traballo discográfico titulado “Camiñante”, coa discográfica Discmedi.

Tedes máis información do grupo na súa páxina web em www.branhasfolk.com

www.casadetolos.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 14-01-2009 03:03
# Ligazón permanente a este artigo
Avance dos monográficos ‘09 de aCentral Folque

Facemos un pequeno avance do programa dos monográficos de aCentral Folque para este ano ‘09.

Os monográficos de aCentral Folque son cursos especializados en diferentes áreas da práctica musical, impartidos por profesionais en activo que ofrecen unha formación específica en interpretación instrumental, canto, danza, pedagoxía, escena e improvisación.

Terán lugar en Santiago de Compostela entre os meses de febreiro e marzo. As prazas son limitadas e a admisión por orde de preinscripción.

Nos vindeiros días colgaremos no portal de www.folque.com máis detalles e abriremos o prazo de preinscripción. Estade atent@s!
Estes son os detalles principais:


GAITA ANTIGA
Imparten:
XAVIER BLANCO. Gaitas troncais
Data: 27 de febreiro (2 h)

ÓSCAR IBÁÑEZ. A gaita e a dixitación pechada nas marxes do Lérez
Data: 6, 13, 20, e 27 de marzal (8 h)

PABLO CARPINTERO. Tipoloxías e repertorios nas gaitas galegas
Data: 3, 17, 24 abril e 8 maio (8 h)

JUANJO FERNÁNDEZ. A gaita clásica: tempero, dixitación e repertorio
Data: 15, 22, 29 maio e 5 xuño (8 h)

-Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais

CANTO
Imparten:
RAMÓN BERMEJO. Técnicas de canto en grupo
Data: 27 febreiro, 6, 13, 20 marzal (8 h)

PAULINA CEREMUZYNSKA. Técnica vocal e interpretación
Data: 27 marzal; 3, 17, 24 abril (12 h)

FRANSY GONZÁLEZ. Repertorio de Bergantiños con pandeireta
Data: 16 maio (8 h)

-Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais

DANZA
Imparten:
MIGUEL SOUTO. O baile solto nos seráns
Data: 13 e 27 de marzal (4 h)

MERCÉ DE RANDE. Xeometrías da danza
Data: 20 e 28 marzal (4 h)

JANOS FUGEDI. Labanotation: método de escritura para baile tradicional
Data: 11 e 12 maio (16 h)

HENRIQUE PEÓN. Master class de danza tradicional galega
Data: 23 xuño (2 h)

ACORDEÓN DIATÓNICO I iniciación

Imparte:
CARLOS QUINTÁ. Introdución ao acordeón diatónico.
-Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
-Datas: 27 febreiro; 13, 20, 27 marzal; 3, 17, 24 abril (6 h)

ACORDEÓN DIATÓNICO II avanzado

Imparte:
ARTUR FERNANDES. Ao toque de diatónico
-Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela
-Datas: 14 marzal (8 h)

GUITARRA do Brasil

Imparte:
SÉRGIO TANNUS. Guitarra popular brasileira
-Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
-Datas: 3, 17, 24 abril; 8, 15, 22, 29 maio; 5, 12, 19, 26 xuño (10 h)

ADUFE
Imparte:
LUIS PREGO. Adufe, pandeiro cadrado de Galiza e Portugal
-Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais
-Datas: 9, 16, 23 e 30 maio; 6, 13, 20 e 27 de xuño (12 h)

IMPROVISACIÓN LIBRE

Imparte:
CHEFA ALONSO. Improvisación libre
-Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela
-Datas: 6 e 7 de marzal (8 h)

PEDAGOXÍA KODÁLY

Imparte:
SERGIO DE LA OSSA. O método Kodály: adaptación galega
-Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela
-Datas: 6, 7, 13 de marzal (16 h)

RECURSOS ESCÉNICOS para músicos
Imparten:
Patricia de Lorenzo, Xron, Manuel Cortés: Relación coa escena
Fidel Vázquez. Relación coa luz
Xurxo Pinheiro. Relación co son
-Lugar: Sala NASA
-Datas: 10, 17, 24, 31 marzal; 14, 21, 28 abril; 5, 12 maio (30 h)

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2009 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Pradolongo, entre os DVD máis vendidos
En El Corte Inglés de Vigo, o filme de Ignacio Vilar é o terceiro máis vendido, a única película europea entre as dez primeiras.

O DVD de Pradolongo púxose á venda o pasado 9 de nadal, e en xaneiro comezará a distribuírse en todo o Estado. O filme dirixido por Ignacio Villar foi o primeiro rodado na nosa lingua que saia ao mercado en formato Blu-ray. Unha vez máis o boca-a-boca funcionou, e a película está a repetir nas tendas o éxito que xa obtivo nas salas e nas distintas proxeccións que realizou ao longo de 2008.

En concreto, na foto pódese comprobar como en El Corte Inglés de Vigo o filme é o terceiro máis vendido, por diante de grandes producións de Hollywood con poderosas campañas de promoción. En concreto, é o único filme europeo nesa lista.

www.vieiros.com

Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2009 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
III Encontro de Ranchos de Reis

O domingo dia 11-01-09, celebrouse no pavillón de deportes do concello de Mondariz, o III encontro de Rancho de Reis organizado pola Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia.

Nesta edición participaron o Rancho de Reis de Riofrío, O Rancho de Reis de Salceda de Caselas, o Rancho de Reis de Guláns, Fozara e As Cortellas (Ponteareas), así como o Rancho de Reis de Fornelos da Ribeira (Salvaterra de Miño). O encontro comenzou as 16:30, nun pavillón ateigado de xente, que decidiu asistir o acto a pesar do intenso frío que alí facía.







Máis información, fotos e videos en:
www.osdesempresalceda.blogspot.com




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2009 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadoras do Certame Cantares de Reis de Boimorto

As Lagarteiras de Vigo gañan o Certame Cantares de Reis de Boimorto na súa quinta edición

O grupo As Lagarteiras de Vigo erixiuse en gañador do primeiro premio no Certame Cantares de Reices, de Boimorto, celebrado o domingo na súa quinta edición, mentres que no segundo posto quedou clasificado Os Reiceiros de Ponche Carreira, de Frades. Os seis primeiros clasificados repartíronse, ademais, un total de tres mil euros en premios.

O Certame de Cantares de Reices celebrouse na chaira do colexio público nunha enorme carpa, que acolleu como público a case un milleiro de persoas, que gozaron das actuacións dos grupos participantes dun xeito cómodo, en asentos e con calefacción.

Ao concurso concorreron vinte e dous grupos procedentes das catro provincias galegas, todos eles cun gran nivel, o que dificultou as decisións do xurado.

Para o alcalde da localidade, Ignacio Porto, o evento supuxo todo un éxito porque «aquilo que comezou hai cinco anos como unha ansia de non perder as nosas costumes estase a consolidar a nivel de Galicia como ou máis importante na súa modalidade, ou que supón unha enorme satisfacción para Boimorto, e representa ou enorme poder que temos os pequenos concellos para manter a nosa cultura tradicional». Boimorto prepara xa a súa próxima edición de Cantárelos, con novidades.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2009 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá con José de Gregorio

Hoxe, luns, día 12/01/2009

José de Gregorio nin é galego, nin vive en Galicia. El naceu enriba dunha das liñas negras que aparecen debulladas nos mapas e a súa aldea corresponde oficialmente ao Principado de Asturias. O problema é que José non se sente asturiano, pero tampouco galego, para el ter que responder á pregunta de onde é, é como ter que contestar á pregunta de a quen lle queres máis, a teu pai ou a túa nai?


Na Lagúa a vida transcorre entre dúas forzas: as pensións veñen de Asturias, o panadeiro da Fonsagrada, a contribución págase en Ibias e se hai que ir tomar un viño, vaise á Tumbiadoira, en Galicia. Coa música ocorreu o mesmo, por iso José de Gregorio é gaiteiro formado nas festas entre galegos e asturianos que nin toca en aberto, nin en pechado e que tanto canta pezas asturianas coma romances galegos.

José de Gregorio ten 75 anos, sempre viviu entre galegos e asturianos, así que hoxe despois de tanto tempo, non hai fronteira nin administración o suficientemente forte como para impedirlle ser un dos nosos auténticos tesouros musicais.


Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 12-01-2009 03:40
# Ligazón permanente a este artigo
Vigo prepárase para o seu primeiro aberto de billarda
Co 2009 acabado de parir, Vigo prepárase para acoller o seu primeiro aberto, o quinto torneo da tempada da LNB Sur. Xa rebasado o ecuador do campionato, a cita promete ser unha das máis completas coa estrea dun formato novo en doble sesión: obradoiro e campionato de paláns pola mañá, torneo puntuable pola tarde.

O sábado 10 será o día. O pavillón do Monte da Mina en Castrelos será o lugar. Ao programa que preparou o Local Social Faísca non lle falta detalle, así que aquí volo expoñemos con detalle:

- 11 h. Obradoiro de billarda: Aprendizaxe e adestramento asesorado por expertos palanadores da LNB.

- 12 h. Concurso de paláns: Espectacultar versión no deporte da billarda do concurso de triplas do All Stars da NBA. Preparádevos para esta nova modalidade de billardismo extremo que se estrea en Vigo e para que a xente de Faísca ten reservados premios para os gañadores.

- 14 h. Receso para xantar. Haberá un xantar aberto alí mesmo no pavillón. O menú: fabada (tamén haberá versión vexetas), pan, viño, postre e chupiños, todo por 8 euros! Os que queiran quedarse a comer que avisen canto antes no correo zevianagz@gmail.com para poder facer un cálculo de cantidades. Se sobra algo non importa… pero que non falte!


- 16 h. 1º Aberto de billarda de Vigo, puntuable para a LNB Sur. Será a hora da competición oficial, e é necesaria esquisita puntualidade. Fontes ben informadas aseguran que os premios desta xornada están confeccionados a base de marisco, así que se non vos chegou o que comestes no nadal, aquí tedes a última oportunidade de marcarvos unha enchenta.

Xa vedes que a cousa está ben pensada: xornada oficiosa pola mañá e oficial pola tarde. Pero convidámosvos a gozar de toda a xornada de billarda, acudir desde a mañá, comer tod@s xunt@s e pasar un día 100% billardeiro.


http://lnbsur.wordpress.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-01-2009 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 9 (Venres)
• Pito de Pikasso no Pub Moby Dick de Sada (A Coruña)
• Trioliro regueifeiros na "Taberna Heicho de dar queridiña" da Insua (Pontecaldelas)

Sábado 10
• I aberto de billarda en Vigo (LNB conferencia Sul)
• Cerco de Prado da Canda (Covelo) ás 16:00
• Serán de Prado da Canda (Covelo) ás 21:30
• Ruxe-Ruxe e Nao no Recinto feiral de Pontevedra ás 22:30 (entrada de balde)

Domingo 11
• III Encontro de Ranchos de Reis en Mondariz ás 16:00
• Nova galega de Danza no Pazo da Cultura de Narón ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-01-2009 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
E seguen os Seráns
Sábado 10 de xaneiro
-Serán de Prado da Canda (Covelo)

Venres 16 de xaneiro
-Serán de San Mauro (Fornelos de Montes)

Sábado 24 de xaneiro
-Serán de Burgueira (Oia)
-Serán no casino de Xesta - A Lama

sábado 31 de xaneiro
-Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa

Sábado 7 de febreiro
-Serán de San Vicente de Oitaven (Fornelos de
Montes) na casa parroquial.

Sábado 14 de febreiro
-Serán dos Namorados de Toutón (Mondariz)

Sábado 28 de febreiro
-Serán de de Gargamala (Mondariz)

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Sábado 21 de marzo
-Serán de Moreira (Soutomaior)

Sábado 28 de marzo
-Serán en Chaín (Gondomar)

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-01-2009 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Este sábado, Serán en Prado da Canda (Covelo)
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-01-2009 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Como chegar ao serán de Prado da Canda
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-01-2009 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
III Encontro de Ranchos de Reis
O III 'Encontro de Ranchos de Reis' de Mondariz celebrarase o 11 de xaneiro

A Asociación Cultural Rancho de Reis de Riofrío e o Concello de Mondariz organizan o vindeiro día 11 de xaneiro no pavillón de deportes do Concello o 'III Encontro de Ranchos de Reis'.

Nesta edición, que comenzará ás 16.00 horas, participarán os Ranchos de Riofrío (Mondariz), Salceda de Caselas, Guláns, As Cortellas e Fozara (Ponteareas) e Fornelos (Salvaterra de Miño).


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-01-2009 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto 20 aniversario de Galiza Nova en Pontevedra
Seguindo coa celebración do 20 aniversario de Galiza Nova este sábado haberá un Concerto-festa en Pontevedra.

Concerto 20 aniversario de Galiza Nova

- RUXERUXE
- NAO


Data: Sábado 10 de xaneiro
Lugar: Explanada do Pazo da Cultura (Recinto feiral) de Pontevedra
Hora: 22.30
(entrada de balde)

Eses RUXE!!!!!








Eses Nao!!!!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-01-2009 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Sábado 10 de Xaneiro, Xornada Nacional de Mobilización por Palestina

CONVOCATORIA DUNHA XORNADA DE MOBILIZACIÓN NACIONAL POR PALESTINA

A petición de varias persoas, grupos políticos, sociais, sindicais e culturais asistentes ás mobilizacións contra a agresión sionista ao pobo palestino de Gaza, Galiza por Palestina convocou a todos os colectivos e persoas interesadas a unha xunta o mércores, día 7 de xaneiro, ás 19’00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.

Asistiron e apoian particulares ademais de representantes das principais asociacións, partidos e sindicatos galegos; entre eles:
ACSUR Galicia; ADIANTE; Asemblea Republicana de Vigo; Asoc. Francisco Villamil; ATURUXO / A Ghentalha do Pichel; BNG; BRIGA; CIG; Comité Defensa das Rías Altas; Comités; Corrente Vermella; Cosal – Coruña; COSAL – Santiago; CUT; DSI; Esquerda Unida; Esquerda Unida- Vigo; FPG; Fuco Buxán; Fundación Araguaney; GALIZA NOVA; ISCA!; MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES; Movemento pola Base; Mundo Sen Guerras; NÓS- UNIDADE POPULAR; Partido Comunista dos Pobos de España/ Colectivo dos mozos comunistas; Partido Humanista; PCPG; Plataforma Alternativa – Lugo; Plataforma de Lugo; Socialismo Libertario; Solidariedade Internacional de Galicia; Viraventos.

Tras escoitar todas as aportacións e opinións dos colectivos asistentes,acordouse unificar todas as concentracións locais nun mesmo día: Unha Xornada Nacional de Mobilización por Palestina o Sábado 10 de Xaneiro, ás 20.30h nas principias cidades e vilas galegas.No caso de teren convocada outra data, manterase debido á urxencia da convocatoria.

Polo tanto comunicamos e informamos das seguintes mobilizacións xa confirmadas:

VENRES, DÍA 9 DE XANEIRO,

Ferrol:
Concentración ás 20:00 horas, diante do Edificio de Xunta de Galicia, Praza Amada García.

As Pontes:
Concentración ás 19:00 horas, na Praza do Hospital.

Ponferrada: ás 20:30 h. na praza do Concello.


SÁDADO, 10 DE XANEIRO.


Ponteareas: Concentración ás 13:00 horas, diante do Concello.

Vigo:
Manifestación ás 18:00 horas, desde O Cruce da Via Norte con Urzáiz que rematará na Porta do Sol.

Pontevedra: Manifestación Unitaria ás 20:00 horas, na Praza da Ferrería.

Santiago: Manifestación ás 20:00 horas, desde a Praza do Toural que rematará na Praza do Obradoiro.

A Coruña: Concentración ás 20:30 horas, no Obelisco, Cantóns.

As concentracións son abertas a tódalas organizacións que se queiran sumar e chamamos a poboación galega a sumarse a estes actos.
O lema da marcha será :
GA LI ZA CON PALESTINA
NON Á MASACRE!
INFORMAREMOS DAS OUTRAS LOCALIDADES EN CANTO ESTEAN CONFIRMADAS.

CONTACTO
Asociación Galiza por Palestina. http://galizaporpalestina.blogspot.com
galizaporpalestina@hotmail.com


VENRES, DÍA 9 DE XANEIRO,

Ferrol: Concentración ás 20:00 horas, diante do Edificio de Xunta de Galicia, Praza Amada García.

As Pontes: Concentración ás 19:00 horas, na Praza do Hospital.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-01-2009 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Pasamento do pai de María e Luis Prego
Hoxe é un día triste para todos nós, xa que temos de informar da morte do pai dos nosos bos amigos os irmáns Luis e María Prego, moi coñecidos no ambiente da música e baile tradicional.

Neste momento tan dificil acompañamos no sentimento a María, a Luis e a toda a familia Prego.

Unha aperta moi grande




O enterro será mañá venres, saindo ás 17:00 do Vigomemorial para o Cemiterio de Bouzas
Comentarios (11) - Categoría: Novas - Publicado o 08-01-2009 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Audiencias do Alalá
Audiencias da Terceira tempada do Alalá:

- Rancho de Reis de Riofrio (5/01/9): 209.000 (24,8%)
- Resume 2008 (29/12/08): 277.000 (25,9%)
- O Quinteto Monterrei (22/12/08): 176.000 (19,5%)
- Pepe Temprano (15/12/08):220.000 (22,8%)
- Cuarteto "Os Barrios" (08/12/08): 243.000 (22.95%)
- Alalá en Uruguai II (01/12/08) 239.000 (22.9%)
- Alalá en Uruguai (24/11/2008): 246.000 (25%)
- Darío Díaz, o Gaiteiro de Paíme (17/11/2008): 237.000 (23.4%)
- Seráns (10/11/2008): 224.000 (23%)

Alalás anteriores
Podense visualizar en:
www.crtvg.es

Outras audiencias do nadal:

'Noiteboa con Son de seu': 119.000 (17,3%)
'Concerto' "Fuxan os ventos": 95.000 (16,9%)
Comentarios (4) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 08-01-2009 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Serán da Nasa (Compostela)

Hoxe 8 de Xaneiro ás 21:30 temos o primeiro seran deste 2009 na sala Nasa de Compostela.

Para tódolos bailadores e bailadoras espallados por Galiza que teñades gañas e necesidade de comenzar o ano bailando, e tamén para todos aqueles que nonsabedes bailar e queredes disfrutar da música,coñecer que é iso dos seráns e animarvos a botarlle un puntiño...

Os grupos que van poñer a música son:

- PANDERETEIRAS TREBELLOS (A.X. Regueifa de Bembibre)
- BANDA DE GAITAS ESTIVADA de Calo
- PANDERETEIR@S DE ARREIXEIRA de Iria
- TATARATRIO da Coruña.


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-01-2009 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do fin de ano
Subidas as fotos do fin de ano no Furancho da Balsa.


Estas son as subidas por Iria no seu blog, xa que a miña cámara "perdeuse" na cabalgata de reis con todas as fotos realizadas.

Outro fin de ano moi divertido dun xeito distinto.


Bikos e apertas a tod@s


Fotos do fin de ano












Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-01-2009 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Unha tradición que resiste
No Condado só se conservan na parroquia de Riofrío, en Mondariz, e na de Fozara e Guláns, en Ponteareas, con todo, no pasado foron tradición tamén en parroquias de Covelo e Salvaterra. Son os chamados "Ranchos de Reis", agrupacións de danzantes compostas por homes e mulleres, aínda que nalgunhas zonas unicamente intégranse por homes, que constitúen unha das expresións populares máis vistosas do sur de Galicia.

Esta tradición, aínda viva, puido verse o luns en Ponteareas como parte da programación do Nadal e complemento da Cabalgata de Reis. Foi posible grazas ás novas xeracións da parroquia de Fozara que aceptaron o reto de aprender a danzar nos ranchos e por iso aínda se poden visualizar nestes días.

De todos os xeitos, ademais de agora, tamén poden gozarse noutras épocas do ano como ocorre na festividade da nosa Señora da Franqueira. Estes movementos rítmicos tamén se chaman "danzas brancas" pola vestimenta dos bailaríns, que é de cor branca.

En tempos pasados, cando existían ranchos tamén en zonas de Salvaterra tiñan distincións pola vestimenta. Os ponteareáns, cara ao norte, vestían de cor branca. En cambio, os da zona de Pesqueiras, na localidade fronteiriza, afacían levar, sobre todo, pantalón curto. Ademais, no atavío das mulleres, con frecuencia, deixábase notar a influencia portuguesa.

Por encima das diferenzas xeográficas, os ranchos de Reis, fosen de Ponteareas ou de Salvaterra, tiñan en común gorros con plumas e espellos, cintas de cores e mantones, ademais, por suposto, da forma de bailar.

Antigamente, en Guláns chegábanse a xuntar máis de vinte ranchos de diferentes lugares da comarca. Por aquel entón, as agrupacións viñan acompañadas dun axudante que cunha pandereita adornada con cintas de cores, el encargábase de pedir ao público un donativo por gozar da actuación.

Esta festa característica da noite anterior á visita dos Magos de Oriente foi a continuación de Cantárelos de Reyes que se entoaban en tempos de fame e dificultades. Entón, os mozos dedicábanse a ir polas casas adiñeiradas e polos pazos señoriales pedindo esmola alimenticia. Contentábanse con chourizos ou con touciño; dependendo de como fose o agasallo, cantarían unha peza de agradecemento ou de "escarnio e maldicir".

Por outra banda, é de destacar o chamado canto de Reis que consta de tres partes. En primeiro lugar, solicítase permiso para cantar, en segundo; entóase a canción propiamente dita; e finalmente, pídese un aguinaldo pola actuación ofrecida.

Finalmente, son de merecido nomeamento, as rondallas; unhas agrupacións características de Nadal, Fin de Ano e tamén da véspera de Reis.

www.farodevigo.es
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 07-01-2009 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana de Reis
Segunda feira 5 (Luns)
• Foliada de Reis no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo) ás 00:00

Terza feira 6 (Martes)
• Foliada de Reis na rúa Principe de Vigo ás 18:00
• Danza de Reis en Riofrio (Mondariz)
• Danza de Reis en Santa María (Salceda de Caselas)

Corta feira 7 (Mércores)
• Danza de Reis en Guláns (Ponteareas)

Quinta feira 8 (Xoves)
• Serán da Nasa (Compostela)

Sexta feira 9 (Venres)
• Trioliro regueifeiros na "Taberna Heicho de dar queridiña" da Insua (Pontecaldelas)

Sábado 10
• Ruxe-Ruxe e Nao no Recinto feiral de Pontevedra ás 22:30 (entrada de balde)
• Serán de Prado da Canda (Covelo)

Domingo 11
• III Encontro de Ranchos de Reis en Mondariz
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2009 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Panxoliñas, Manueles e cantos de Reis
A tradición dos cantos de Nadal

ANT TV pasou un serán con Maghúa, un grupo da Coruña, convidado a un serán no concello ordense de Tordoia, que mantén a tradición dos cantos de Nadal e de Reis.

Amais, falamos con algúns veciños que nos contaron como se vivía antes o Nadal. Non hai tantos anos (e aínda hoxe, de feito), o mellor xeito de celebrar estas festas era botando cantareas e sacando puntos, a golpe de gaita e ferreñas. No noso cantigueiro tradicional temos, amais, tres tipos de canto para cada data sinalada: as panxoliñas para o Nadal e a noiteboa, os Manueles para aninovo e os cantos de Reis para cando veñen os de Oriente repartir agasallos. A memoria destes veciños aínda conserva boa parte dese repertorio.



www.anosaterra.org
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2009 02:23
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá co rancho de Reis de Riofrio
Hoxe, luns, día 05/01/2009

Para esta noite na que todos estarán colocando os zapatos para que os Reis non esquezan facer unha paradiña e deixar algún agasallo, en "Alalá" chegaron os de Oriente un pouco antes de tempo. A proposta para esta noite é achegarse ata Riofrío, en Mondariz, e vivir case coma antano os seus Ranchos de Reis. E que son os Ranchos de Reis? Pois nada menos que unha marabillosa danza que se mantén viva desde nin se sabe cando e que se transmite de xeración en xeración.


Neste lugar a tradición son os pasos de castañolas, de paus e de arcos e todos os anos, o día da Epifanía, e dicir, o día 6 de xaneiro pola mañá, os danzantes bailan na honra da Virxe do Leite. No programa desta noite saberemos do traballo que todos os veciños de Riofrío fan durante todo o ano para que neste día todo se faga á perfección.

Coñeceremos a familias, como a dos Vilas, que levan mais de cen anos pateando co Rancho. Agora é Delfín o gaiteiro do Rancho pero polo ano 1915 estaba o seu avó José e ao morrer quedou o neto no sitio.



Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 05-01-2009 02:18
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer