Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Foliada en Cerqueda (A Coruña)
Este sábado 28 de abril, organizado polo grupo de Música e Danza Raigañas, haberá un serán ou mellor dito unha Foliada, nome co que son coñecidas este tipo de festas na Comarca de Bergantiños.

A Foliada será na parroquia de Cerqueda, preto de Malpica de Bergantiños, Costa da Morte, zona rica en pandereteiras e bailadoras.

Dende Cerqueda estades todos convidad@s.
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-04-2007 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Vigo solidario este xoves
Cea serán de convivencia: Vigo Solidario
Xoves 26 de Abril, 19 horas na Pz. do Berbés - Vigo

As persoas sen teito “Fillas e Fillos de Vigo” e os usuarios do programa “Sereos do Casco Vello” promovido pola FAVEC e o Grupo Imán, aproveitarán a visita dos soci@s europeos do programa “My Voice” para convidar a toda cidade a compartir unha cea serán solidario (“Vigo Solidario”) cos que menos teñen. O que será posible gracias ás achegas e colaboración de diferentes entidades e empresas da cidade. O encontro terá lugar o vindeiro xoves 26 de abril na praza do Berbés a partir das 19 horas.

“Vigo Solidario” será un encontro cos que menos teñen, coa voz dos sen voz, unha tarde noite de convivencia na que se organizarán diferentes xogos, haberá música e sobre todo comunicación, para escoitar a voz daqueles a quen nunca se escoita, que convidarán á cidadanía a unha cea con arroz á mariñeira e empanada de bonito. Os convidados tamén poderán levar para compartir, os seus postres, os seus instrumentos, a súas voces, a súa ledicia e os seu bailes, para entre tod@s pasalo en grande.

A organización repartirá 300 racións, para as que se facilitarán as correspondentes invitacións que poden recollerse a partir do luns 23 de abril na Federación Veciñal “Eduardo Chao” (pz. da Princesa nº7), en CEDRO (rúa Pintor Colmeiro nº9) e no local de “Sere@s do Casco Vello” (rúa Elduayen nº15), aínda que as invitacións son limitadas convídase a toda a cidadanía a achegarse, a participar, a cantar, a bailar, poden levar algo ou sencillamente gozar do pracer de compartir este serán cos máis desfavorecidos.

Organizan: persoas sen teito “fillas e fillos de Vigo”, Sere@s do Casco Vello, Grupo Autoapoio IMÁN - U.A.D. Concello de Vigo, Federación Veciñal de Vigo “Eduardo Chao”.

Colaboran: ANFACO, restaurante O Pescador, diferentes empresas de mariscos e pescados do Berbés e a Comunidade Parroquial do Cristo da Victoria de Coia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2007 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
I Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
I Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
Sábado 28 de abril


A escola de baile tradicional e canto e pandeireta do Concello de Ramirás coa colaboración de: Escola Provincial de Danzas da Deputación de Ourense, Aula de música tradicional Gomes Mouro, Coanhadeira e a Banda de Gaitas do Concello de Ramirás organiza o sábado 28 de Abril de 2007 arredor das 21:00h, a I Noite de Fiadeiro.

Ultimamente estase a escoitar continuamente a organización de seráns pero a inmensa maioría nas Provincia de Pontevedra e A Coruña. Un serán é unha festa tradicional onde tanto novos coma vellos se unen nos bailes e cantos co fin de pasalo ben. Agora queremos incorporar esta costume tan estendida nestas dúas provincias a provincia de Ourense onde eran mais coñecidos os fiadeiros, que inda que variando no nome a intención era a mesma, a diversión.

Recordamos que o Concello facilita as instalacións do pabellón municipal (situado a 600 m aprox do Multiusos) para quen queira quedarse a durmir. Para esto é indispensable traer saco de durmir e avisar a alguén da organización.

Para calquera contacto ou información sobre o evento falar con :

• Alexandre Sotelino Losada (Organizador do fiadeiro e mestre da escola de baile tradicional do Concello de Ramirás )

• TELÉFONO: 639 90 80 05

• E-MAIL: Alexsote@hotmail.com
Alejandro.Sotelino@rai.usc.es


Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-04-2007 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Bonovo en Vigo
SUSPENDIDO!!!!!!

BONOVO

Na Sala Fábrica de Chocolate
Mércores 25 de abril ás 22:30 (Vigo)
Prezo: 5€

Óscar Fernández ::
A zanfona, instrumento de fonda raigame galega, toma unha nova dimensión nas súas mans, incorporando os últimos avances e complementándose cunha cadea de procesadores e samplers.

Roberto Grandal:
Sendo o acordeón unha máquina de acompañamento case perfecta, engade un envolvente baixo e un repertorio de instrumentos como piano, cordas ou frauta controlado ao vivo. Impactante!

Pulpiño Viascón :
Un multi-instrumentista sorprendente! Toca o serrucho e te mergulla coa súa voz “in the ocean”. A versatilidade e contundencia das súas percusións sustentan a rítmica de bOnOvO.

Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2007 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
25 de abril...Sempre!!!!



Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 25-04-2007 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
De Furanchos por Matamá
Imos engadindo as fotos da fin de semana.
Estas son do venres, coa ronda de Furanchos en Matamá, primeiro coa festa dos Crótalos no Furancho de Balsa e despois coa Foliada no Malaherba (antigo Matamáfolc)

De Furanchos por Matamá

O video...non precisa palabras

Comentarios (9) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-04-2007 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
Juanjo Fernández no Alalá de hoxe
A historia do Alalá do martes 24 de Abril, é a dun mozo que naceu en Madrid e terminou dándolle á súa vida un xiro de 180 graos. Alí creceu cos seus amigos tocando a guitarra ou indo a ver o fútbol ao Santiago Bernabeu. Sen ningún tipo de vínculo con Galicia, aquel mozo fixo 19 anos e tivo que ir facer o servizo militar a León. Alí a vida de Juanjo Fernández cambiou para sempre o día que pediron no cuartel alguén que tivera algo de formación musical para acompañar a banda de cornetas e gaitas nunha xura de bandeira. Daquela Juanjo xa tiña algúns coñecementos musicais e ofreceuse para facer soar aquel instrumento galego que se tocaba parecido á frauta. O que non sabía é que no momento en que puxo a gaita enriba do ombreiro a súa vida ía cambiar radicalmente... ata converterse nun dos mellores gaiteiros de Galicia.

Despois de rematar o servizo militar, Juanjo Fernández volveu a Madrid, pero en pouco tempo foi esquecendo as cordas da guitarra e substituíndoas polo punteiro da gaita. Eran os anos 80 e facíase raro ver un rapaz polas rúas de Madrid cunha gaita ao lombo. Case sen decatarse foi facendo da gaita a súa forma de vida. Como músico de rúa tocou por moitos recunchos do mundo, Madrid, Barcelona, París… pero a Juanjo faltáballe algo e canto máis tocaba máis quería tocar. Tres anos despois de dar a súa primeira nota, aquel mozo decidiu deixalo todo en Madrid e vir a Galicia para cumprir o soño que o alimentaba desde que saíu da mili: ser gaiteiro.

Hoxe en día, despois de 25 anos en Galicia, Juanjo Fernández é un dos investigadores principais sobre música tradicional da nosa terra e unha das figuras máis importantes no descubrimento do ancestral “toque pechado”, unha forma de tocar a gaita á que Juanjo dedicou boa parte da súa vida e as súas investigacións incansables por todo Galicia. Rodeado de amigos e coa familia en Lugo, Juanjo Fernández dá clase de gaita e séntese galego, algo imposible de negarlle a un home que loitou toda a vida para vivir como galego e ser un dos mellores gaiteiros de Galicia.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2007 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Gala "Ao Son do Tangaraño 2007"
Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2007 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Seminario de palletas

"O vindeiro DOMINGO 29 DE ABRIL , vaise a celebrar en MELIDE, o "II
SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA" organizado pola
Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa Asociación Cultural e
Musical O Castelo.

A Asociación de Gaiteiros Galegos con este seminario quere facer especial
fincapé no tema das palletas e pallóns e a estreita relación que esta
actividade ten coa construción e a interpretación do instrumento. Agardamos
que se cree un ambiente propicio para que se dea un proceso de intercambio
de ideas e opinións acerca dun tema que, en moitas ocasións, é obviado ou
non ten acadado a atención que merece por parte de estudosos, artesáns e
intérpretes da música tradicional e que, sen embrago, é fundamental para a
perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.

Abordaranse temas fundamentais e problemáticos tanto para artesáns como para
intérpretes que xiran en torno a afinación da gaita e todo se fará baixo os
garantes que proporcionan o coñecemento e a amplísima experiencia como é a
que teñen os participantes neste seminario: Antón Corral , X. Manuel Gil, J.
Luis Carballo Enríquez e Juan Brea.

Se queredes máis información sobre o seminario, podedes poñervos en contacto
coa Asociación no teléfono 986 847 074 ou ben mandando un correo electrónico
a: secretaria@gaiteirosgalegos.com"

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2007 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
50.000 páxinas visitadas
O Blog Malmequer supera as 50.000 páxinas visitadas en 2 meses.

Creo que cada vez estamos máis engachados con isto.
Grazas a tod@s por eses ánimos co blog, tanto a nivel de intercambio de información como a nivel de relacións para atoparnos e coñecernos nas festas, seráns, foliadas,... eses lugares nos que tod@s difrutamos da música, do baile, das tradicións, da cultura galega e de todos eses temas dos que gostamos tanto a xente de Malmequer.

Bikos a apertas pra tod@s

Vémonos en calquera foliada, serán ou festa galega!!!

Comentarios (12) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2007 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Gravacións de grupos tradicionais da Coruña
Un total de 17 grupos musicais acceden, algúns por vez primeira, ao mercado discográfico ao ter gravado en solitario outros tantos CDS a través do programa “Outra+Outra”, desenvolvido polo Centro de Iniciativas Mans, da Fundación Paideia, co patrocinio da Deputación da Coruña.

Son 17 CDS, do que cada formación musical terá un milleiro de exemplares.
A Fundación Paideia subministra ao programa os estudos Mans, situados na Coruña, e o traballo duns técnicos de prestixio, mentres que a deputación financia o orzamento da edición, toda vez que os grupos só sufragan unha pequena parte dos gastos. O único requisito para participar nel é estar integrados na “rede cultural” da Deputación coruñesa, a través da que cada ano se programan preto de 2.000 actuacións nos 94 municipios da provincia.

O vindeiro 15 de maio conclúe o prazo de presentación de propostas para participar na edición de “Outra+Outra” de 2007.

As formacións que dispoñen desde hoxe de nova produción musical son as seguintes:

-Banda de Música de Ortigueira
Título do CD: “Ortigueira, O Camiño da cultura”

- Agrupación Folclórica Ximiela (Louro-Muros)

-Banda Municipal de Música de Boiro
CD: XXV Aniversario

-Banda de Música cultural de Teo
CD: “O xeito do corpo”

-Coral Lembranzas da Terra (Valdoviño)
CD: “Sons da Frouxeira”

-Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe
CD: “Sons da Terra”

-Agrupación Antonio Ruibal e Ricardo Blanco (Ferrol)
CD: “Ilusións compartidas”

-Agrupación Colexiata do Sar (Santiago)
CD: “O Son das Ferriñas”

-Grupo de Baile e Gaitas Santaia (Oleiros)
CD: “Repichocas”

-Agrupación Artística Luceiro do Alba (Neda)
CD: “Preto de ti”

-Coral Polifónica Brisas do mar (Corme-Ponteceso)
CD: “A vella chalana”

-Madrigalia Coro de Cámara (A Coruña)
CD: “En entrando nun xardín”

-Big Band do Conservatorio profesional de Música de Carballo (Carballo)

-Banda Municipal de Carballo

-Asociación cultural Donaire (A Coruña)
CD: “Dálle donaire ao corpo”

-Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)
CD: “Camiño do centenario”

-Cántigas da Terra (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2007 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados II Concurso de Pandereteiras/os da AC Os Muíños de Oliveira

Gañadores do II Concurso de Pandereteiras/os da AC Os Muíños de Oliveira 2007

A decisión do xurado do II Concurso de Pandereteiras/os da A. C. Os Muíños de Oliveira, formado por Sandra Diéguez García, Fernando Saavedra Pereira, e Ana Fernández Lavandeira, foi a seguinte:

CATEGORÍA A:

3º premio: Grupo "D" da Escola de Muiñeira da AF Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela.
2º premio: "Fanfurriñas" da ACD de Muros.
1º premio: "Chiculateiras" da AX Xiradela, de Arteixo.

CATEGORÍA B:

3º premio: Pandereteiras do GBMT "Tahúme", de Ribeira.
2º premio: "Aleivosía" do Liceo Marítimo de Rianxo.
1º premio: "Lilaina" da AC O Castro, de Miño.

Os criterios que o xurado manexou para tomar a súa decisión foron os de interpretación, afinación, dificultade e autenticidade das pezas.

A organización do certame non é responsable da decisión do xurado, xa que esta é persoal e inapelable.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-04-2007 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de semana Tradicional
FIN DE SEMANA DE FOLCLORE GALEGO

¿Gústache a música e o baile? ¿queres aprender a fabricar instrumentos, tocalos e bailar? ¿Queres sair da rutina, relaxarte e desfrutar cunha proposta orixinal? Propoñémosche un paseo polo folclore musical galego durante todo un fin de semana, nunha afastada casa de turismo rural onde poderás achar, ademáis de tranquilidade, un lote de información sobre os instrumentos musicais, o canto e o baile tradicional galegos e, sobre todo, moita diversión e relax.

O lugar
Celebraremos o encontro na Casa da Alba, en Antas de Ulla, no mesmo corazón de Galiza. Trátase dun lugar para descansar, onde te poderás reconciliar coa natureza, coa vida e coa saúde a través da música, nun ambiente familiar e cálido. É un espazo aberto, respetuoso e sinxelo, un edificio de madeira de 800 m² construído baixo as normas de bioconstrucción e Feng-Shui.
Os compañeiros guías
Entre iles acharás a tres profesionais con moitísma experiencia que te guiarán neste percorrido que te transportará a tempos antigos, cando todo fluía máis despacio e a música axudaba a relaxar....
Rosa Sánchez ensinarache cales son os instrumentos de percusión empregados polas mulleres dende tempos remotos para acompañar o seus cantos, escoitarás e tocarás pandeiros, pandeiretas, latas, tixolas, cunchas, trécolas, ferriños, ....

Pablo Carpintero explicarache cales son e como se tocan os instrumentos melódicos e coñecerás a súa longa historia....verás como se toca a folla, a requinta, a trompa, as pipas de alcacén, o rabel, as gaitas de fol, o acordeón, as frautas de cana, e tantos outros...

Garantizámosche que con Gustavo Couto aprenderás o fundamentos do baile tradicional galego en dous días. O sábado pola noito todos xuntos botaremos unha boa baila e dende entón poderás dicir ¡sei bailar como os galegos!

As actividades.
Venres 1 de Xuño
Chegada pola tardiña, á hora que ti poidas, non hai presa. Cando todo o grupo esté reunido, a iso das 19:00 faremos unha presentación e unha posta en común, despois falaremos sobre o folclore galego, sobre o que sabemos da súa historia, sobre como o saber do pobo galego se perde na noite dos tempos. A iso das 20:00 tentaremos relaxarnos todos aplicando unha técnica especialmente deseñada para iso e cando xa o consigamos e guiados por Rosa e Pablo participaremos nun concerto de percusión onde poderemos tomar contacto con estes instrumentos galegos. Despois de cear aprenderemos a tocar todos eses instrumentos, cantaremos e tocaremos ata a hora que cada un teña a ben. Si eres músico podes traer o teu instrumento preferido, se non o eres tamén, e se non o tes, nos che proporcionaremos un, tanto ten que sexa galego como que non o sexa, djembés, pandeiretas, darbukas, pandeiros, bandires, congas e maracas serán ben recibidos pois so pretendemos pasalo ben achegándonos ós instrumentos de percusión.

Sábado 2 de Xuño.
Erguerémonos ás 10:00 e, despois de almorzar, asistiremos a un obradoiro de instrumentos musicais sinxelos. Ó longo de toda a mañán aprenderás a facer, afinar e tocar: frautas de cana (rectas e traveseiras), gaitas de sabugueiro e gaitas de cana. Aprenderás a manexar a navalla, os ferros quentes, a cera de abella e o fío. Non precisas traer nada, nós aportamos todo o material e ferramentas.
Despois de comer a iso das 14:30, o que queira durmirá unha relaxante sesta. Mais ou menos as 16:30 sairemos a dar un pequeno paseo no que verás que sempre hai cousas na natureza coas que facer música.... despois deste paseo faremos un seminario de baile de varias horas, nil Gustavo ensinarache os pasos básicos que compoñen tódolos puntos do baile tradicional galego e, cando estemos todos cansos, faremos outra sesión de relaxación para asistir a un concerto no que Pablo nos amosará a enorme variedade de instrumentos melódicos que hai no folclore galego. Despois de cear, a iso das 22:00, asistiremos a unha festa para que todos podamos poñer en práctica as ensinanzas de Gustavo e montar un auténtico serán galego ata a hora que nos veña ben.

Domingo 3 de Xuño.
Despois de almorzar a iso das 10:30 Pablo desvelarache tódolos segredos do aturuxo galego, xuntos estes berros, os exercicios de relaxación e os cantos acabarán por relaxarte completamente de paso que aprendes a facer algo que antes todos sabían facer: cantar, aturuxar e desafogarse.
Cando xa teñamos claro que é o aturuxo e como se fai, iremos a comer e, despois da sesta, a iso das 16:30 faremos o peche deste fin de semana de saber tradicional e partiremos ata volvernos a ver.

Prezo da fin de semana con pensión completa: 200€
Reservas e máis información en: 626588381 (Pablo Carpintero) ou 981 57 15 88 de 10:00 a 14:00 (Rosa Sánchez)
Prazas limitadas a 25 persoas.
Fin da inscrición: 25 de Maio.

Rosa Sánchez é bailadora e pandereteira do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. A súa andaina no folclore comezou hai 20 anos en Cantigas e Agarimos. Dende entón dirixiu varias escolas de baile tradicional e impartiu clases de canto e pandeireta en varias asociacións culturais e colexios. É tamborileira da Requinta de Xián e de Pablo Carpintero, a quen acompañou durante grande parte do seu traballo de campo por toda Galicia, Portugal, Asturias e parte de Zamora, polo que ten unha grande experiencia en música tradicional galega.

Gustavo Couto e bailador do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia e dirixe varias escolas de baile tradicional galego. Forma parte da directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos e é percusionista de Ultreia, de Pablo Carpintero e dos Campantes da Baña, tendo tamén unha ampla experiencia no traballo de campo por toda Galicia.

Pablo Carpintero Arias é doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Bioquímica nesta universidade e actualmente realiza un segundo doutorado sobre a gaita de fol no Departamento de Historia da Arte da USC. É membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous importantes grupos de recuperación de tradicions musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Produciu, ata o momento, varios artigos en revistas especializadas en folklore e sete trabalhos discográficos froito das investigacións de campo que nos últimos 15 anos ven realizando por toda Galicia, Zamora, Asturias e Portugal.
O seu traballo de investigación está centrado principalmente na evolución da morfología e repertorio da gaita de fol e na súa contextualización social e histórica, así coma no estudo dos instrumentos musicias tradicionais galegos. Colabora con institucións como o Consello da Cultura Galega, a quen cedeu en 2005 un arquivo composto de máis de 350 horas de gravacións de campo, a Radio Galega, onde periodicamente realiza seccións dedicadas ó folklore galego ou o Concello de Santiago de Compostela, con quen organiza actividades encamiñadas á divulgación do saber tradicional galego.
Para chegar á casa:
En coche:
Autovía hasta Lugo, coller estrada Ourense ata o Km 25 desvío a Lalín a 15 Km Antas de Ulla, cruce de catro camiños esquina Banco Pastor, carretera da esquerda a 1.5 km desvio á esquerda, letreiros indicativos Monterroso e La Casa del Alba, seguir 1.5 Km entrada á esquerda camiño de terra, letreiro “La Casa del Alba.
En avión:
Destino aeropuerto de Santiago de Compostela. Dende o aeroporto autobus a Lugo e parada en Palas de Rey (4,2 € autobús, 60 km, unha hora de viaxe ), alí poden recollervos por 6 € (15 km, 12 minutos). Horarios de autobuses no aeroporto: 7•30 / 9•45 / 11•30 / 13•15 / 16•30 / 19 / 20•30.
Tamén vos poden recoller no aeropuerto (30€ viaje).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2007 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Combate en Matamá
Hoxe á noite temos un grande combate de moito peso:

Dunha parte ás 23:00 no Furancho Matamáfolc....CONTRACOCHENOS


Dotra parte a poucos metros ás 23:30 no furancho Balsa....OS CRÓTALOS.


Que gañe o mellor...aínda que creo que haberá xente dabondo para os dous.

Saúdos e vémonos en Matamá (Vigo)

Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 20-04-2007 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiros arqueolóxicos
Venres 20 de abril
Conferencia: "A Minería romana do Ouro" na Casa Cultural do Cruceiro (Barcela-Arbo) impartida polos arqueólogos Luis Francisco López González e Yolanda Álvarez González, ás 20:00

Domingo 22 de abril
Roteiro arqueolóxico-etnográfico pola mina romana das lagoas, a partir das 10:30. A visita terá como guías aos mesmos arqueólogos. O punto de saída e a Casa Cultural do Cruceiro (Barcela-Arbo).
Comentarios (2) - Categoría: Roteiros - Publicado o 20-04-2007 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Rocio

Unha das ghaiteiras máis ghuapas da Galiza casa...para a miña amiga Rocio, Parabéns e por moitos anos!!!

E graciñas pola foliada de hoxe.

Moitos bikos!!!!
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 20-04-2007 02:57
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na Fábrica de Chocolate hoxe mércores

Como cada mes, unha nova Foliada-Serán na Sala Fábrica de Chocolate de Vigo (rúa Rogelio Abalde).

Mércores 18 de abril.
A partires das 23:00

Estades avisados!!
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-04-2007 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE REGUEIFA
OBRADOIRO DE REGUEIFA

Día: xoves 19 de abril
Lugar: A Esmorga. Rúa Telleira nº 9. (perto de Universidade). Ourense
Horario: de 22:30 a 24:00
Imparte: Luís Correa "O Caruncho"
Entrada/ Inscrición: 3€

Queremos volver a recuperar unha das tradicións máis divertidas e creativas que, ata fai ven pouco, era bastante habitual que xurdiran espontáneamente os xoves de Comadres e Compadres do Entroido ourensán.

Para elo, contaremos cun dos mellores improvisadores ou regueifeiros da Galiza: Luís Correa "O Caruncho" que empezará dando unhas nocións teóricas sobre os segredos das cuartetas, as rimas e a improvisación para pasar, de seguido, á parte práctica, pois non hai mellor aprendizaxe.

Animádevos a sacar o voso lado máis poético, inspirador, humorístico, retranqueiro ou irónico.

¡Esperámosvos!
Comentarios (10) - Categoría: Novas - Publicado o 18-04-2007 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Subidas novas fotos do Serán de Donas
Subidas novas fotos do Serán de Donas.

Serán de Donas
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-04-2007 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Xacarandaina no Alalá do martes 17

O grupo folk Xacarandaina ten novo espectáculo e isto é para os amantes da música e do baile tradicionais unha gran noticia, xa que se trata dun dos históricos do folclore galego, que leva case trinta anos a recoller aplausos pola súa perfección no escenario e pola fidelidade coa que interpreta as cancións e as coreografías que recolle directamente dos maiores nas aldeas. Neste “Alalá” comprobarase e asistirase a este espectáculo chamado “Prestixio”, baseado na enorme riqueza en música e tradicións da Costa da Morte.

Se algo caracteriza á Asociación Xuvenil Xacarandaina é que dentro dos seus dous mil socios hai familias enteiras, desde os avós ata os netos. No programa coñecerase a unha destas familias, en que os pais comezaron a asistir a clases de baile hai pouco, despois de ver o ben que o pasaban os fillos, e fartos de agardar por eles cando os levaban aos ensaios ou a actuar desde que os nenos tiñan catro anos ata agora que están preto dos vinte.

Ademais da sona do grupo de baile, a asociación é moi coñecida tamén polo Círculo de Actividades de Tempo Libre, xa que dos cursos que organiza sae a canteira dos bailadores e músicos que compoñen o grupo; pero a oferta de actividades ten para todos os gustos, desde clases de reciclaxe para cativos ás de pintura ao óleo, ximnasia ou bailes de salón, e os alumnos van dos tres anos aos setenta. Sen perder de vista o obxectivo co que naceu Xacarandaina: pasalo ben e divulgar o folclore galego moito máis alá das nosas fronteiras.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2007 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
I Fiadeiro en Maceda
Comentarios (7) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-04-2007 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Arrás!! en concerto. Presentación do disco.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-04-2007 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Historia da Zanfona
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-04-2007 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Donas

Xa están subidas parte das fotos do Serán de Donas, nunha noite preciosa.
Se non chega a ser polo meu accidente de coche todo sería perfecto... mecachiná!!

Serán de Donas
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-04-2007 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro polo Carballal de Coiro

Verdegaia e a Asociación ecoloxista Luita Verde organizan o vindeiro domingo 15 de abril un roteiro polo Carballal de Coiro.

Saída: as 10:15 da Estación Marítima da Ría (Vigo).
Regreso: sobre as 19:30, desde a Estación Marítima de Moaña.
Duración: todo o día

O itinerario previsto é o seguinte: Igresario románico de San Martiño (S. XII), núcleo rural da Xalde, monte da Paralaia, Alto do Xestoso (445 m.), aldea de Ermelo, Alto da Esculca (400 m.), val de Esperón, ribeira do Bouzós, monte da Pena, Igresario barroco de Coiro (S. XVII).

A dificultade é media-alta cun percorrido total de nove Kilómetros. O espazo natural do Carballal de Coiro abrangue unha superficie aproximada de 345 has. de superficie compartida entre os concellos de Moaña, Cangas e Bueu, na península do Morrazo. Está protexido a nivel urbanístico polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento provincial de Pontevedra dende o ano 1992 e na actualidade está catalogado como solo rústico de protección de espazos naturais segundo a LOUG.

Trátase dunha das masas máis importantes de bosque autóctono das Rías Baixas, xunto coa Carballeira de Nimo, ás beiras do Tambre, en Noia, na provincia da Coruña.

Para participar neste roteiro non é necesaria a inscripción previa
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 13-04-2007 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Unha débeda pendente
Dúas foliadas no Furancho de Balsa e non levamos cámaras pra inmortalizar o momento...

Como a nosa sona traspasa do virtual e chega aos furancheiros, en compensación eiquí deixamos a foto do culpabel de que este furancho de Matamá acabe sendo pasto dos festeiros e folclóricos que rondan Vigo.

En calquera momento da noite verédelo deixar a barra para coller calquera instrumento e acompañar aos músicos.

Un saúdo Balsa!!!
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2007 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Xaquín Xesteira, Ghaiteiro!!!!
Atopanse cousas boas por aí.
Un saúdo a Xaquín de todo Malmequer e graciñas por todos os concertos de Treixadura e en especial polo da Reconquista no Casco Vello de Vigo.

Xaquín Xesteira...GHAITEIRO!!!!

Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 12-04-2007 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Concurso Xiradela de pandereteiras
VIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XIRADELA 2007

Domingo 15 de abril no auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo.


Nesta séptima edición contará con dúas sesións:
1ª Ás 11:00 h da mañá para as categorías A e B.
2ª Ás 17:00 h da tarde para as categorías C e D.

• Os premios entregaranse ó rematar cada sesión (categoria A e B pola mañá e categorias C e D pola tarde)






GRUPOS DE PANDERETEIRAS

CATEGORÍA “A”

1.- “Meniñas” do Grupo de Pandereteiras Tarambainas: Ribeirana de Pazos e Xota de Toutón, (Pazos de Borbén e Mondariz).
2.- “Rebuldeiros” da A.C. Donaire: Muiñeira e maneo de Chamusqueira, Lema (Carballo).
3.- “Abaloira” da S.R. San Xoán de Calo: Muiñeira de Cabaleiros (Tordoia).
4.- “Pedravixía” da A.C. Adro de Baio: Cantareas de Herrerías (Vega de Valcarce).
5.- “Ruada” da A.A.V.V. San Paio de Coristanco: Agharrado e Muiñeira de Verdes (Coristanco).
6.- “Regalía” da A.A.V.V. A Coteleira de Cores-Nemeño: Serán en Queimadelos (Mondariz)

CATEGORÍA “B”

1.- “Quintán” da A.N.P.A. do C.E.I.P. de Mondego: Pandeiretada de Langueirón (Zas).
2.- “Farrapo” da A.F. San Lorenzo de Agualada: Pandeiretada de Monzo (Trazo).
3.- “Fiuza” da S.R. San Xoán de Calo: Xota e Pasodoble de Pigarzos (A Lama).
4.- “Artabria” da Escola de Bailes populares Iar da Coruña: Pandeiretada de Lendo (Laracha).
5.- “Álvaro Cunqueiro” da A.A.V.V. de Lago: Jota e Muiñeira de Erbecedo e Danza de Troáns(Coristanco – Curtis).
6.- “Lisquiñas” da A.C. O Castro de Miño: Maneo e Muiñeira de Montemaior e Mazurca de Padreiro (Laracha – Santa Comba).
7.- Grupo de pandereteiras “Tarambainas” de Vigo: Xota e Muiñeira de Liñares (Avión).
8.- Grupo “A” da A.C. Raigañas de Cerqueda: Canto de Riotorto e Muiñeira de Carcacía (Padrón).
9.- Grupo de baile e música tradicional “Tahúme” de Olveira: Serán en Paredes (Ponteareas).
10.- “Areliñas” da S.R. San Xoán de Calo: Muiñeira vella de San Salvador (Santa Comba).
11.- A.M.D.T. Quieroa de Mondego: Ronda, Jota e Muiñeira de Pigarzos (A Lama).
12.- “Maiola” da A.C. Virxe da Saleta de Silván: Ronda de Oroso, Nieva (Avión).
13.- “Mar Adentro” da A.C. As Neves de Buxantes: Pasodoble, Muiñeira e Jota de Traspielas (Fornelos de Montes).
14.- “Grupo “D” da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos de Santiago: Jota e Muiñeira de Piñeiro de Arca, (O Pino).

CATEGORÍA “C”

1.- “Xeira” da A.F. San Lorenzo de Agualada: Serán de Mourelle, Gargamala, (Mondariz).
2.- “Axeitadiñas” da A.C. Donaire da Coruña: Pasodoble do Rieiro e Muiñeira vella e Jota de Borneiro (Cabana de Bergantiños).
3.- Grupo “A” da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras: Ruada de Meixe (Boborás).
4.- “Rideiras” da A.X. Xacarandaina da Coruña: Añas, Jota e Pasodoble de Lourido, Covelo (Pontevedra).
5.- “Névedas” da A.X. Arume de Verdillo: Pandeiretada de Arcos (Mazaricos).
6.- “Álvaro Cunqueiro” da A.A.V.V. de Lago: Foliada de Limiñoa (Ponteceso).
7.- “Lanzalía” da A.C. O Castro de Miño: Pandeiretada de Santa Sabina (Santa Comba).
8.- “Bergando” da A.X. Limagoia: Muiñeira de Crespos e Danza de Camariñas (Serra de Outes e Camariñas).
9.- “Xadaime” da A.A.V.V. A Coteleira de Cores-Nemeño: Serán en San Vicente (Fornelos de Montes).
10.- “Xabredo” da A.C. Virxe da Saleta de Silván: Pandeiretada de Cambre (Malpica).
11.- “Taín” da A.C. Adro de Baio: Jota e Muiñeira da Xirazga (Beariz).

CATEGORÍA “D”

1.- “Trebellos” da A. X. Regueifa de Val do Dubra: Rúa de Painceiros (Campo Lameiro).
2.- A.C. Os Muiños de Oliveira de Ponteareas: Cantos, Xota e Muiñeira de Moscoxo (Fornelos de Montes).
3.- “Taravelas” da A.X. Xacarandaina da Coruña: Pandeiretada de Cances (Carballo).
4.-“Meigallo” da A.C. Carcaxía de Seaia: Serán en Traspielas ( Fornelos de Montes).
5.- “Velaí ven” da A.C. Donaire da Coruña: Canto e Muiñeira de Feilas e Jota de Espiñal (Riós – A Bola).
6.- Grupo de baile e música tradicional “Tahúme” de Olveira: Fiada en Baroña (Porto do Son).
7.-“Lilaina” da A.C. O Castro de Miño: Cantar, Maneo e Punteada de Cerqueda (Malpica).
8.- “Acibeche” do C.E.I.P. Salgado Torres da Coruña: Canto de Arrieiro e Pandeiretada de Goiáns (Carballo).
9.- “Donaire” da A.C. Donaire da Coruña: Polavila de Balouta (Ancares).
10.- “Riscadela” da S.R. San Xoán de Calo (Teo): Panto, Muiñeira e Xota de Cabaleiros (Tordoia).
11.- “Luneira” da A.F. Alborada de Santa Lucía: Serán de Toutón (Mondariz).

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-04-2007 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Fozara

Xa están subidas as fotos do Serán de Fozara.

Un saúdo para toda a xentinha coa que estivemos por alí e que nolo fixo pasar tan ben.

Bikos e apertas a tod@s!!

Serán de Fozara
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-04-2007 01:22
# Ligazón permanente a este artigo
Esta fin de semana toca elexir Serán

A elexir de tres, así que para atopar cada un sen problemas...

Vilasobroso xa aparece no mapa de seráns do blog
Mapa dos Seráns

Así que imos colocar a Donas e Angudes no seu lugar
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-04-2007 01:10
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Faisca
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-04-2007 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novo curso de Aturuxo
Comentarios (18) - Categoría: Novas - Publicado o 10-04-2007 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra o 14 de abril

Sábado 14 de Abril.
Pateada: Rouças
Saída Nº 69


Polas serra da Peneda. Catro anos despois volvemos a un dos lugares míticos para Congostra, probablemente a mais bonita pateada que teñamos feito nunca.

Esta é para non perdela.

Saída:
Sábado, 14 de Abril ás 9 en punto nas Almas Perdidas. (Baixo o pavillón polideportivo do Berbés. En fronte da entrada ao porto pesqueiro).
Saímos en punto. Para tomar café, ler a prensa ou pillar bocatas, media hora antes.

Percorrido: Ida e volta.

Duración aproximada: 6/7 horas.

De Interese: Paisaxes, brandas, seidas (cabanas de pedra), espectacular foxo do lobo completamente conservado. Alto da Pedrada, o punto mais alto desta serra.

Dificultade: Media a media alta. Se vai moita calor ou chove pode ser dura.

Organización:
A cousa vai ser así: Saímos de Rouças, subimos á branda de Gorbelas, (podemos darnos un aire a Junqueiras) Poulo da Seida, Foxo do Lobo e Alto da Pedrada. Moitos de vós xa coñecedes esta parte. Despois baixamos por onde viñemos

Á noite, os que queiran, visitarémo-lo Soajo, vale a pena, e cearemos alí. Non hai presa, é sábado.

Guía (a ver se á terceira vai): Victor

Saúdos
Congostra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 10-04-2007 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
II Concurso de pandereteir@s da A.C. Os muiños de Oliveira
Participantes no II Concurso de Pandereteiras/os 2007

22 de Abril do 2007, ás 16:00 no Auditorio Reveriano Soutullo (Ponteareas).

CATEGORÍA A (até 16 anos)

Pandereteiras do G. B. M. T. "Tahúme", de Ribeira.
Benxamín da A. C. F. "Orballo", de Pontedeume.
"Chiculateiras" da A. X. "Xiradela".
Alevín da A. C. F. "Orballo", de Pontedeume.
Pandereteiras da A. C. "Tremiñado", de Ponteareas.
Infantil da A. C. F. "Orballo", de Pontedeume.
"Grupo D" da Escola de Muiñeira da A. F. "Cantigas e Agarimos", S. de Compostela.
Pandereteiras da G. B. M. T. "Pedra da Garza" de Fozara, Ponteareas.
"Fanfurriñas" da A. C. D. de Muros.

CATEGORÍA B

"Loaira" da A. C. F. "O Fiadeiro", de Vigo.
"Aleivosía" do Liceo Marítimo de Rianxo.
Pandereteiras do G. B. M. T. "Tahúme", de Ribeira.
"Luneira" da A. C. "Alborada", Santa Lucía.
"Cordenaia" da A. C. "Airiños do Xunco", de Cervo.
"Lilaina" da A. C. "O Castro", de Miño.
Pandereteiras da A. C. F. "Orballo", de Pontedeume.
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-04-2007 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
No Alalá de hoxe martes: Quempallou

Ás 21:40

No Alalá do 10 de abril seguiremos a traxectoria de Quempallou, grupo festeiro xurdido entre o Morrazo e a montaña brava do Incio, mestura enxebre dacabalo entre gaiteirada feliz e cantiga de escarnio; entre foliadiña de baiúca e festa rachada de festival; entre cancioneiro e composición; entre acordes bonitos e arranxos directos. Así, por medio de xotas e muiñeiras e valses e polcas e que sei eu, van enfiando Quempallou as súas actuacións, para que absolutamente ninguén dos presentes deixe de sentir ese formiguillo incontible nos pés e ese profundo proído no peito que nos fai ceibar un aturuxo e botarnos a bailar un agarradiño coma tolos, ou un solto como podemos. Iso é Quempallou, a festa galega coa calidade que requiren os tempos, sen nos esquecer de nada, nin de ninguén.

Alalá vai ata a cidade das Burgas, en Ourense, onde vai ter lugar un adianto explosivo: a presentación de Polo aire, o terceiro disco de Quempallou, sete mozos cunha filosofía viva en canto á música se refire, xa que a súa máxima é que o público cante, baile, aturuxe, berre… nunha palabra que o pase en grande, pero sen esquecer as cousas da vida.

Daquela o equipo do programa estará en varios puntos de Galicia, desde o Incio (Lugo) ata o Morrazo (Pontevedra) e pasando por Ourense. “Quempallou” fala das cousas que lle preocupan e cunhas letras que “convidan a facer a festa sen esquecernos das cousas do mundo no que nos tocou vivir


Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 10-04-2007 01:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer