Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Foliada de inverno no Castro (Begonte)
O próximo 11 de marzo retomamos as actividades culturais deste 2017, cunha gran festa da música tradicional.

Pola tarde contaremos cun obradoiro de zanfona impartido polo mestre Óscar Fernández (Os Cempés, bOnOvO), toda unha referencia da música tradicional e músico capaz de levar á zanfona a territorios pouco explorados.
O obradoiro terá unha duración de catro horas e vai dirixido a persoas que non teñen coñecemento algún do instrumento e queren facer unha primeira aproximación a un instrumento realmente incrible. As prazas están limitadísimas a nove, pois esas son as zanfonas que amablemente cede o Padroado de Cultura do Concello de Narón, polo que non é necesario traer zanfona.

O prezo para asociad*s de Castiñeiro Milenario é de 25€ e para non asociad*s de 35€.

Para apuntarse podes chamar ao 616 705174 ou no correo electrónico da asociación (castineiromilenario@hotmail.com) e as prazas serán concedidas por rigoroso orde de inscrición.

Ao rematar o obradoiro teremos uns petiscos e despois comezaremos a foliada cos seguintes grupos: Foliadeir*s do Castro de Begonte, Treboada de Rábade, Os amigos do Caldeiro e Gaia pandereteir*s de Castro Ribeiras de Lea. Agradecemos profundamente a disposición de todos os grupos que veñen a agasallar a súa música e facer unha grande festa galega. Ao rematar os grupos, Foliada aberta.


https://castinheiromilenario.wordpress.com/2017/03/01/actos-foliada-de-inverno/
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2017 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Serán e Foliada na Pobra do Caramiñal
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2017 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Ven respirar (Ourense)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2017 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Moxenas en Valadares (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de raiz en Callobre (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Donicelas en Cangas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
V Encontro gaiteiro e de Cantos de taberna en Monterroso
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de percusión tradicional en Palas de Rei
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 07-03-2017 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-03-2017 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
O poder do arcabuz en Vigo
Quique Peón Cía presenta o vindeiro sábado 11 de marzo en Vigo o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media.

Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro.

A obra poderá verse o 11 de marzo (21.00h) no Auditorio do Mar de Vigo ao prezo de 14 euros. O espectáculo “é unha proposta tradicional e vangardista ao mesmo tempo”, explica Peón, “trátase dun espectáculo ambicioso, un proxecto apaixoante e arriscadísimo, con cen artistas en escena, froito dun empeño moi especial en poñer en valor as nosas músicas e as nosas danzas”.

A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional “Xacarandaina” xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza galega. “O Poder do Arcabuz” fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A Revolta Irmandiña.

Quique Peón -autor, director e coreógrafo do espectáculo- utiliza a historia dos Irmandiños e o arcabuz como metáfora do poder e dos cartos. Hai que lembrar que a Revolución Irmandiña foi a maior revolta europea do século XV, que foi derrotada finalmente polos nobres, que traían a primeira arma que usaba a pólvora: o arcabuz.

A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal do espectáculo, a linguaxe de cohesión de todo. Na obra amosaranse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais (de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de dongas e galáns...), empregando un amplísimo abano de movementos folclóricos que evolucionarán até os nosos días e que servirán para relatar o que se quere contar en cada momento.

Sen embargo, a danza contemporánea tamén estará presente na obra, non tanto na súa linguaxe como no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar os sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación.

A música, dirixida por Pedro Lamas, será un eixo fundamental do espectáculo e fusionará a música tradicional e a culta, facéndo énfase na do medievo, creando bases contemporáneas e étnicas utilizando música instrumental, de percusión e vocal (solista e coral).

“O Poder do Arcabuz” é un espectáculo concibido como un musical de estrutura compostal de diferentes escenas que se irán sucedendo, unha tras outra, a modo de actos, ao estilo dos antigos ballets románticos.

Entradas:
https://www.ticketea.com/entradas-concierto-poder-arcabuz-auditorio-mar-vigo/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Ardentía en Moaña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Guadi Galego na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Keltoi! e Os Novos en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Ataque Escampe en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Xose Manuel Budiño en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2017 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Couso (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-03-2017 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Xabier Diaz & Adufeiras de Salitre en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-03-2017 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
DeLombaos e Fillos do Estramonio en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-03-2017 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Esquíos presentan disco na Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-03-2017 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Moxenas en Valadares (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-03-2017 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do queixo (Arzúa)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-03-2017 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Zoupalle en Vigo e Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-03-2017 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Nao en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-03-2017 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de toques de pandeira e pandeiro (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-03-2017 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Tanxugueiras en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-03-2017 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Compostela
Seráns en Compostela

Xoves 2 de marzo Sala Malatesta (Rúa San Lourenzo, 51/53, Compostela) Antiga Sala Nasa


Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile con Rebeca Tallón
22h45 . Colexiata do Sar
23h30 . Leirabuxo
00h15 . Cántigas e Frores
01h00 . Foliada

Entrada 3€
Máis información
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán !
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-03-2017 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
IV Premios Martín Códax da Música

A que esperas para inscribirte?

A Asociación de Músicos Ao vivo convídavos a participar na cuarta edición dos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA.

Este ano, ademais de aumentar as categorías musicais, convocamos novamente os Premios Organistrum á Mellor Sala de concertos, o Mellor Festival e o Mellor Espazo de Comunicación Musical.

A inscrición é libre e gratuíta a través da nosa web
http://premiosmartincodaxdamusica.com/

Se te dedicas á música, estes son os teus Premios.

Asociación de Músicos ao Vivo
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-03-2017 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto Pola Liberdade e a Rebeldía en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-02-2017 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da XXXVII Feira do Grelo (As Pontes)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-02-2017 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Faltriqueira en Cangas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2017 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Os Carunchos na A Rebusca (Manzaneda)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2017 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-02-2017 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Trapallada na Fundaçom Artábria (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2017 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Taiña (Goián-Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-02-2017 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer