Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concerto pola Liberdade

A sexta-feira, 7 de Decembro, vaise celebrar na Sala nasa de Compostela o ‘Concerto pola Liberdade’ da Plataforma Cidadá Que Volten a Casa!.

Con esta actividade preténdese concienciar sobre a situación das/os cidadás/ns galegas/os Giana Rodrigues e Ugio Camanho, e difundir socialmente a solidariedade com as/os mesmas/os. Vai ser unha noite chea de sorpresas, coa subasta de diferentes obxectos, entre eles algúns elaborados pola presa galega.

Este concerto solidário vai contar coa presenza de voces significadas do panorama cultural galego, como Ugia Pedreira ou Marcos Payno, e grupos máis novos como Som do Galpom, Ataque Escampe, e Os de Quistiláns. Ademais, García de Dios Ke Te Crew e O Leo i Arremecághona van interpretar o seu espectáculo ‘Labregos do Tempo dos Sputniks’. Apresentan o espectáculo Clara Gayo e Chiqui Pereira.

O ‘Concerto pola Liberdade’ celébrase a sexta-feira, 7 de decembro, a partir das 21.30 hh., na compostelá Sala Nasa (Rua San Lourenzo, 51-53).

Vaise cobrar unha entrada de 6 € coa que recaudar fondos para contribuír ao financiamento das viaxes de visita aos/às presos/as.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-12-2007 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Videoclip de Narf
Intoducción e Video clip sobre o tema Santiago do disco totem de Narf.
Realizado por Xavier Belho e con a participación do actor Victor Mosquera


Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 07-12-2007 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
NHU: Pioneiros do rock en galego
30 ANOS DA PUBLICACIÓN DO ÚNICO ÁLBUM DE N.H.U.

N.H.U. só editaron un álbum, pero o seu rock progresivo en galego segue sendo obxecto de culto. Esta fin de semana o seu vinilo chegou aos 240 euros en eBay.

En 1978 o folk, a música de raíz celta estaba de moda en toda Europa, principalmente grazas ao éxito do bretón Alen Stivell, de Gwendal ou Pentagle, e ao fío dese éxito Galiza viu o nacemento, entre outros, de Milladoiro ou o importantísimo disco Fonte do Araño de Emilio Cao. Un día Nonito Pereira, produtor destes álbums, recibiu a visita de Xoán Piñón, que lle falou dun grupo de rock compostelán chamado N.H.U. A clave para vender o disco ás produtoras madrileñas era incluír algún elemento de folk, unha gaita, como xa fixeran ese mesmo ano Goma2, primeiro grupo galego que mesturara sen complexos a guitarra eléctrica coa gaita.

A gravación do álbum
Con esa encomenda marcharon N.H.U. a Madrid, aos estudios de Zafiro. Pero non fixeron caso, no lugar do son prometido, gravaron un excelente e pioneiro álbum de rock sinfónico e progresivo. Recibiu moi boas críticas, pero non tivo unha boa distribución: "había tendas en toda España que tiñan o noso disco no escaparate, pero só a caixa, non lles chegara exemplar ningún, non nos axudaron a movelo", lembra Xosé Ferreiro, batería da banda. Canda a Xosé, N.H.U. formábano o seu irmán Xulio Ferreiro, Roberto Abal, Xurxo Pérez, Xosé Ferreiro e Tino Grandío, coas colaboracións eventuais de Ricardo Máiz e Cuchús Pimentel, fillo de Alonso Montero. Por certo que o nome da banda non responde a un afán reintegracionista, aínda que moitas veces ao pronuncialo, en moitos lugares aparecese escrito "Ñu". En realidade N.H.U. é o acrónimo de "Una Noche Hermosa".

O grupo formárase en 1974, "tocando pachanga nas salas de festa", pero entre 1975 e 1976 os membros da banda foron chamados á mili. Ao seu regreso comezou a aventura de gravar o disco e de buscar locais nos que tocar: "non era doado que nos deixasen tocar en certos sitios, a xente non estaba afeita a esta música, así que lle dicíamos que ademais de guitarras eléctricas tiñamos instrumentos clásicos, como violíns e frautas, o que era certo", di Xosé. Así conseguiron actuar, por exemplo, na Aula de Cultura de CaixaGalicia de Compostela, un concerto presentado por Benedicto e no que se xuntou tanta xente que mesmo romperon as portas do local. Os seus concertos eran basicamente instrumentais, moi densos, con longuísimas cancións cunha gran parte de improvisación, a constante presenza dun órgano hammond e guitarras psicodélicas.

240 euros en eBay
O álbum é unha alfaia para coleccionistas de todo o mundo, un disco e un grupo de culto, non só no Estado Español, senón en Alemaña, Canadá ou Xapón. Como informa Sono-tone pechouse unha subhasta no eBay do Reino Unido do que xa é o disco galego máis valorado a nivel internacional, cunha poxa final (realizada por un coleccionista de Canada) de 240 euros. "Nin eu teño o disco orixinal", di Xosé, "manda carallo". O disco é agora propiedade da multinacional BMG Ariola, que mercara RCA, que antes adquirira Zafiro. E alí está, no fondo dun catálogo, á espera dunha nova reedición. No ano 2000, de feito, reeditouse xa en Alemaña, recollendo de novo fantásticas críticas.

Tiñan material para un segundo álbum que nunca chegaría: "era difícil darlle saída a esa música en Galicia". De feito a banda continuou tocando en salas de festas e algúns dos seus membros, coma o propio Xosé Ferreiro, seguen na música, no grupo Os Apóstoles. O seu disco homónimo contiña cancións como "Na terra do verde chan", "A Titiritada", "Friki & Alexo", "Doente", "Hay un tren" ou "A trancas e barrancas". E cantaban en galego, como destacaban no texto de presentación do álbum: "Tratamos de facer camiño e cantamos en galego porque é un idioma que nos gusta. A nosa música para vós".

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-12-2007 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos na maré 2007

CANTOS NA MARÉ Documental

do mércores 12 ao sábado 15 de decembro
Proxeccións de documentais - Casa das Campás -entrada de balde-

Ábrese a programación desta V edición do festival coa presentación destes tres documentais, que a partires das raíces máis fondas amosan en imaxe o desenvolvemento musical e cultural de distintos territorios da lusofonía.

Quintal do Semba
pases en aberto: mércores 12, xoves 13 (16.30h)

Paulo Flores, director do documental, cantor e compositor angolano, representa o expoñente máximo do Semba na actualidade angolana e conmemora, ademais, os seus 20 anos de carreira. O documental reúne algúns dos expoñentes best-seller da música angolana arredor do proxecto dos máis tradicionais ritmos do Quintal do Semba: ao Vivo país. Paulo Flores, Carlitos Vieira Dias, João Ferreira, Dalú Rogée e Nanutu, entre outros, amosan un repertorio que presta unha viva homenaxe aos músicos que loitaron para a supervivencia do Quintal do Semba.
Duración: 133 min.
Director: Paulo Caldas

Só concertinas
pases en aberto: venres 14 e sábado 15 (17.30 h)

O acordeón, e máis concretamente a concertina (ou acordeón diatónico) é o gran protagonista deste documental de música vibrante, sinxela e festiva sobre a música do norte de Portugal, a "região do Minho".
Duración: 50 min
Director: Víctor Coyote
Alén Filmes

Lusofonía, a (r)evolução *
pases en aberto: mércores 12 (19h) e sábado 15 (13h e 19h)

Lusofonia, a (r)evolução é a carta de visita sobre a identidade musical lusófona. Este é un evento a escala mundial orientado á formación de músicos, DJs e produtores, que acontece unha vez ao ano. A súa produción durou cerca de dez meses, e ten como base 35 entrevistados, 33 bandas e videoclips e bibliografía. O seu obxecto foi a fusión entre elementos musicais autóctonos de Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, San Tomé - Príncipe e Guinea Bissau, e a súa integración en xéneros de música urbana actual. O resultado deste cruzamento é o nacemento de produtos musicais específicos da lusofonía, revelando unha identidade singular no escenario mundial.
Duración: 60 min
Dirección e produción: Red Bull Music Academy
Produción executiva: Mariana Moore

CANTOS NA MARÉ Encontro
xoves 13 e venres 14 de decembro

Encontros con artistas da lusofonía -Casa das Campás e Pazo da Cultura-

A programación destes encontros, estará orientada ao coñecemento da música lusófona co obxectivo de pór en valor a “elaboración” do programa, o achegamento de artistas de diferentes países da lusofonía e espallar o coñecemento musical.

Dirixido aos máis novos, emprégase a música como medio para dar oportunidade á comunidade infantil e mocidade, sería un momento de encontro coa música dun xeito real, interactivo e dinámico. O fin desta acción é conectar o evento coa poboación a través da interacción directa, e así pór en valor o espectáculo ao tempo que se espalla a cultura musical.

Vai dirixido aos colexios e institutos de Pontevedra e a afeccionados da música a través de colectivos.
Os horarios dos encontros estan planificados segundo a súa natureza.

Encontro cos estudantes de secundaria, xoves 13 (10.30 h)
Pazo da Cultura
Asistencia ao ensaio xeral e coloquio cos artistas
Encontro cos estudantes universitarios, xoves 13 (19 h)
Casa das Campás
Proxección documental Só concertinas
Presenta: Víctor Coyote, director
Duración: 50 min
Alén Filmes
Intervención unplugged cos artistas Ceumar (Brasil) e Paulo Flores (Angola)
Presenta: Camilo Franco, xornalista
Encontro cos nenos aula folque, venres 14 (19h)
Pazo da Cultura
Obradoiro, visita ao ensaio xeral e intercambio musical cos artistas

CANTOS NA MARÉ Rede
venres 14 decembro

Encontro profesional - Casa das Campás, (19h)
É posíbel unha rede de intercambio cultural entre os territorios da lusofonía? Que poderiamos gañar? Talk-show con xestores culturais internacionais do mercado europeo, Brasil e Portugal

Por vez primeira, e co obxectivo de contribuír a este intercambio cultural, a organización do festival crea “Cantos na Maré. Rede”, un espazo aberto de reflexión e debate (formato talkshow) entre axentes culturais internacionais, xornalistas e xeradores de opinión.
Co obxectivo de deseñar ferramentas que posibiliten a proxección a escala global, establécese esta activade cara profesionais, orientada á busca e contribución a un intercambio real de proxectos de cooperación e desenvolvemento económico, social e cultural.
Este espazo de encontro pretende iniciar un camiño de sinerxías que intensifiquen eixes no mercado global da lusofonía, contribuír a explorar e intercambiar impresións sobre o mercado da diversidade atlántica e impulsar procesos de converxencia que potencien e reforcen ás industrias culturais da lusofonía, así como futuros proxectos de coprodución. Este encontro profesional desenvolverase en formato talk-show coa presenza de programadores internacionais, xestores culturais e xornalistas de Galiza, Brasil, España e Portugal,

Duración: aprox. 2h

CANTOS NA MARÉ Espectáculo

Festival Internacional da Lusofonía. Pazo da Cultura - sábado 15 (21h)

Artistas convidados
Uxía (Galiza)
Paulo Flores (Angola)
Mercedes Peón (Galiza)
Ceumar (Brasil)
Nancy Vieira (Cabo Verde)
JP Simões (Portugal)

Banda Base
Paulo Borges (piano e acordeón); Manecas Costa (guitarra); Paco Charlín (baixo);
João Ferreira (percusión); Jon Luz (cavaquinho); Quiné (batería); Amadeu
Magalhães (cordas, frautas...); Davide Zaccarías (cello); Óscar Fernández
(acordeón e zanfona)

Venda de entradas
Anticipada: 10 €
Venda de entradas desde o 3 de decembro en www.caixagalicia.es ou no 902 43 44 43
Taquilla -sábado 15-: 11 €
Teatro Principal: de 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 19.00 h
Pazo da Cultura: de 19.30 h ao comezo do espectáculo
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-12-2007 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Xa á venda o disco homenaxe a Diplomáticos de Montealto
Vinte bandas galegas homenaxean aos Diplomáticos.

Hai xa dezaseis anos dende que os Diplomáticos de Monte Alto sacaron o seu primeiro disco, irrompendo no panorama musical galego co bravú. Agora, as bandas galegas réndenlles homenaxe.

Unha mestura de rock e carraxe con acordeón e alegría xurdiu do encontro entre Rómulo Sanjurjo e Xurxo Souto co guitarrista Guni, o baixista Afonso Moram e o batería Berto Moram aló a comezos dos 90. Dende aquela primeira Arroutada pangalaica até Kömunikandø, xa sen Souto, pasando por Parrús, Avante toda! e Capetón, os Diplomáticos crearon co bravú algo máis ca un novo estilo musical.

Agora, 120 capadores (komunikando.net-falcatruada 07), que xa se pode comprar en www.trastenda.com, e a vindeira semana nas tendas de discos, recolle o tributo de vinte bandas galegas.

Esta iniciativa de Komunikando.net e do Centro Social Atreu, agrupa dende os Rastreros de Chantada até Ruxe-Ruxe, dende A Matraca Perversa até Pulpiño Viascón, Galegoz ou os asturianos Dixebra… Ao estilo da Gallaecian Metal Compilation e o Manifesto Dobarrista (falcatruada 07), esta é unha compilación da música galega contemporánea que demostra de novo a súa forza.

www.anosaterra.com

Vai xa para dezaséis anos que Os Diplomáticos de Monte Alto botaban enriba da mesa unha boa arroutada. Méritos sobráronlles para entrar a formar parte do olimpo da música galega: polo seu son único e senlleiro, un rock alegre a golpe de acordeón, por liderar unha revolución social e artística que deu en chamarse bravú. Pero, sobre todo, por poñer en pé aos cen mil gaiteiros que agochaba esta terra…

A iniciativa de Komunikando.net e do Centro Social Atreu conseguíu arrincar 20 petiscos da música galega actual para esta homenaxe: dende os míticos Rastreros de Chantada, que volveron ao torreiro para este tributo, até os Festicultores, Lamatumbá ou Os Tres Trebóns, a actual banda de Xurxo Souto, voz nos Diplomáticos.

No dobre disco 120 Capadores atopamos a particular versión do Gaiteiro de Dixebra, o Castiburón dos Cuchufellos, Esta noite hei de ir aló d’O sonoro maxín e até o Subastado da Banda Potemkin, aínda que tamén as particulares revisións de Galegoz ou Safari Orquestra. Porén, o disco inclúe catro temas inéditos dos Diplomáticos ao vivo.

www.trastenda.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2007 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xose Manuel Budiño
O músico Xosé Manuel Budiño acaba de presentar o seu cuarto álbum, Home, un traballo feito integramente en Galicia pero con vocación universal.

Pregunta: Como se debe ler o título, á galega ou á inglesa (que significa "fogar")?

Resposta: Como ti queiras, porque en realidade nace con ese punto de ambigüidade. O 'leitmotiv' do disco é ese ano e medio de viaxes, no que estivemos por catro continentes, viaxando dende Bulgaria a Arxentina, México, Líbano, Marrocos, Dublín... Cada vez que chegaba a casa, viña cun feixe de melodías para colocarme no estudio e empezar a traballar nel. Foi un ano e medio entre viaxes, volver a Galicia e compoñer, arranxar e producir o que ía ser o disco, ata que se foi dando forma e deu este Home.

P: E desas achegas dende distintas culturas que se reflicten no disco, cales resaltaría?

R: Creo que todo, no subconsciente están todas estas viaxes. Pero non collín melodías doutras localidades, ou emulei a música que escoitaba, senón que volvín máis á música galega e conpuxen sobre a base musical que teño dende moi novo. Aínda que si fago referencia a todas estas viaxes. Como no tema Shokran, que significa 'Grazas' en árabe, pola acollida que tivemos no Oriente Próximo e en Marrocos. Era inevitable darlle as grazas á xente que tan ben nos tratou e que nos ensinou outra realidade que non é a que vemos aquí, que é distorsionada.

Colaboracións amigas
P: O tema multicultural non se reflicte só na música, senón tamén nas letras...


R: Sobre todo nos títulos. Nas letras, contei con Mercedes Peón, que canta o tema Inmaterial, do que fixo a letra. Hai outro tema escrito por Antón Reixa, Ollos de sal, cantado por Xoel López, de Deluxe. Tamén hai un tema tradicional, porque sempre me gusta facer unha chiscadela en cada disco á música tradicional.

P: Non se atreve vostede coas letras?

R: Non, prefiro contar con xente amiga, síntome moi cómodo compoñendo música para compartila con amigos e que eles dean outro punto de sal.

P: A colaboración de Xoel López pode atraer máis 'indies' ao folk?

R: É algo que non pensamos, porque nos coñecemos dende hai tempo e sempre existiron ganas de colaborar xuntos e cantando en galego, a Xoel apetecíalle moito. É curioso como empeza facendo letras en inglés e pasa ao castelán e agora o estamos traendo ao galego tamén. Xurdiu dunha forma natural. De feito, esta fin de semana estiven en Madrid con el na gravación do novo DVD en directo, con Amaral, Josele Santiago, e quixo convidarme a min tamén a que estivera coa gaita.

A frescura do directo
P: Ao ser un disco xurdido a raíz dunha xira, ten ese punto de espontaneidade do directo?


R: A min gústame que a xente veña á casa para compartir e exprimir ao máximo antes de encender as máquinas e poñerse a gravar. Gústame ese punto do directo porque é moi espontáneo, pero só se consegue na primeira ou na segunda toma. O disco está cheo de primeiras tomas e de intentar conseguir esa frescura.

P: Haberá que agardar ata Glasgow para velo sobre o escenario?

R: Si, estamos conformando a nova banda e presentarase en Glasgow o 19 de xaneiro. A partir da semana que vén, estarei na Habana para o centenario do himno galego. Despois de volver da Habana comezaremos de cheo co espectáculo que será musical pero tamén haberá videoproxecións, un deseño escénico, hai moita xente que nos está botando unha man, non só do mundo da música senón da multimedia, realizadores, vestiario...

P: Cada vez é máis importante a posta en escena...

R: Desde logo. Hoxe en día está moi ben a enerxía que flúe nun escenario, pero tamén hai algo máis que me gusta traballar, como a videocreación, a posta en escena, o deseño...

A influencia da vida, e da terra
P: Cal foi a evolución dende Paralaia, publicado hai dez anos, a hoxe, con Home?


R: Os catro discos son evolucións lóxicas. No primeiro disco tiña xa o meu propio estudo, pero vai cambiando con cada disco. A tecnoloxía vai cambiando e posibilita poder ter en cinco minutos unha gravación feita en Nova York. A tecnoloxía xoga un papel importante pero creo que a evolución a dá a vida mesma, as viaxes e a xente que vas coñecendo e o que vas palpando e absorbendo.

P: En todo ese tempo, a familia diríalle máis dunha vez iso de "déixate de gaitas"...

R: (Risos) Eu creo que xa están moi habituados. Empecei dende moi pequeno a tocar, dende os sete anos e xa forma parte do ambiente que se respira na familia.

P: Hai presenza do Morrazo, a súa terra natal, no disco?

R: Hai moita presenza, porque se gravou todo no meu estudo. Os fotógrafos son do Morrazo, o deseño aínda que é de Enric Francesc, vive no Morrazo... practicamente fíxose todo aquí. Ademais edítao unha discográfica galega, o disco fabrícase en Galicia, xa non tes que ir a Holanda ou Madrid como antes... É un produto integramente feito en Galicia. Estamos contentísimos con eso.

www.xeracion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2007 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Narf
Narf é unha das caras de Fran Pérez. A máis simbólica ou a máis tranquila. Narf está de volta dunha longa viaxe mundial e dun percorrido musical paralelo. Volveu para chantar un Tótem a maneira de cruceiro que sinale de onde veñen todas as músicas que forman parte do seu novo disco. Unha música do mundo que Narf considera «silvestre».

Musicalmente, Fran Pérez explica que o título do álbum amosa as súas intencións: «É un disco poliédrico, que marca un momento particular, no que hai moitas capas que se foron superpoñendo: desde a máis persoal ás influencias».

Narf explica que é un disco vivencial e que pesan sobre el as últimas viaxes. «Representa o punto de encontro de influencias musicais que se foron xuntando de maneira pode que azarosa ou pouco marcada polas afinidades xenéricas».
O músico sinala que as influencias son tanto vitais como musicais porque, segundo explica, non é «moi técnico na música». «Se estou en Cabo de Verde non fago unha morna, pero a música inflúeme igual», di.

Aínda que Narf puidese ser a cara máis acústica de Fran Pérez, o guitarrista pide calma ao barrio do rock ao asegurar que en Tótem hai «máis guitarras eléctricas que nunca». «Tamén veño de rock, pero nos discos as guitarras sempre están temperadas.». O carácter eléctrico das cancións vaise notar nos concertos, segundo Narf, nos que tamén quere que se note «esa condición múltiple deste disco».

Para o artista antes e agora coñecido como Fran Pérez hai dous argumentos fundamentais que percorren o disco, ademais da música, por unha banda está o seu «retrato simbólico, non literal». Por outra parte, «é un disco feito arredor dunha tribo artística da que eu podo ser a cara ou o catalizador, pero que ten para min unha importancia moi grande». Narf refírese a xente que participou con el en diversos proxectos; «desde Fausto Isorna, que fixo o deseño do disco, ou Xelís de Toro, que vai a participar na posta en escena, ata Carlos Santiago e Manel Rodeiro». Explica Narf que son xente coa que fixo «cousas diferentes e agora quería volver a facer algo con eles; non é un asunto de nostalxia, é como encontrar á xente despois de moito tempo e preguntarlle como vai a vida».

Narf leva unha temporada de viaxes e concertos entre puntos tan distantes xeográfica e culturalmente como Maputo e Brighton, pero explica que, aínda que os públicos sexa moi diversos, «a xente quere o mesmo». O músico asegura que «o mundo anda a golpes, pero a xente busca cousas que compartir e iso é o que quero facer eu, aínda que non entendan o idioma».
Iso é o que define o que denomina «música silvestre». Narf dálle ese nome porque «é como as flores do monte, son naturais e son bonitas». Asegura que cando a música é silvestre «vai máis ao estómago e logo pode ir ao corazón». Neste sentido apunta Narf que «o norte ten saudades do sur porque bota de menos algo do primitivo». O músico considera que Galicia ten unha vantaxe, porque «estando no norte aínda non perdeu de todo a naturalidade».

Fran Pérez non se considera un veterano, pero lembra que «en Galicia sempre houbo unha gran actividade musical, non é de agora». Describe a súa traxectoria como un «avance en espiral», porque «é como volver a pasar polos mesmo lugares pero a outro altura». No mediodía do deste luns, no CGAC, primeira cita do novo Tótem de Narf.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2007 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
A Nosa Terra diario dixital dende hoxe


www.anosaterra.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-12-2007 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Fábrica de Chocolate
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-12-2007 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción de palletas e pallóns

Esta ponte o xoves 6, venres 7 e sábado 8 de decembro, a Asociación Cultural Retrouso (Bueu) vai celebrar un Obradoiro de construción de palletas e pallóns.

O horario será de 4 a 7 da tarde e o custo é de 10 euros. Impartirao o artesán e gaiteiro do Hío Cristóbal Prieto.

Tedes toda a información no cartel adxunto e no blog http://www.blogoteca.com/retrouso

Agradeceriamos que llelo pasasedes aos que pensedes que poidan estar interesados...

un saúdo!!
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 04-12-2007 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Tino Baz

"Cinsa namorada", primeiro disco do músico e cantautor galego Tino Baz.

Editado por Casa de Tolos. Baixo a producción de Moisés Quintas e a colaboración de músicos galegos, como Rosa Galloso no violino, Lucía Martínez nas percusións, Moisés Quintas nas guitarras e cavaquinho e Juan Eiras no acordeón.

A presentación oficial será no Centro Cultural de A Guarda (Pontevedra) o vindeiro 19 de Decembro.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 04-12-2007 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Gala XXV Aniversario da A.C.G. Saudade de Barcelona

9 decembro 2007
ás 17:30 horas na sala 2 (Oriol Martorell) do Auditorio de Barcelona (C/ Lepanto 150 Bcn).
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2007 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada-Serán na Fábrica de Chocolate de Vigo este martes

Este martes 4 de decembro continua a tempada de Seráns na sala Fábrica de Chocolate de Vigo.

Desta vez en martes por coincidir con semana de festivos.

Agardamos a todos os festeiros que se animen a baixar até a rúa Rogelio Abalde e purrar por unha festa mensual onde poidamos tocar e bailar a gusto.

Serán na Fabrica de Chocolate
Cada primeiro mércores de mes DESTA VEZ MARTES
A partires das 22:30
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-12-2007 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco dos Alegres

O grupo de música tradicional Os Alegres de Pontevedra presentan o seu novo traballo discográfico “SOMOS DO LÉREZ”.

O acto terá lugar este mércores día 5, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra

Os Alegres de Pontevedra presentan outra pequena mostra do seu repertorio co único afán de preservalo, transmitilo, e tamén o de facer que quen o escoite se achegue e goce da música galega, concretamente da que recollen os cuartetos tradicionais de gaita dende principios do século XX ata a actualidade.

O criterio de traballo baseouse en tratar de respectar o máis posible a naturalidade interpretativa tal e como llela transmitiron os vellos mestres, mantendo unhas cotas de calidade musical que dignifiquen o traballo exposto.

Na súa audición poderemos apreciar unha ampla variedade de ritmos, desde os máis tradicionais como xotas, muiñeiras e pasodobres, ata melodías de máis recente incorporación, como o valse, a rumba e unha habanera arranxada para gaita e guitarra, ritmos plenamente incorporados ao acervo musical popular galego.

A selección de pezas presenta dúas vías de achega: por unha banda, melodías tradicionais que veñen sendo interpretadas polos Alegres dende a súa formación alá polo ano 1939 ata hoxe, tempo no que, o grupo, sen interrupcións, continúa a realizar actuacións moi diversas; por outra banda, composicións actuais que lles achegan os amigos, e que non podían deixar de incluír, ben sexa porque é unha boa maneira de mostrarlles o seu agradecemento, ben porque axudan a aumentar o valor deste traballo.

En definitiva, Os Alegres tratan humildemente de colaborar a manter viva unha tradición musical que nos representa, diferencia e ao mesmo tempo nos une e enxalza como pobo. Melodías para cantar, para bailar, para escoitar, para calquera momento, e coas que esperan remover a sensibilidade e a conciencia de quen a tiver durmida.

Na gravación das melodías participaron:

Begoña Louzao Filgueira: gaita.
Roberto Quintillán Rial: gaita e voces.
J. Laureano Muñoz Quintás: tamboril, paus, castañolas, cunchas, djembé, maraca e voces.
Ángel A. Aboal Bermúdez: bombo, aturuxos e voces.
Dionisio Aboal Bermúdez: charrasco, pandeiro, carrizos, trécolas, paus, castañolas e voces.

Colaboracións: Wenceslao Cabezas “Polo” (pandeireta), Manuel Cabada (voces), José Aboal “Pecas” (voces) e Raúl Cabaleiro (guitarra e voces).

O disco gravouse nos Estudios Savik Sound de Caritel (Ponte Caldelas), editado e producido por Edicións do Cumio.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2007 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
75 anos das Mocidades Galeguistas

Foron o berce intelectual de boa parte dos nomes que marcaron o devir da nosa cultura. Hai setenta e cinco anos, o 10 de febreiro de 1932, nacían na Coruña as Mocidades Galeguistas, un evento que o concello herculino celebra o vindeiro mércores 5 de novembro no Teatro Colón da Coruña ás 20:30, con entrada de balde.

Concertos de A Quenlla e Banda Potemkin nunha gala que tamén servirá para presentar en sociedade os primeiros dez minutos dun documental titulado A nosa terra é nosa, que percorre a experiencia vital dos fundadores deste movemento. O documental, dunha hora de duración, foi financiado e elaborado polo Concello coruñés.

A maiores, están previstas dúas mostras encol deste movemento.

Relacionado:



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2007 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Novas canles da TVG

Por fin sabemos algo das novas canles da TVG.

Na sesión dedicada as TDT autonómicas, Suso Iglesias, director xerente da TVG, considerou que “existe demasiada literatura e angustias sobre o escenario futuro” e lembrou que a televisión dixital “non é máis que unha tecnoloxía de substitución”, que achegará calidade e servizos interactivos que agora non existen, e que polo tanto “xerará máis traballo e riqueza ao redor dos medios audiovisuais”.

Indicou que a intención da TVG e desenvolver de xeito gradual catro canles dixitais diferentes que permitan ao ente público levar a cabo as súas funcións “como televisión dun país”.

Estas canles dedicaranse nun caso á programación xeneralista, noutro aos aspectos máis específicos de servizo publico, con contidos infantís, xuvenís e culturais –comezará a mediados do 2008-, en terceiro lugar un canal exclusivo de noticias –no 2009, unha vez rematado o proceso interno de dixitalización da TVG- e, posteriormente, un cuarto canal do que aínda se está a delimitar o seu plantexamento de contidos.

www.academiagalegadoaudiovisual.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-12-2007 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Pelo gato 24
Asociación de Gaiteiros Galegos preséntanos un documento audiovisual onde poderemos saber algunhas das tradicións da infancia: os seus xogos e cantigas.

Este traballo terá un claro interese docente e estará dirixido principalmente a alumnos do ensino primario.

O traballo, impulsado pola Asociación de Gaiteiros Galegos está realizado polos estudios de gravación Casa de Tolos e Mr Misto e editado por PAI Música.

"Pelo gato 24" conta con colaboracións de luxo como as de Sonia Lebedinsky (Fía na roca), Xabier Díaz, Leilía, Paulo Nogueira e César Longa (Treixadura), Señora Carmen (Malvela) ou Pancho Alvarez, por citar algúns exemplos. Interesante ¿non?.

A presentación será o próximo 8 de Decembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Permanecede atentos a este disco, pois trátase sen dúbida, dun dos discos estrela deste Nadal en Galicia.

www.pelogato24.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 03-12-2007 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chegou a fin de semana
Sexta feira 30 (Venres)
• Nova Galega de Danza no Auditorio Municipal de Narón ás 20:30
• A Compañía do Ruido no Pub D'Antón de Laracha
• Rosa Cedrón en Ferrol no Auditorio Fundación Caixa Galicia
• Som do Galpóm no Pub Fardela de Vilalba
• The Homens na Sala A Reserva de Carballo
• Brigada Bravo & Díaz na Sala Manteca Jazz (Vigo) ás 00.30 horas (5€)
• Luis Caruncho e Benito, regueifeiros no Bar de Vi (Balaidos-Vigo) ás 22:30
• Foliada no Salason de Cangas
• Foliada na Cafetería Lar das Pontes

Sábado 1
• The Homens na Fábrica de Chocolate de Vigo
• Nova Galega de Danza no Auditorio Municipal de Vilagarcía ás 21:00
• Ataque Escampe no Marrucho de Baiona
• Festival Arrincadeira en Noia: Cuchufellos,...
• Rasa Loba na Sala The Star de Carral (A Coruña)
• Nao na Sala Gatos de Melide
• Som do Galpóm no Mundo Celta de Bertamirans
• O Combo Roxo na Pecera (Vigo) ás 22:00 (5€)
• Serán en Couso (Gondomar)

Domingo 2
• Nova Galega de Danza no Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30
• Zenzar no Aturuxo de Bueu
• Domingos de Lecer en Ourense

O resto da axenda onde sempre: Axenda
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2007 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Domingos de Lecer no nadal en Ourense

Dende a Asoc.Cultural AOFT GOMESMOURO querémosvos convidar aos "Domingos de Lecer", que durante este mes de nadal terán lugar na zona vella de Ourense.

Os es as "GomesMouro" coordinamos unha serie de actividades vencelladas á música tradicional (coa colaboración do Centro Cultural Xaquín Lorenzo): obradoiros de iniciación, charlas, seráns e concertos que faremos nunha carpa na explanada das Burgas. Os obradoiros (para tódolos públicos), serán pola mañá, de 12 a 14 hs, fundamentalmente prácticos e participativos.

Comezamos este Domingo día 2 cun "Obradoiro de iniciación ao baile", para logo poñer en practica nos concertos e seráns a partires das 17 hs con varios grupos e asociacións ourensáns.

Así que , ánimarse a participar, e en calquera caso,vos agradeceríamos que difundirades esta información a quén poidera interesar.

Máis información:www.aoftou.spaces.live.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2007 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
4 de decembro: A Nosa Terra diario dixital

Hai veces que é imposíbel escapar da retórica, aínda que sexa unha práctica xornalística da que historicamente fuxiu A Nosa Terra. Aínda así, non podemos deixar de comunicarlles aos nosos asinantes e lectores que nos atopamos nunhas datas históricas para o noso proxecto.

Celebramos un centenario e, ao mesmo tempo, o 30º aniversario da nosa volta a Galiza logo do exilio bonaerense. E facémolo cuns cambios importantes polos que devecerían os nosos precursores, todos e cada un dos que puxemos en marcha este proxecto o 4 de decembro de 1977 e aqueles centos de accionistas, de colaboradores e asinantes que o sostiveron e o fixeron posíbel.

O 4 de decembro A Nosa Terra converterase nun diario que, seguindo os seus principios fundacionais, será quen de dar a coñecer o que ocorre en Galiza e no mundo cunha ollada propia e un prisma galego, co idioma como bandeira.

Ademais do diario dixital (www.anosaterra.com), estará nos quioscos e nas casas dos suscritores un semanario renovado, con máis páxinas, máis forte, máis plural e máis actual. Estes pasos, históricos, van ser posíbeis grazas a que, por vez primeira na nosa historia, van estar sustentados nunha empresa forte e consolidada da que non só forman parte centos de pequenos accionistas senón que, por vez primeira, capitais autóctonos, autocentrados, apostan por un medio nidiamente galego que defenda os intereses de Galiza, que son os seus.

A nosa “crise”, esta vez, é unha crise de crecemento.

www.anosaterra.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2007 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Lume na Palleira : O CANTO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
O sábado 1 de Decembro, teremos a oportunidade de escoitar unha nova edición de "O Recucho da Palleta" da man de Pablo Díaz Carro, que nesta ocasión centrarase no canto na provincia de Pontevedra.

Trataranse temas moi interesantes como por exemplo o emprego da pandeireta coa man esquerda nos concellos do norte da provincia e algunha curiosidade polifonica procedente do Concello de Cuntis. Tamén técnicas vocais diversas, como os cambios de octavas no medio de coplas ou entre coplas, casos encontrados en Mondariz e Salvaterra do Miño, así como explicacions do que é unha tocata cos seus ritmos, os finais só con voz rematando anteriormente, as percusións (pandeiretas, lejóns e añas) propias dos concellos do sur, etc.

Teremos tempo para escoitar curiosidades como a recompilación de campo feita na illa de Ons cos seu antigos habitantes, e moitas máis sorpresas que non vos debedes perder.

Non vos esquezades que a emisión de "Lume na Palleira" é os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2007 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Couso
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-11-2007 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Lapamán xa fixo valoración do Encontro

A falta de subir as fotos do Encontro de pandeireta galega e asturiana xa temos as primeiras valoracións de Rubén no seu blog.

A verdade que pasámolo xenial tanto o sábado como o domingo, festa, baile, canto, moi bo ambiente para o Encontro e un domingo moi ben aproveitado coñecendo a zona e a súa gastronomía.

A ver se subimos axíña as fotos do Encontro.

Un saúdo a todos @s pandereteir@s


www.blogoteca.com/lapaman/index

e segunda parte en

www.blogoteca.com/lapaman/index
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Arrincadeira 07
Arrincadeira 07
Festival Musical pola autodeterminación.


A segunda edición do Arrincadeira 07, desta volta no outono, terá lugar o sábado 1 de decembro no IES Campo de San Alberto (Noia) a partir das 22.30h.
Coma na anterior edición achégase á comarca de Muros-Noia unha proposta musical en galego moi atractiva, coa actuación de:

*O leio i arremecaghoná, cantautor punk (Compostela)
*Machina, banda de rock (Cerceda)
*Cuchufellos, speed folk (Manzaneda)
*Punk-Z, banda de punk (Portosin)
*Dark Dreams, banda de pop-rock (Noia).
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-11-2007 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
O venres 30, celebrase na Cafetería Lar a Foliada do mes de Novembro, última deste ano, pois o vindeiro mes non se fará por coincidir coas datas do Nadal. Temos o pracer de rematar con este acto o amplo e variado programa musical vivido durante tres semanas na nosa Vila en honor a Santa Icía, ditos actos foron como sempre, organizados polas distintas agrupacións musicais das Pontes.

Para este venres contamos con dúas actuacións: Empezarase aí pretiño das 22:30 cun grupo da casa xuntado para a ocasión “OSQUEOSINTEN”, os cales non lles faltarán ganas de facer disfrutar aos presentes. Un pouquiño máis tarde teremos o prato forte da tempada, así o require a ocasión por darnos a nós a responsabilidade de rematar os actos destas semanas adicadas á música. Serán “OS ZARAMBEQUES” de Cuiña (Ortigueira). Este grupo leva anos demostrando a súa calidade, mesmo formaron parte do cartel no Festival de Ortigueira deste ano, tocando no esceario Estrella de Galicia. A súa presenza servirá para presentar nas Pontes o seu recente disco “Son do Mare”.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-11-2007 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro pola Serra da Groba


Sábado 1 de decembro
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 30-11-2007 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Germán Díaz & Antonio Bravo en Vigo
Brigada Bravo & Díaz

Antonio Bravo, guitarra, live looping
Germán Díaz, zanfona, caja de música, live looping

Presentación de "Siete canciones republicanas". -na Sala Manteca Jazz (Carral, 3)
Venres 30 de novembro ás 00.30 horas.
Entradas a 5 euros.

En plena polémica pola Lei da Memoria Histórica en España achegase a nosa propia memoria jazzística coa estrea da música dun novo proxecto do zanfonista vallisoletano Germán Díaz e do guitarrista galego Antonio Bravo. Ambos crean, que non recrean, 7 Cancións Republicanas coa axuda do investigador e estudioso de cultura popular e tradición oral Luís Díaz Viana. Un proxecto que pretende chegar a ser CD nun futuro e que presentan co nome de Brigada Bravo & Díaz.

Son dous pero soan coma se fosen, polo menos, cinco. Cunha guitarra e unha zanfona pódese facer falar ao silencio. A música, como todo arte, non é unha cuestión de número nin ferramentas, senón de talento. Se se é un virtuoso do instrumento e Bravo & Díaz o son- pois mellor aínda, aínda que a habilidade de execución para facer fácil o difícil non baste.

Por encima diso está a capacidade de transmitir emoción, de evocar sentimentos coas notas. Servirse de melodías tradicionais para elaborar sofisticadas variacións supón unha senda tendida entre o culto e o popular que, desde o Renacemento, os músicos máis exquisitos viñeron transitando.

Para min constitúe unha satisfacción que Bravo & Díaz escollan "7 canciones republicanas" das que se recollen no meu Cancioneiro popular da Guerra Civil Española como punto de partida do seu traballo máis recente. En clave de jazz esa música clásica do século XX-, eles retomaron os esquemas melódicos daquel tempo mítico para facelos soar como algo inesperado e novo.

Ao escoitar estas cancións resulta case imposible non admiralos como músicos, pero máis aínda non conmoverse.

LUIS DÍAZ VIANA
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2007 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
The Homens. Unha banda de culto?
'Tres' é o novo traballo de The Homens.
Power pop en galego que nos remite ós Planetas e ó brit pop. O seu primeiro largo sorprende pola madurez das súas cancións. Novos matices e a espontaneidade de sempre

Esta semana baixei as escaleiras mecánicas dunha famosa tenda de produtos culturais na Coruña. Buscaba un disco en concreto dun grupo galego independente. É o seu primeiro traballo, pero non son uns descoñecidos.
"Ola, busco o disco e The Homens, ¿xa o tedes?", pregunto. "Oxalá, aínda non chegou, gústanme moito o que fan", responde o encargado da sección de discos.

The Homens é o trío composto hai tres anos por Martin Wu (voz e guitarra), Roi (baixo) e Xocas (batería) e ata esta semana levaban editados dous epés. Agora teñen xa o seu terceiro traballo, o primeiro disco longo. O título era evidente: Tres. E tres son tamén os formatos nos que se pode conseguir. Xa existe un digipack co disco en audio, mais tamén unha edición de luxo en vinilo do que apenas hai 500 copias e que incorpora un póster e un cedé cos temas en mp3, ademais da posibilidade de descargar os temas de balde, agás dous deles, na web do grupo: www.thehomens.com

O disco resulta sorprendente pola madureza da proposta e pola mestura de matices sonoros e rotundidade das súas cancións. "Tiñamos pensado como queriamos que sonase. Cada tema pedía un aire diferente e a buscalo axudounos Santi García, produtor do disco xunto a Víctor García", comenta Martin Wu.

O trío escolleu precisamente o estudo de García, o Ultramarinos Costa Brava de Sant Feliu de Guíxols, no que teñen gravado grupos como Nueva Vulcano o Tokio Sex Destruction. "El podía sacarlle moito partido ás cousas", di.

O resultado demostra o atractivo da súa proposta, pulida durante os últimos tres anos dando concertos por Galicia e Portugal e en bandas anteriores como Fame Neghra, Stay Pretty ou Street Fighter. O arrecendo dos temas lévanos ós Planetas ou ó brit pop dos noventa, así como a clásicos da súa discoteca como Fugazi ou Hüsker Dü. "Os Planetas son probablemente o grupo indie máis importante e nótase que os escoitamos, pero escoitamos moitas cousas", matiza.

O estilo de disco é máis aberto, con trompetas, acordeóns e incluso maracas, que se suman a unhas guitarras lúcidas e potentes. "Estivemos recuperando grupos do brit pop, pero gústannos moitos grupos británicos dos 60 e os 70, e incorporamos un pouco de todo", segue explicando.

Son etiquetas, igual que a autoimposta de power–pop, estilo que preconizan e que Martin Wu define con moita claridade. "Etiquetámonos co nome de power–pop, pero que é iso: melodía e enerxía", resume.

Outra das etiquetas polas que lles preguntan é polo feito de cantar en galego."Manda truco que sexamos exóticos no noso propio idioma", di Martin Wu. A normalización chegará ó galego cando se perciba como algo habitual que un grupo de amigos decidan cantar na lingua do seu país, na súa propia, calquera estilo musical. Aquí vivimos un doce momento para a lingua de Rosalía, na que podemos degustar o hip hop de Dios Ke te Crew, o funky de Cornelius, o pop verbeneiro de Lamatumbá e o power pop de The Homens. Só a fin da conversa xira en torno á socorrida pregunta sobre o emprego do galego, que por certo tampouco aparece moito nos suplementos musicais da prensa. "Este é un momento prometedor porque hai propostas con visos de callar", comenta.

O grupo é un defensor das Creative Commons –que propugna a transmisión de contidos libres pola rede–, polo que sempre colgou os seus temas na súa páxina electrónica. Conciliar este costume coa sinatura e coa discográfica Falcatruada foi "condición sine qua non". De feito, agora mesmo calquera pode baixarse os seus temas en lugar de ir á tenda, aínda que se perdería
dous temas só incluídos no cedé e no vinilo. "Para que a xente escoite os temas e os coñeza, e se lles apetece mercar o disco e ir a un concerto, que o fagan", di.

A arañeira constitúe un eixe fundamental para acadar a industrialización da música galega. "Atopar discos en galego na tenda debe ser normal, pero a rede e as discográficas non son incompatibles", apunta.

Dados a coñecer no underground galego, que agora habita a internet, Tres está recibindo excelente acollida por parte de portais especilizados, blogs e demais fauna do universo 2.0, o que non fai que perdan os papeis. "Facemos a música que nos apetece, pero sabemos o que hai. Tocamos porque nos gusta subir ó escenario e ir por aí dando concertos. O importante é pasalo ben e nótase que o pasamos ben", conclúe. O grupo celebrou unha festa de presentación o día 2 de novembro na Nasa xunto a Fanny e Alexander. E haberá sorpresas...

Dos saltos nun concerto ós matices

'Tres’ arrinca disparándolles ós nosos pés con Calamar, cun alento indie que nos lembra os Planetas, serve de single e está escrita para cantaruxar en directo mentres saltamos e cantamos: "Pa, pa, pa…". Cen días baixa as revolucións e deixa que a man de Santi García se note no son estupendo da guitarra. Pop puro. De novo xorden os Planetas e o son máis rasgado en Mr. Vai Mal, un canto ó pesimismo vital. Por primeira vez, a sección rímica do baixo e batería copan o protagnismo do tema, ata que unha parede guitarreira nos ofrece o retrouso de Monumento, que lle cantaremos á nosa moza no directo: "os teus ollos de animal, gárdaos en calquera sitio, alí onde os poida atopar". Oh, son Oasis, non son os Homens comezado o reproche macarra de Mira por ti, que imaximos cantado por Liam Gallagher ameanzado que "de ti non vai quedar nada".

Metade do disco e o ritmo non baixa, mais si cambia de rexistro coa psicodélica Opositora que ben puido ser composta mentres reescoitaban o Stg. Pepper’s. O lado máis garaxeiro aparece coa festiva Monte Moriah e a acelerada Bolsa de Toquio, onde cotiza a xenreira, e mantense con Dance the troita, un aceno ó gusto culinario dun grupo autodefinido por momentos de grastro-pop.

Rumbo final e loa ó Tour de Francia de Pereiro que só se pode imaxinar como banda sonora dunha viaxe, quizais polo pop indie máis actual. Prende o sol pecha o disco cunha autoflaxelación lembrando a Teenage Fanclub ou The Delgados. O malditismo era o que lle faltaba. Xa o ten todo.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2007 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de The Homens en Vigo

Na Sala Fábrica de Chocolate (Rúa Rogelio Abalde)

THE HOMENS + ZARPAELAMOR DJ´S
Sábado, 1 de decembro
22:30 H.
Entrada Única 5€


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-11-2007 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan os Obradoiros musicais en Cangas

A Concellería de Xuventude e Voluntariado do Concello de Cangas presentou o pasado 6 de novembro unha nova edición do proxecto OBRADOIROS MUSICAIS, que como xa sabedes é unha iniciativa que pretende afondar na formación musical dos novos artistas, achegando a Cangas a diferentes músicos de diversos estilos musicais.

Nesta ocasión achegaremos a Música Tradicional, e para escomezar contaremos coa experiencia e a acreditada calidade de catro músicos de gaita, percusión, requinta e canto tradicional.

Mestres dos Obradoiros

ALBERTO COSTAS: Percusión
LOLA FERNÁNDEZ PARADA (Lola de Ribeira): Canto
EDELMIRO FERNÁNDEZ: Gaita
XOSE LIZ DE CEA: Requinta
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-11-2007 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Narf
Leva vinte anos na música. Escoitámolo en Nicho Varullo, Os Quinindiola, Chévere, Psicofónica de Conxo e ducias de outros proxectos. Hai catro anos volveuse máis Narf que nunca, co sino do salmón. Agora saca do prelo o novo disco ‘Totem’, erguido coa “furia e a paixón” do que deixou a casa “sen máis que unha guitarra ao lombo”

“Son galego de Arxentina, galego de Alemania, galego de Cuba, de Suiza de Holanda, de Canadá, galego na Galiza imaxinaria. Son galego de Caracas, galego de Santiago, galego de Roma de Lima, do Cairo, de Bogotá, galego na Galiza imaxinaria. Non fago máis que atopar xente distinta. Coa mesma teima ca min”.

‘Galician Lullaby’ –con letra e música de Narf-Fran Pérez (Silleda, 1968)– é undos temas incluídos en Totem (de Asisó Produccións para Falcatruada), o novo disco do artista compostelán. Recén saído do prelo, foi estreado en acústica primicia mundial na gala de entrega do Premio Cineuropa a José Luis Guerín. O cineasta catalán confesaríanos máis tarde que malia o seu antinacionalismo endémico resultou engaiolado pola galega tendencia universal de Narf.

De Fran Pérez dixo Quico Cadaval –e xa que logo, será verdade–: “É um artista que sempre tivo a teima de lêr em sentido contrário todo o que lhe punham por diante. Tanto tinha se eram palavras, frases, músicas, paisages ou itinerários de transportes público”. Unha doenza sentimental que o dramaturgo ribeirense denomina “complexo de salmón”, por aquilo de avanzar contra a corrente.

Catro anos despois de Directo en Compostela, o seu álbum de presentación, Narf devólvelle á música a esencia rockeira que o acompaña desde hai vinte anos “cando Fran deixou a casa familiar sen nada máis que unha guitarra ao lombo”, en palabras do escritor Xelís de Toro.

‘Totem’ é un tributo á súa xeración, como insinúa Xelís de Toro no texto que acompaña o seu novo disco?
É que cando fas o segundo disco todo o mundo espera: Quen son os artistas famosos que vas convidar a cantar contigo? E eu aquí contei coa miña tribo. Procurei que estiveran representadas as mesmas persoas que me acompañaron e ás que acompañei durante todos estes anos. Xelís, Pepe Sendón, Carlos Santiago, a xente de Trigo Limpo... o que eu chamo a tribo artística.
Xa que os menciona, Trigo Limpo teatro Acert vai abrir o Finta’07 o día catro de decembro coa estrea de ‘Chovem amores na rua do matador’.

Fixo vostede a música?
Si. É e o novo espectáculo, escrito por Mia Couto e José Eduardo Agualusa. É a segunda etapa do proxecto Interiores e resultado do desafío lanzado a estes dous escritores para crearem um texto inédito para Trigo Limpo. eu púxenlle a música. este disco tamén é como un reencontro, porque partimos xuntos na viaxe hai moitos anos, pero algúns de nós, como Xelís, fomos indo e vindo por camiños lonxanos. De feito Xelís leva xa moitos anos en Brighton. Este cruceiro que é ‘Totem’ é coma un punto de encontro para nós.

E é que vida artística de Fran Pérez transita entre o rock e o teatro. Neste último campo recibiu diversos premios polas súas composicións, sobre todo na súa época con Chévere en espectáculos como Rio Bravo ou Annus Horribilis, escritas en sociedade con Pepe Sendón.

Tamén colaborou con grupos como Mofa e Befa, Compañía de María ou Ollomoltranvía. Fran presentou no 2003, como compositor e director musical, O Labirinto dos Soños e a súa adaptación teatral en portugués, na que tamén participou como actor con Trigo Limpo. Pouco despois inciaría a composición da banda sonora para a serie de animación televisiva, Ventura na Illa de Hypnos.

O título atopouno buscando ese punto de encontro?
Ese é un dos motivos. O motivo máis forte. E tamén como símbolo é moi interesante, porque o totem vaise construíndo por etapas, por capas: o teu pasado, os teus soños, os teus medos, os teus logros... Por iso en realidade pode ser unha especie de representación simbólica na que cada canción é unha etapa. Porque moitas destas cancións chegaron a min. Non é que eu dixese: vou facer un poema sobre o vinte e cinco de abril, senón que foron circunstancias que me levaron a facer estas cousas.

Foron chegando a vostede nas súas múltiples viaxes?
Si, pero é curioso porque estás en Mozambique, ou en Lisboa, ou en Cavo Verde... e ningunha das cancións que están feitas neses sitios teñen un estilo que se pareza á música do lugar. Se cadra ‘Afroblues’ fíxena na Habana e unha que poida parecer máis cubana, fíxena en Londres...

Reaxe con demora.
É iso, é que un tarda en dixerir, en precisar o que foi collendo de aquí e de alá.

Iso é unha saudade.
Non o dixo vostede mellor do que o podía dicir eu. Existen só sensacións que levas e que saen cando estás xa lonxe. Hoxalá tivera dito eu iso, porque iso é unha saudade. Cando estás lonxe é cando verdadeiramente entendes o que representou para ti.

Moitos dos que o acompañan en ‘Totem’ son os mesmos cos que estaba en Nicho Varullo ou nos Quinindiola.
É que se te fixa somos todos os mesmos Asisí Producións somos Toño Vázquez e máis eu, os mesmos que producimos o disco de Nicho Varullo.

Debo dicirlle que nun mercado do disco de Barcelona atopei o disco de Nicho Varullo por cincuenta pesetas.
Aquel de cartón? Si? Era todo noso. Tiñamos a nosa propia discográfica, que foi unha ruina, claro, xa se ve no prezo polo que vostede o adquiriu.

Non se crea, polo mesmo prezo comprei tamén dous de Machín
Levou tres clasicos, daquela.

Levei. E seguro que xa se revalorizou co seu éxito. Siga así.
Ademais, é moi interesante salientar que nós facemos todo autoproducido, como o faciamos entón. Por iso llo vendimos a Falcatruada, que se portou fenomenal porque houbo infinita liberdade na parte artística e creativa. E Fausto Isorna, que era o deseñador de Nico Varullo, é tamén o que fixo a portada de Narf.

O deseño do vinilo –que é o que había daquela– de Nicho Varullo era unha verdadeira marabilla.
Pois o león de ‘Totem’, tamén de Fausto, a min gústame pensar que é como a miña música: corida e coa forza do animal.

Esa forza regresou de cheo con este disco, aínda en acústico. estranaba o son no que se criou?
Claro. Eu escollín o acústico dun xeito práctico, porque precisaba un espectáculo práctico, doado de mover, simple, e no que puidera ser autosuficiente. Quixen isto porque o meu camiño é definitivamente a música. Nin quero nin podo facer outra cousa. Vivo disto, quero isto. E cos anos, nos diferentes proxectos que fas de maneira unida con outras persoas, con outros músicos, é difícil mover as cousas ao ritmo necesario para vivir disto, porque hai moitos que teñen outros traballos paralelos noutras historias. Escollín depender de min cando o precisara.

É por iso que se fixo cantante?
Ben, eu era o tipo que estaba detrás. Era o baixista e gustaba desa posición. Non é fácil avanzar cara a adiante. É unha cuestión de carácter e eu sempre preferín ser o tipo que estaba detrás. Resultábame máis cómodo. Pero chega un punto que seguir así é complicado polo que lle dicía antes, porque eu non quero outro camiño na vida que non sexa este e ás veces é difícil conciliar iso con grupos. Con isto non teño que recomezar de cada vez. Non teño que parar como con Nicho Varullo e comezar un novo proxecto. Comezar a Psicofónica e volver empezar.

Teñen a Psicofónica en stand by?
Imos facendo mutacións. A Psicofónica de Conxo é un grupo moi grande e moi difícil de soster no equilibrio necesario cando non todos nos dedicamos en exclusiva á música. Pero non está morto; está hivernando. Cero, a glaciación (reza o vocalista Carlos Santiago nun dos temas da banda).

Se non me trabuco, o seu disco ‘Totem’ non está editado plenamente con licenza ‘creative commons’, que permite descargar gratuitamente calquera tema, pero si ten catro ou cinco cancións á disposición libre do público...
Ese tema lévano en Falcatruada e non nos ocupamos plenamente del, pero hai tempo que penso na historia da descarga de música. Paréceme ben. Que a música circule e se copie non ten problema. Moi ao contrario, de aquí a pouco ímonos pelexar porque nos copien a música. Está claro. É unha sorte que a xente che copie porque chegas a máis xente.

E despois, aínda que sempre hai xente especialmente mesquiña, moitos descargan a música que ten licenza libre e logo apoian os grupos dos que gustan comprando o disco. Iso vivímolo, por exemplo, hai pouco na presentación do último de The Homens, que editan con Creative Commons e podes descargar os temas de internet. Non como ve vostede o efecto negativo que pode ter sobre o autor.
Eu levo vinte anos na música e de dereitos de autor nunca vin case nada. Supoño que lle interesará máis a quen fai un tema con repercusión mundial. Eu non me movo así hoxe por hoxe, aínda que non podo asegurar que diría nese caso.

Iso se quere facerse millonario cun hit.
Non claro, para min isto non é unha carreira de tres días. Non fago unha música pensando: esta vez vou dar no cravo, vou facer un retrouso estúpido co que me vou forrar.

A súa música tamén é política?
Todo é político. E nese sentido, a miña posición está clarísima. O efecto do capitalismo termodinámico vese rapidamente cando viaxas por África, por exemplo. Cando fun por vez primeira a Mozambique no ano 95, despois de saír dunha guerra, vías que o país non tiña melloras sociais, senón melloras materiais do tipo: todo o mundo quere ter un teléfono móbil. Creáranse unhas necesidades que estaban nunha escala superior á da xente. E non só iso, senón que había que ver como se vendía o produto, ao xeito absolutamente occidental, con roupas de marca occidental e baixo o epígrafe da Geração Giro. Sabes? O de muito giro. Eu tambem quero ser giro. E mentres, todas as feridas da guerra presentes. E todos os meus amigos músicos intentando sacar adiante a música nas linguas minoritarias, mentres ías a un local onde a xente cantaba música de Ricky Martin. Iso tamén nos aconteceu un pouco aquí.


“Son dunha cidade futurista. Coa alma enredada na espiral. Arcos, casas, flores de pedra. Que alguén sementou. A calma no medio do vendaval. Cidade misterio, aldea oculta Santiago. A maxia aparece, invade e transforma. Os camiños son ríos. A pedra un manacial. Cidade incompleta, faro errante, Santiago. A noite dispuxo que guiasen os astros. E saímos ao encontro. Dos que viñan do mar. Retumba na néboa círculos. Campá no tímpano mental. Berenguele lelé lelelé lelé. O lento lamento do temporal. A calma no meio do vendaval”.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-11-2007 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa que o viño fale. Escolle un viño etiquetado en galego

Unha cuarta parte das adegas xa etiquetan os seus viños na lingua do país

Dunha ducia de adegas que etiquetaban o viño na nosa lingua no ano 2003 pasouse a 115 dun total de 440 que existen en Galiza. Este foi o resultado de moitos anos de traballo e insistencia da Asociación de funcionarios para a Normalización Lingüística no seu obxectivo galeguizador. Agora, de cada ao Nadal, pon en marcha unha campaña para fomentar entre os consumidores a compra de viño etiquetado en galego.

A campaña, co lema 'Deixa que o viño fale. Escolle un viño etiquetado en galego' aparecerá proximamente nos medios de comunicación para suxerir que se mostre o apoio aos viticultores que apostaron polo idioma, como un xeito de compromiso co galeguismo alén do ritualismo.

O secretario da asociación, Xosé González, explicou que existe unha receptividade cara a este tipo de campañas a prol da lingua porque hai unha conciencia de país oculta que hai que saber aproveitar. O galego, neste caso, é un elemento de irmandamento e non de conflito. Por iso, a intención da asociación é trasladar esta campaña a todos os sectores relacionados co consumo, pois son os consumidores os que teñen maior capacidade de decisión e os que poden marcar a pauta na normalización lingüística.

A campaña conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellaría do Medio Rural, aínda que para próximas iniciativas esperan contar co apoio doutras consellarías. A idea é estender a normalización a outros eidos do sector agroalimentario, onde se concentra unha parte importante do cooperativismo galego, uns 30.000 traballadores, segundo González.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-11-2007 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Rematan os Encontros para bebés e familia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-11-2007 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Teresa Salgueiro deixa os Madredeus
Teresa Salgueiro sai dos Madredeus

Em entrevista à SIC, a cantora revelou que vai dedicar-se a novos projectos e falou, por isso, do seu mais recente disco, "Silence, Night and Dreams".

Durante mais de 20 anos, foi o rosto mais visível dos Madredreus. Viajou pelos mais diversos palcos do Mundo e o grupo português tornou-se um dos mais conhecidos no estrangeiro. Agora, Teresa Salgueiro decidiu que é tempo de mudar de rumo.

"Aquilo que seria necessário da minha parte seria uma disponibilidade, no fundo, igual àquela que eu tenho tido sempre, que é pondo como prioridade na minha vida os Madredeus. Falei com o Pedro (Ayres Magalhães) e decidi que não podia dar essa disponibilidade", explica Teresa Salgueiro.

E acrescenta: "É um grupo ao qual eu estou ligada e estarei para sempre. É toda a minha escola de música, é um percurso extraordinário do qual eu me orgulho muito e penso que é um grande privilégio fazer parte dessa história. Mas, neste momento, eu não podia também deixar de acarinhar todos estes projectos novos que surgiram".

Projectos como "Silence, Night and Dreams", o novo disco de Teresa Salgueiro, em colaboração com o compositor polaco Zbigniew Preisner.

"Silence, Night and Dreams" cruza a música clássica com a sonoridade electrónica; une textos bíblicos a preocupações modernas. O disco é um alerta para a falta de comunicação e a alienação do ser humano perante todos os dispositivos tecnológicos.

Depois de "Você e Eu" e de "La Serena", "Silence, Night and Dreams" é o terceiro disco de Teresa Salgueiro em apenas um ano. Ao cruzar sons completamente distintos, a cantora cumpre assim uma vontade: não parar de surpreender.


http://sic.sapo.pt
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 29-11-2007 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Bravú: Misión cumprida
Aínda que certos indicios apunten nos últimos tempos a unha intención de rescatar este movemento cultural que reivindica «a aldea como escenario», os seus creadores e ideólogos dan aquela etapa por zanxada

Un disco de homenaxe aos Diplomáticos de Monte Alto e unha afluencia de máis de dúas mil persoas á última edición do Castañazo Rock, no que se xuntaron especialmente para a ocasión os membros do mítico grupo Os Rastreros, son indicios, segundo algúns expertos que observan o panorama musical galego, dunha certa intención de recuperar a destempo o chamado movemento bravú. Xa saben, aquela «paixón que queima o peito», como o definiu un dos seus grandes inspiradores, Xurxo Souto, que naceu oficialmente en novembro de 1994, tras un manifesto nunha aldea chantadina, e que demostrou empiricamente, que o galego si valía para o rock and roll nun momento no que as primeiras guitarras eléctricas comezaban a chegar ao mundo rural e xa se comezaba a falar de agro-rock. Os responsables daquel brote de enerxía e autoafirmación (agora din que un anuncio de Gadis é pioneiros, nesta reivindicación do orgullo como galegos, cando aínda podemos recordar aqueles slogans de Souto cos que recordaba os nosos respectables orixes aldeáns) que disfrutamos desde mediados dos anos noventa din que o bravú como etiqueta xa está morto, pois "argumentan" naceu cunha data de caducidade «e non pretendíamos imitar aos Rolling Stones». Sen embargo, consideran que o pouso que deixou o movemento na escena galega, o que poderíamos chamar posbravú (licenza da que se responsabiliza este xornalista) fai innecesario calquera intento de revitalizalo. O propio Xurxo Souto, un filólogo metido a artista multimedia e actualmente director de programas da Radio Galega, confirma esta idea de que cada cousa ten o seu tempo: «Creo que hoxe en día desapareceron aqueles tabús que identificaban o mundo urbano como o único lugar onde se podían facer cousas interesantes e que a lingua ou a mentalidade galega estaba rifada coas creacións artísticas modernas».

Mesmo Richi, membro de Os Rastreros e cabeza visible da organización de Castañazo Rock, ten moi claro que os obxectivos do bravú están cumpridos ?«o do outro día foi unha simple escusa para facer unha homenaxe aos Diplomáticos», asegura? e cre que non tería sentido unha volta atrás, máis alá da nostalxia que envolveu a última edición do festival que organiza: «Os grupos de hoxe xa non falan de bravú, pero moitos cantan en galego, sen complexos, utilizando instrumentos de folk ou estilos de música foránea para reivindicar a nosa idiosincrasia». Esta é a mesma idea que sostén Alberto Casal, membro do equipo que dirixe o programa de TVG Xabarín Club, por onde pasan moitas das promesas da música moderna feita en galego e autor do libro Rock&Grelos. «Cando fixen este libro, en realidade estaba preguntándome se era posible que o idioma galego e a música rock fosen compatibles: o tempo demostrou que si e a herdanza do bravú está aí. Grupos como The Homens o Meu o demostran. Richie, pola súa banda, recorda ademais, que o movemento se estendeu a outros campos. Porque o bravú, aínda que nunha lectura xenérica se asimila exclusivamente á música, acabou levando o seu espírito a facetas tan dispares como a creación literaria ou a escultura. Quén non ten escoitado que Santiago Jaureguizar é un escritor bravú, unha etiqueta que o propio escritor leva con orgullo: «Houbo un tempo en que o galego, na literatura, semellaba que tan só servía para falar de patacas, de caciques, de tristura... pero eu dábame conta, durante o meu traballo como xornalista polo mundo rural lucense, de que na vida cotiá da xente había moito máis, cousas curiosas ou mesmo divertidas, como aquela rapaza que lle poñía ás vacas música heavy para que deran máis leite». Esa nova percepción das cousas para un xornalista que ata o de entón tivera pouco contacto co mundo da aldea e o espírito aglutinador de Xurxo Souto, sempre disposto a introducir para a súa causa todo o que estivera dentro daquela «paixón que queima o peito», converteron a Jaureguizar nun escritor bravú, no estandarte do neorruralismo, algo que el agradece na actualidade, «porque para min foi unha oportunidade máis de darme a coñecer». Son practicamente as mesmas ideas que manexa o escultor Primitivo Lousa, que recorda que de pronto se atopou cun grupo de artistas nas máis variadas manifestacións que compartían unha mesma inquietude: «a reivindicación do ambiente rural». Lousa explica que non decidiu entrar dun día para outro no movemento bravú. «Foi máis sinxelo que iso, dinme conta de que había xente coma eu, cunhas preocupacións semellantes, como a de beber do mundo que tes máis achegado, usar os recursos propios da túa contorna ou tratar de superar o illamento ao que te ves sometido porque non vives nunha cidade».

Un problema de etiquetas
O artista chantadino pensa, en calquera caso, que houbo «demasiada presa» por decidir quen podían ter esa etiqueta de bravú e quen non. Aínda que non o di explicitamente, semella como se a loita polo negocio económico ou as oportunidades que podían xerarse grazas a pertenza a este movemento cultural, que chegou a ter unha revista propia editada por Xerais, puideran telo debilitado. O membro do grupo compostelán Túzaros deixábao claro hai algún tempo nas páxinas deste xornal: «Moitos aproveitaron o tema do bravú para atopar un posto de traballo».

Primitivo Lousa ten unha visión máis amable do asunto: «Supoño que habería que ter deixado máis tempo para que os artistas se definisen, e, ao non facelo, o movemento tamén morreu demasiado cedo e non se puideron sentar as mellores bases para o futuro». Lousa se refire, por exemplo, aos problemas que seguen tendo os grupos de música para actuar nos pequenos concellos. Non é o caso de Pobra de Brollón, onde teñen de concelleiro de Cultura a Xabier, un compoñente do xa desaparecido grupo bravú Yellow Pixoliñas (cando menos eles se consideraban como tales, aínda que houbo quen os excluíu: unha vez máis o perigo da endogamia á que apunta Primitivo Lousa) que na actualidade compatibiliza a súa responsabilidade municipal coa participación no grupo Capitán Sonoro. «Se decidín entrar en política ?conta? foi precisamente porque sufrín os obstáculos que as institucións poñían para que a xente máis nova puidese tocar, e non falemos xa se se trataba de actuar na Televisión Galega, un terreo acoutado ás vellas glorias». Xabier pensa que o movemento bravú deixou un pouso importante, «a aldea como referente» e que nesta idea xa non hai volta atrás: «Agora mesmo non hai unha fin de semana que non toquemos, montouse unha rede de locais de ensaio e mesmo iniciativas como a do Igaem, que non discriminan aos grupos en función do idioma no que cantan, son moi beneficiosas».

www.lavozdegalicia.es







Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2007 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer