Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Roteiro pola Costa de Cangas
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 19-05-2007 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival de Cans (O Porriño)

O programa:
(agás das curtas nos galpóns, todo é de balde).

Mércores 23
Xornada especial para @s veciñ@s de Cans

21:30 h. Documental “Día de ramo”, un retrato da parroquia de Cans.
22:00 h. Curtametraxe “As farolas”, de Abelardo Rendo.
Sesión amenizada por Moncho e a súa Armónica e convidados especiais.
No Baixo do Bar Moncho, Cans

Xoves 24
No Porriño

Proxección da longametraxe “Abrígate”, de Ramón Costafreda
21:00 h. Actuación de Uxía, que interpretará temas da B.S.O. do filme.
22:00 h. Pase de “Abrígate”.
Círculo Recreativo Cultural do Porriño.
00:00 h. Concurso de Videoclips.
01:00 h. Sesión musical a cargo de Juan de Pablos (Flor de pasión, Radio 3)
Pub Tubulart.

Venres 25
En Cans

21:00 h. Proxección de “Só concertinas”, documental musical de Víctor Coyote.
20:00 h. Proxección de “Gritos en el pasillo”, de Juanjo Ramírez.
Longametraxe de animación de terror realizada con cacahuetes.
No Baixo do Bar Moncho

Noite de Estrea
22:00 h. Proxeccións:
● Videoclip gañador do concurso.
● “Os Cans de Lobato”, montaxe fotográfica de Xurxo Lobato sobre a edición anterior.
● Varios trailers de producións audiovisuais que se estrean nos próximos meses.
22:30 h. Entrega dos chimpíns de plata a un veciño e unha persoa do audiovisual pola súa colaboración co festival: o artesán Paco Candán e a actriz Teté Delgado.
22:45 h. Entrega do premio de honra Pedigree'07 a Antón Reixa.
23:00 h. Concerto de Víctor Coyote, Pablo Novoa e grupo de bombos Os Bravos de São Vicente
23:30 h. Concerto de The Ellas
No torreiro de Cans

01:00 h. Festa do Cine
Nos locais de Espacio Noite (O Porriño)

Sábado 26

11:00 h. Apertura da Can Parade
Nas leiras de Cans

12:00 h. Coloquio na Leira: Tristán Ulloa.
13:00 h. Sesión Vermouth: charanga The Turres Band.
No torreiro de Cans

13:30 h. Procesión de chimpibuses amenizada por The Turres Band.
16:00 h. Ponse en marcha o servizo de chimpibuses.
16:30 h. Inicio das proxeccións nas salas a concurso e no “Jalpón friki” (entrada gratuíta).
19:00 h. Intermedio. Actuación de Toni Lomba e Elio dos Santos.
20:30 h. Reanúdanse as proxeccións.
23:00 h. Entrega de premios.
23:30 h. Concerto fin de festa con Festicultores.
No torreiro de Cans

01:00 h. Festa do Cine
Nos locais de Espacio Noite (O Porriño)


Entradas

Ás entradas para o Festival dan acceso a todas as curtas a concurso (12 de ficción e 7 de animación) visitando catro salas-alpendres nas que se proxectan as curtametraxes participantes.
En total hai 480 tickets á venda. O acceso ás salas funciona cun sistema rotatorio. Segundo o número do ticket, deberás seguir unha orde para así poder entrar en todos os alpendres.
As entradas están á venda ao prezo de 6 € no Local Parroquial de Cans.

Só se poden mercar 2 como máximo por persoa e non se admiten reservas, así que non te despistes!

¿E SE NON TES ENTRADA?
Non te esquezas de que a maior parte das actividades do festival son de entrada libre e gratuíta. Non che fai falta ticket para acudir o xoves á estrea de “Abrígate”, do realizador porriñés Ramón Costafreda, para ver a estrea mundial e simultánea con Cannes da peli de terror friki con cacahuetes “Gritos en el pasillo”, para acudir á festa da noite do venres ao torreiro de Cans, coa actuación de The Ellas, para escoitar o coloquio matinal do sábado e bailar na sesión vermú de The Turres Band, para entrar no Jalpón Friki durante toda a tarde do sábado e ver as curtas que alí se proxectan, para pasarte polo torreiro e tomarte unhas cañas mentres escoitas a Toni Lomba e Elio dos Santos, para pasear polas leiras de Cans e ver as creacións dos artistas locais para a “Can Parade”, para acompañarnos ata a última hora do sábado, presenciar a entrega de premios e cerrar o festival co concerto-festa dos Festiclutores… Pásate por Cans e goza con nós do Festival.


Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2007 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Carboeiro 2007

Xa chegaron os VIII Encontros de Musica Tradicional en Carboeiro (Silleda)


Música,
Baile,
Festa,
Actividades,
Acampamento á beira do río,
....
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-05-2007 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Projecto Mourente...por fin en directo
Por fin chegou a presentacion en directo do Projecto Mourente, este 16 de maio na Sala Nasa de Compostela e parece que con moi bo éxito.

A ver se temos a oportunidade de velo polas Rías Baixas que o projecto promete.

Sorte!!



Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 18-05-2007 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Disco de Nova Galega de Danza

A música de Engado, o espectáculo co que a Nova Galega de Danza (NGD) está a percorrer o país, saiu a venda o día 14 de maio editada por Falcatruada e distribuída por Lonxa Cultural. Trátase de propostas onde a contemporaneidade bebe das raíces da música tradicional e do folk para desenvolver un estilo propio e definido. A equipa musical de NGD está encabezada por Xosé Lois Romero, e conta entre os seus integrantes con Pedro Lamas, Xavier Díaz, ou Suso Iglesias. Tamén está previsto que Falcatruada reedite Alento, un disco de Xosé Lois Romero que desapareceu das tendas hai un ano, e que acompañou a anterior xira de NGD acadando o V Premio Opinión ao mellor disco de 2005.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2007 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festival "A Sacho" en Mos
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-05-2007 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Marosa (Burela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-05-2007 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Temos lingua propia, queremos vivir nela.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2007 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
Día das Letras Galegas no Casco Vello
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2007 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Programación da Romaría de vilanova dos Infantes
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2007 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría en Vilanova dos Infantes (Celanova)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2007 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Día das Letras Galegas en Boiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2007 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Cea Malmequer-Amalghama

O lugar acordado, o momento fixado, as armas elexidas e os corpos e mentes preparados…vaise facer Historia

Lugar: Furancho Xunguiño, estrada Redondela-Porriño, Km 151 (ver mapa no blog Malmequer) (é máis preto ir por Puxeiros agás os que veñan de Redondela)

Momento: Mércores 16 ás 22:00

Armas: Instrumentos varios e gorxas afinadas…

Até que o corpo aghuante...

Comentarios (10) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-05-2007 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novas fotos do Serán de Valadares
Subidas novas fotos do Serán de Valadares

un saúdo a tod@s

Serán de Valadares
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-05-2007 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cea Malmequer-Amalghama...como chegar ao Furancho
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-05-2007 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Faisca o 19 de maio
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-05-2007 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Redondela o 19 de maio
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-05-2007 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
25 aniversario da ACG Saudade (Barcelona)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2007 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Día das Letras Galegas en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2007 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
"No bico, un cantar" este 17 de maio
O cedé «No bico, un cantar» poderase mercar co xornal "La Voz de Galicia" o vindeiro xoves ao prezo de 0,50 euros

Dezasete é un dos números máxicos da cultura galega. É o día de maio no que a lingua se viste de largo e ensina as súas mellores galas. Este ano a celebración das Letras Galegas estará reforzada pola edición dun disco que recolle a dezasete (non podía ser outro número) proxectos musicais galegos. Que a voz fose a protagonista das cancións e que a proposta sonora abrise novos camiños artísticos dentro da música do país foron as dúas premisas fundamentais para elixir aos artistas que compoñen un álbum recompilatorio, que é unha iniciativa da Consellería de Cultura en colaboración con La Voz de Galicia.

A gravación distribuirase o vindeiro xoves co xornal a un prezo de 0,50 euros baixo o título de No bico un cantar, un epígrafe que pretende mostrar que a palabra cantada foi un dos elementos centrais á hora de seleccionar a unha serie de bandas que se moven entre os límites estilísticos da música de raíz tradicional e o rock. Dar a coñecer ao público a eses novos artistas nun momento no que a música galega está vivindo unha idade de ouro é o mellor premio para esta iniciativa musical.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2007 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Valadares
Subidas as fotos do Serán de Valadares

Serán de Valadares
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-05-2007 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de semana de Seráns...cinco

Sábado 12 maio:

Serán en Pontevedra (Praza da verdura)
Serán do Mar de Rianxo
Serán na Capela de San Benito (O Porriño)
Serán en Morgadáns (Gondomar)
Serán do Muiño de Coiro (Cangas do Morrazo)
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-05-2007 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
A Cultura Galega móvese por Barcelona

Venres 11

Concert: Nit de les dones
Palau de la Música Sala Petit Palau
21:00, 12 euros

MERCEDES PEÓN
NORDESTIN@S
ROSA ZARAGOZA
(artista convidada)

Conferència audiovisual: Història de la Música Gallega
Galeria d'Art Sargadelos 18.30 h

Per Ramom Pinheiro Almuinha.
Director Artístic d’Ouvirmos S.L.
Professor d’Història de la Música Gallega al Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. Membre del Consell assessor de l’Arxiu Sonor de Galícia del Consello da Cultura Galega.

Sábado 12

Concert: Noite dos Maios
Plaça del Rei
20.30 Gratuït

BERROGÜETTO
DUMBALA CANALLA
(grup convidat)

Debat: L'ensenyament regulat de la música tradicional vs. l'ensenyament tradicional
Galeria d´Art Sargadelos 18.00 h

Ramom Pinheiro (Conservatori Folque, Lalin)
Rodrigo Romaní (EMAO, Vigo)
Toni Xuclà (Aula de Música Tradicional, Barcelona)
Jordi Fabregas (Tradicionarius, Barcelona)

Moderador: Xurxo Romaní.

Tallers d’instruments tradicionals de Galícia
Aula de Música Tradicional de la Generalitat de Catalunya, Centro Galego de Barcelona
10 a 14 h i 15 a 17 h
Preu: 12 euros
Reservas: escriu a songaliza@rede.cat

Gaita - Xaquin Xesteira
Acordió diatònic - Carlos Quintá
Zanfona-viola de roda - Oscar Fdez. Sanjurjo Pandeireta i cant - Pepa Yañez
Percussió tradicional - Francisco J. Feijóo
Violí tradicional - Alfonso Franco

(Mestres dels conservatoris de Música Tradicional de Galícia: EMAO-Vigo, CMTF-Lalín)

Domingo 13

Espectacle de dansa de cloenda del cicle
Palau de la Música Sala Petit Palau
20.00, 12 euros

NOVA GALEGA DE DANZA

Concert
Plaça del Rei 12.00, Gratuït

AULES DE MÚSICA TRADICIONAL
Actuació dels grups de les Aules de Música Tradicional de: Conservatorio Folque de Lalin (CMTF), Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) amb la col·laboració de la Fundació Sondeseu, i el grup estable de gralles de l’Aula de Música Tradicional i Popular de la Generalitat de Catalunya(AMTP).
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-05-2007 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
En contra de máis recheos en Bouzas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2007 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Cultur.gal en Pontevedra

Venres 11

10.00-14.00 Seminario sobre Comercio internacional do libro. Organizado pola Asociación Galega de Editores. Patrocina a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Espazo: Seminario I.

12.30-13.30 Concerto da Banda de música de Pontevedra.
Espazo: Auditorio.

12.30-14.30 Curtametraxes de ficción: Sen chumbo, Cartoons, Premio, Meniña, Amigos invisíbeis, A rosa dos ventos, Adeus Edrada? e Amelia e as sereas.
Espazo: O tubo.

13.00-14.00 Actividades para profesionais. Presentación do programa MEGA (Música en Galicia), promovido por Culturagalega.org.
Espazo: Seminario III.

16.00-18.00 Documentais: A casa de Lola de Andrés, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria e Mundo Bazar.
Espazo: O tubo.

16.00-21.00 Experimentar coa dobraxe cinematográfica. Con escenas de Heroína, Para que non me esquezas, Trece badaladas, Finisterre, O ano da carracha e O lapis do carpinteiro.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

16.30-21.30 Seminario sobre Comercio internacional do libro. Organizado pola Asociación Galega de Editores. Patrocina a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Espazo: Seminario I.

17.00-18.00 Novidades editoriais. Presentación da novela Plastilina nos pulmóns, de Jaureguizar, publicado pola editorial Tambre.
Espazo: Café literario.

17.00-18.00 Proxeccións. Trailer e making-off de Hotel Tívoli, de Antón Reixa.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

17.00-20.00 Emisión en directo. Programa As quimbambas, dirixido por Susana Rois.
Espazo: Radio Galega.

17.30 Stands editoriais. Os escritores Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, e o historiador Francisco Xavier Redondo Abal, autor de Botarse ao monte. Censo de guerilleiros antifranquistas en Galiza, asinarán exemplares das súas obras.
Espazo: Stand de Ediciós do Castro.

18.00-20.00 Curtametraxes experimentais: Longo sendeiro de pedra, Danza na terra, Paralelo, Estiven en Galicia e lembreime de ti, Dez olladas, Ecos e La línea.
Espazo: O tubo.

18.30-19.30 Lonxa cultural. Presentación do disco Engado, música de Xosé Lois Romero para Nova Galega de Danza (Falcatruada).
Espazo: Café literario.

19.00 Stands editoriais. O escritor Agustín Fernández Paz asinará exemplares da súa obra Corredores de sombra.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.30 Stands editoriais. O xornalista Eduardo Rolland asinará exemplares da súa obra Galicia en guerra.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.30-20.30 Novidades editoriais. Presentación de NDL (Novas de libros), revista de novidades editoriais da AGE, financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Espazo: Café literario.

20.00 Stands editoriais. O cineasta Héctor Carré asinará exemplares da súa novela Diario do impostor.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

20.00-21.30 Emisión en directo do programa Xabarín Club da TVG.
Espazo: Auditorio.

20.00-21.30 Concerto do grupo Malvela.
Espazo: Salón de actos.

20.30-21.30 Lembranza de María Mariño. Proxección do vídeo documental Estudos sobre María Mariño, de Manuel Forcadela.
Espazo: Café literario.

Sábado 12

11.00-12.00 Documentais. Proxección de Soños dende o abismo, de Sandra Sánchez Cachaza.
Espazo: O tubo.

11.00-14.00 Acción grafitti. Creacións en vivo de Sekone, muralista e ilustrador do colectivo Dios ke te crew.
Espazo: Entrada do Pazo.

11.00-14.00 Emisión en directo. Programa Extrarradio, conducido por Belén Regueira e Eduardo Herrero.
Espazo: Radio Galega.

12.00-13.00 Recital poético. "Prestidixitador e outras accións", a cargo de Antón Lopo.
Espazo: Café literario.

12.00-13.00 Stands editoriais. O escritor Carlos G. Meixide asinará exemplares da súa novela O home inédito.
Espazo: Stand de Rinoceronte Editora.

12.00-14.00 Curtametraxes de ficción: Sen chumbo, Cartoons, Premio, Meniña, Amigos invisíbeis, A rosa dos ventos, Adeus Edrada? e Amelia e as sereas.
Espazo: O tubo.

12.00-14.00 Xornada técnica. "A calidade na educación (O modelo finlandés)", conferencia do profesor Javier Melgarejo. A continuación, coloquio sobre a calidade no ensino coordinado por José Moyano, presidente de ANELE.
Espazo: Seminario I.

12.30-13.30 Multimedia. Presentación do videoxogo ELE (Efecto Ligado á Extinción), de Continental Producións.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

12.30-14.00 Premios da Asociación de Empresarios Galegos de Artes Gráficas. Entrega de premios e concerto de música clásica.
Espazo: Salón de actos.

13.00-14.00 PAI-Música. Concerto acústico do dúo Setesaias.
Espazo: Café literario.

14.30-15.00 Emisión en directo. Programa A casa do vagabundo, conducido por Rivadulla Corcón.
Espazo: Radio Galega.

16.00-17.00 Novidades editoriais. Presentación da novela Rinocerontes e quimeras, de Marcos S. Calveiro, publicado pola editorial Tambre.
Espazo: Café literario.

16.00-17.30 Documentais. Proxección de How soon is now?, de Alfonso de la Puente.
Espazo: O tubo.

16.00-18.00 Acción grafitti. Creacións en vivo de Sekone, muralista e ilustrador do colectivo Dios ke te crew.
Espazo: Entrada do Pazo.

17.00-18.00 Mesa redonda: A adaptación literaria ao cine. Participan Manuel Castelao, Pancho Casal, Pere Roca e Antón Dobao. Coordina: Manuel González.
Espazo: Café literario.

17.00-18.00 Stands editoriais. O escritor Carlos G. Meixide asinará exemplares da súa novela O home inédito.
Espazo: Stand de Rinoceronte Editora.

17.30-19.30 Documentais: A casa de Lola de Andrés, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria e Mundo Bazar.
Espazo: O tubo.

18.00-19.00 Novidades editoriais. Presentación do libro Arte e parte, de Xurxo Borrazás, publicado pola editorial Galaxia.
Espazo: Café literario.

18.00-20.00 Proxeccións. Trailer e making-off de O neno de barro (Adivina Producións). Charla co seu director, Jorge Algora, e co director de fotografía, Suso Bello, sobre as experiencias da rodaxe.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

18.00-20.00 Festicultores Troupe. Música de pasarrúas.
Espazo: Recinto feiral.

18.30 Stands editoriais. A escritora An Alfaya asinará exemplares da súa novela A sombra descalza.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.00 Stands editoriais. A escritora Teresa Moure asinará exemplares da súa novela Benquerida catástrofe.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.00-20.00 Lonxa cultural. Presentación do disco Revolution Dance, de GalegoZ (Ouvirmos).
Espazo: Café literario.

19.30 Stands editoriais. O escritor Fran Alonso asinará exemplares das súas obras Cartas de amor, Poetízate e A vida secreta de María Mariño.
Espazo: Stand de Ed. Xerais.

19.30-21.00 Documentais. Proxección de Memorial de Camposancos, de José Ballesta de Diego.
Espazo: O tubo.

20.00-21.00 Recital poético. "Poetas galegos: das cantigas aos nosos días", a cargo de Eva Veiga e o grupo Ouriol.
Espazo: Café literario.

20.00-21.30 Longametraxes galegas. Proxección de Concursante, de Rodrigo Cortés.
Espazo: Salón de actos.

21.00 Concerto de Concha Buika. Festival Con voz propia 07 (Venda anticipada no 902 43 44 47).
Espazo: Auditorio.

Domingo 13

11.00-12.45 Curtametraxes experimentais: Longo sendeiro de pedra, Danza na terra, Paralelo, Estiven en Galicia e lembreime de ti, Dez olladas, Ecos e La línea.
Espazo: O tubo.

12.00 Recital. Textos literarios para nenos e mozos.
Espazo: Café literario.

12.00-13.30 Mesa redonda: ilustradores e editores. Moderada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Espazo: Seminario I.

12.45-13.55 Documentais. Proxección de Traballadores do contrabando, de Víctor M. Aparicio.
Espazo: O tubo.

16.00-18.15 Curtametraxes de ficción: Sen chumbo, Cartoons, Premio, Meniña, Amigos invisíbeis, A rosa dos ventos, Adeus Edrada? e Amelia e as sereas.
Espazo: O tubo.

17.00-20.00 A animación cinematográfica. Exhibición de técnicas de capturas de movemento.
Espazo: Clúster do Audiovisual.

18.00-20.00 Festicultores Troupe. Música de pasarrúas.
Espazo: Recinto feiral.

18.30-20.30 Documentais: A casa de Lola de Andrés, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria e Mundo Bazar.
Espazo: O tubo.

19.00-20.00 Lonxa cultural. Presentación do disco Polo Aire!!, de Quempallou (Zouma Records).
Espazo: Café literario.

19.00-21.00 Longametraxes galegas. Proxección de Miña Sarah, de Gustavo Ron.
Espazo: Salón de actos.

20.00 PAI-Música. Concertos acústicos (showcases) de Moon Cresta e Cornelius.
Espazo: Café literario.

21.00 Concerto de Marful + Corpo de baile. Espectáculo de pago (entradas á venda no posto de información).
Espazo: Auditorio.

Nota: Os horarios sinalados neste programa poden estar suxeitos a alteracións de última hora. A entrada a todas as actividades é de balde, con excepción dos espectáculos que se celebrarán no Auditorio.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2007 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Este venres Concerto-presentación do novo disco de Quempallou

Venres 11 de maio no Liceum do Porriño ás 23:00 (5€)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2007 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Programa da Festa dos Maios
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2007 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festa dos Maios no Casco Vello
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2007 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Beni Candidata

Pois xa temos data para a presentación de Beni á alcaldía pedánea de Bembrive, este mércores 9 ás 20:00 na carpa do BNG instalada no Torreiro de Bembrive.

Unha Malmequer na política ou unha politica en Malmequer?.

Moita Sorte Beni!!!

Outros casos de candidatos artistas nestas municipais no BNG:
En Vigo a Xulio (Zurrumalla) e Xosefa (Ex-Cantadeiras do Berbés)
En Catoira Nando Casal (Milladoiro)
En Boimorto Xose Luis Rivas (Mini) de Fuxan os ventos e A Quenlla
En Cambados Xaquín Xesteira (Treixadura)
En Castro de Rei a Luis Tosar
...
Índa non temos video de Beni así que subimos un de Nando Casal.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2007 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso A polo ghit 2007 (A canción do verán)
1º Poderán concorrer ao concurso grupos ou solistas de todo o mundo, con cancións gravadas que teñan a letra en galego. As cancións serán de tema libre, e terán que ir orientadas a ser un ghit estival. A organización terá en conta este criterio á hora de desbotar posíbeis candidatas, igual que un mínimo de calidade acústica e musical.

2º Os formatos de gravación para presentar ao concurso poderán ir en CD audio ou en arquivos mp3 ou ogg, con calidade de CD. Tamén se admiten vídeos, sempre que a calidade do audio sexa a adecuada. Os participantes terán que enviar tamén un pequeno texto describindo o tema e os intérpretes, a letra da canción e mais varias imaxes.

3º Deben enviarse dúas copias de cada canción, unha a Radio Galega- San Marcos 15703 Santiago e outra a Vieiros - Rúa do Pombal, 43 Baixo - 15705 Santiago de Compostela. As cancións tamén poderán enviarse por correo electrónico a extrarradio@crtvg.es e mais apologhit@vieiros.com.

4º As cancións participantes iranse publicando na web do concurso por orde de chegada e serán difundidas a través dos programas da Radio Galega e da TVG. Os participantes ceden as súas obras baixo licenza Creative Commons que permite a libre desgarga, copia e distribución na rede e as obras derivadas, reservándose o dereito comercial sobre as mesmas.

5º O público poderá puntuar as cancións publicadas durante todo o tempo que dure o concurso.

6º O sábado 21 de xullo pecharase o prazo para recibir cancións e designaranse finalistas tendo en conta as votacións populares . Abrirase así un novo prazo de votacións para escoller o gañador.

7º O sábado 11 de agosto darase a coñecer a canción gañadora, tanto en Vieiros como no programa Extrarradio da Radio Galega.

8º Un xurado composto por persoas relevantes do mundo da música e da comunicación elixirá o gañador oficial do concurso, e establecerá as mencións especiais se así o considera.

9º Os gañadores de A Polo Ghit formarán parte da delegación galega que acudirá á feira do libro de La Habana no mes de febreiro de 2008 nunha viaxe organizada pola Consellería de Cultura. Ademais, a TVG gravará un videoclip profesional do ghit galego deste verán.

10º Os gañadores do premio do público e do xurado quedarán convidados a participar nunha festa especial organizada pola Radio Galega e Vieiros.

Como participar?
Mándanos a túa canción gravada ao correo electrónico apologhit@vieiros.com, ou ao correo postal no seguinte enderezo, poñendo no sobre "A polo ghit".
Vieiros. Rúa do Pombal 43, baixo. 15705. Santiago de Compostela

http://apologhit.vieiros.com/

Descarga o Cd de "A polo ghit 2006"
Portada e contraportada


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2007 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Dezassete... que se fai o doze (12 de maio)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-05-2007 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá, hoxe co cura das Nogais
O Alalá deste martes, 8 de Maio, é o primeiro que se lle dedica a un cura do rural. Anxo Eiriz é o cura das Nogais, en Lugo, onde leva 30 anos a difundir a música por todas as aldeas do concello, de aí que haxa lugares onde Anxo lles deu clase ao 100 por cento dos rapaces e, por suposto, sen cobrar un peso. Anxo toca de todo: clarinete, trompeta, gaita, violín, piano, trombón, frauta traveseira e un longo etc. Cada alumno é un instrumento e unha ilusión, porque nas Nogais ninguén toca polos cartos, de feito di Anxo que se non fosen amigos non serían banda, por iso entre todos forman a Banda de Música das Nogais.

Anxo ten dúas fes compartidas, que son a relixión e a música, pero por riba delas está a fe que ten nas persoas, por iso a súa casa sempre está aberta para todos aqueles que queiran ir alí aprender a tocar. Ao longo destes 30 anos de difusión da música son incontables os alumnos que pasaron por alí. Por iso na banda das Nogais hai músicos desde 9 ata 84 anos e todos comparten a amizade da banda e o mestre que os une. Quizais por iso á Banda de Música das Nogais non lle fai falla tocar para un auditorio cheo de xente ou nunha gran festa, pois eles tanto tocan á saída dunha misa coma nun bar dunha vila despois do ensaio. Así lles aprendeu Anxo a ser músicos de partitura que viven cada nota do seu instrumento.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2007 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Certame Folk de Radio Obradoiro
O escenario do Teatro Principal acolle o venres, 11 de maio, a final do VIII Certame Folk Radio Obradoiro. Tras pecharse o prazo de entrega de maquetas, e ante as máis de vinte presentadas ó concurso, a organización seleccionou catro, seguindo criterios estritos de calidade musical.

Finalmente, as agrupacións que competirán polo primeiro premio, que consiste na gravación dun disco, son: Ghaita Depedra, Lúa D"Fouce, Pradairo e Xanzá.

Todos eles interpretarán tres pezas, polo menos dúas de composición propia. Será un xurado formado por cinco persoas relacionadas co mundo do folk o que decida quen é merecedor do máximo galardón.

Ghaita Depedra é un grupo que chega dende Lugo. Está formado por José Varela (violín e zanfoña), Luis Rodil (frauta e gaita galega), Xavi Fernández (guitarra e bouzouki), Lourdes Armesto (voz, pandeireta) e Pablo Condo (bodhran e outras percusións). Nacidos no ano 2001, actuaron xa en numerosos puntos da xeografía galega e posúen unha páxina web, a consultar no enderezo www.ghaitadepedra.com.

Pola súa banda, Lúa D"Fouce, dende a capital galega, está integado por José María Barbado, María Aránzazu Alfaya, Jara Ortiz e Marcos Luis Varela. O grupo ten só un ano de vida, e aínda que deu os seus primeiros pasos como dúo, agora preséntanse como un cuarteto. Os instrumentos que empregan os compoñentes son voz, acordeón, gaita, guitarra acústica, percusión e percusión tradicional.

En canto a Pradairo, igual cós anteriores, tamén nacen ó longo do ano pasado. Proceden de Teo e teñen dez compoñentes. Son Ana Belén Ferreira (pandeireta e voz), María Alejandra Golán (pandeireta e voz), María de los Ángeles Ferreira (pandeireta e voz), María Elena Ferreira (pandeireta e voz), Nuria Golán (pandeireta e voz), Carlos Mosquera (gaita e voz), Esteban Lamas (acordeón e voz), José Antonio Ferreira (gaita e voz), Ricardo González (percusións) e Roberto Rama (saxo e voz).

Xanzá, o cuarto dos finalistas, naceu en outubro de 2003 en Sarria, Lugo, coa intención de potenciar a música tradicional galega. Os seus integrantes son David Páez (gaita, frauta e pandeireta), Jorge Aira (guitarra), Carmen López (acordeón e piano), Alejo Pacín (violín, gaita acompañante), Tania Balboa (oboe), José Antonio López (piano e trompeta), Julio Villanueva (bombo, bombardino) e Ismael García (tamboril, charrasco, carrañolas, djembé/darbouka).

O gañador do primeiro premio sumarase á lista dos que xa o fixeron nas sete edicións anteriores: Alfolíes (2000), Quempallou (2001), Roi Xordo (2002), Grodan Defló (2003), Xochilmica (2004), Arrás!! (2005) e Dani Bellón e Diego Maceiras (2006).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2007 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xabier Díaz

Despois do marabilloso "Músicas de salitre" eiquí temos o novo traballo de Xabier Díaz "Coplas para Icía".

http://www.xabierdiaz.com/coplasparaicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2007 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Voz de Galicia do 26 de abril e concerto 1º de maio
Pois xa vedes Malmequeriáns tod@s, a nosa sona xa traspasa os medios virtuais e aterramos nos medios escritos. Iso si, a foto é orixinal deste blog polo que tivo que sair de eiquí.

Non sei como acabamos na Voz, pero aí estamos Edu, Xose e máis eu dandolle ao remate da festa do Serán de Donas. A foto non é que se corresponda precisamente co Serán... eu diría máis ben co Post-serán e no noso máis xenuino intre de "échenos ighual o que cantemos, a cuestión é facer festa".

E non é que Xose estivese a bocexar, podemos dar fé que estaba a cantar, que a esas horas sempre lle damos gañas e é que para o esceario somos moi tímidos (agás Edu, que non lle importa tocar só), pero para cando xa non queda ninguén aí lle metemos os derradeiros azos para rematar a noite roncos e entre amigos.

Un saúdo festeiro a todolos que estabades alí.
Henrique



Aproveito o post aberto en Resacosix, neste caso que nos atinxe nunca mellor nomeado, para subir unhas fotos do Concerto contra a precariedade laboral organizado pola CIG mocidade en Castrelos o 1º de maio.

Uff, que resacosix...

Reservome algunhas fotos que creo que nunca verán a luz, pero sei que hai testemuñas desa tarde-noite...que ben viña unha maquina para eliminar a memoria.

Como non ten moito que ver co tema en cuestión tradicional, e porque foi como foi, calquera día desaparecerá da sección de fotos...Censurado!!!
así que aproveitade a ligazón para velas.

P.D.: De Fiz si que me lembro...

Concerto do 1º Maio
Comentarios (0) - Categoría: Resacosix - Publicado o 05-05-2007 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer