Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alalá en Cabana de Begantiños
Hoxe, martes, día 12/06/2007

Alalá viaxou ata un concello rico, o de Cabana de Bergantiños, rico na paisaxe de forza da terra e do mar; rico no tempo, xa que un pode achegarse ata o Castro de Borneiro ou ata o Dolmen de Dombate, e, coma non, rico na tradición musical, pois aquí o que non regueifa bota unha copliña con moita graza, quen non toca a gaita ou a pandeireta recorda un poema, e o que non quere botar arte pola boquiña, amósaa con todo o corpo e fai calar a todos cun baile, porque só aquí se conservaban bailes hipnotizantes como a Muiñeira Vella ou a Jota Roubada. En Cabana de Bergantiños hai un artista por metro cadrado e coñecerémolos a todos, así que o equipo do programa veu ata aquí e aquí quedou. Con toda esta riqueza é normal a cantidade de tradición oral que había e hai por estas terras. Non hai moito tocaban por aquí os míticos gaiteiros de Neaño co “ghai ghai”.
Pero á parte dos gaiteiros, aínda quedan cantos de cego, de arrieiro, regueifas ou coplas. De feito, as coplas que se conservan aquí son moitas delas en galego, o que ten dobre mérito. As coplas son rimas con moita retranca que dúas cantareiras ou cantareiros enlazan segundo o tema.


O grupo “Ruote” ten no seu repertorio bastantes pezas recollidas nesta zona por Pablo e Olga, dous dos seus compoñentes e guías desta viaxe por Cabana de Bergantiños. Xuntos no persoal e no laboral, levan pateando este recuncho do mundo dende hai case 20 anos recollendo cada copla, cada baile e cada peza musical ou cantada, sendo investigadores e profesores, porque todo o que recolleron ensináronllelo como é aos rapaces da súa aula de música tradicional “Donaire”, na Coruña. Unha historia de amor e artistas, como as de antes.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 12-06-2007 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Ricardo Portela ao vivo
Muiñeira de Pontesampaio.

Intérprete: Ricardo Portela acompañado por Xosé C. Villar "Bouza", Wenceslao Cabezas "Polo" e ¿Santi Cribeiro?

Presentación do disco Instrumentos Musicais Populares Galegos no teatro García Barbón de Vigo o 12/03/1988



Ricardo Portela, magnífico gaiteiro, padriño e testigo do nacemento da Banda de gaitas Xarabal e do Grupo didáctico deixounos para a lembranza esta agarimosa presentación.



Gaiteiro

Non se pode falar de Ricardo Portela, home, sen falar de Ricardo Portela, gaiteiro, xa que as dúas facetas están intimamente relacionadas na súa vida e no seu corazón, porque aínda que o gaiteiro é a técnica, o home é o corazón, que é o que realmente lle deu dimensión á gaita ao longo da súa vida.

O Home
Ricardo Portela naceu no barrio de Viascón o 4 de Novembro de 1920. Foi o primeiro fillo de Adoración Bouzas e de Emilio Portela. Despois viñeron Xosé, Alba e Xesús. O pai tocaba a gaita e o acordeón , polo que é normal que os fillos tivesen inclinación pola música.
Cando Ricardo tiña 12 anos a familia trasladouse a Vigo, á rúa México. E alí, a guerra que comezou en España, afectou de xeito especial á familia, xa que o pai estaba ameazado de morte polos falanxistas. O mesmo Ricardo sufriu na súa pel as consecuencias, pois como se negou a desfilar con aqueles que ameazaron ao seu pai, lle requisaron a gaita, aínda que despois seríalle devolta.
A pesar de todos estes reveses, sería en Vigo onde Ricardo Portela desenvolvería a súa afección pola gaita da man de Xosé Oliveira Branco, O Moreno. Este gran gaiteiro sería o seu mestre durante anos, coa única excepción do tempo que tivo que ir á guerra, quedando o seu fillo coa tarefa de seguir ensinando ao rapaz.
En 1939 chamáronlle a filas, e segundo as súas propias palabras "roubáronme a xuventude", xa que estivo mobilizado dos 18 aos 24 anos. O Cabito, como lle chamaban no cuartel da Garda Civil en Vigo, o seu primeiro destino, percorrería Lleida, A Coruña, Tárrega, Mataró ( onde en 1942 roubáronlle a gaita), Granollers, outra vez Mataró e finalmente Pontevedra.O 2 de Febreiro de 1944, casou con Osita Laredo, á que coñeceu nunha Verbena e tiveron unha filla: Rosa.Portela estivo 13 anos sen tocar, pois non atopou unha gaita que tivese a calidade daquela que lle roubaron cando fixo a mili. Un día presentáronlle ao vigués Antonio Fernández, que tiña unhas gaitas de ébano de Faustino Santalices, e retomou a música que tanto amaba e que dalgún xeito obrigáronlle a deixar. Por mediación de Antonio Fernández, Portela entrou en contacto con Paulino Pérez Sande, un artesán de Lugo que seguía as directrices de Santalices nun taller que comezaba a súa andaina. E así compro dúas gaitas en Do, e tiña ademais un punteiro de ébano que lle regalou Paulino Pérez, cos que tocou desde 1955 ata 1979. Foi entón cando escoitou unha gaita que fixo Xosé Seivane e que lle recordou aquela que lle roubaron anos atrás. Con esta e coas que xa tiña estaba preparado para o desenvolvemento da súa xenialidade.No ano 1955, Portela emigrou a Venezuela onde traballou no "Laboratorio Dental Estomatológico de Caracas". Alí tomou contacto cos emigrantes no Fogar Galego de Caracas, de tendencia republicana, onde fundaría un grupo degaitas. Tamén había un centro Galego adicto ao réxime que por aquel entón gobernaba España e unha Casa de Galicia que intentaba levar unha certa imparcialidade; institucións que co tempo uniríanse para formar a Irmandade Galega de Venezuela. En 1959 regresou a España e estableceuse en Pontevedra, onde continuou co seu traballo de protésico dental.Nos últimos anos da súa vida, Portela tivo problemas de saúde que fixeron que os médicos aconsellásenlle deixar a gaita polos esforzos que lle supuña tocar. Pero o amor que sentía polo seu instrumento impúxose ante a prudencia aconsellada.Ricardo deixounos, finalmente, un 24 de Marzo de 1992, coa tristeza de despedir a un gran mestre de gaita, pero coa satisfacción de coñecer a un home de ben e a un magnífico gaiteiro.

O gaiteiro
Se algo é notorio de Ricardo Portela é o seu constante respecto pola e sobre todo pola figura do gaiteiro. Tanto que sempre se negou a tocar a gaita onde non se escoitase coa debida atención.
As ultraxes á gaita repetíanse con frecuencia; por exemplo, nunha verbena na Estrada, un cartel anunciaba "...xigantes e cabezudos, gaiteiros etc.", que Portela acusou de antigalego e denigrante. Outra práctica habitual era que os gaiteiros tocasen nas festas, no intermedio das actuacións das orquestras , para entreter á xente mentres os músicos "de verdade" descansaban. Práctica á que Portela se negou sistematicamente. Tamén é sabido que rexeitou o emprego de instrumentos feitos con instrumentos de baixa calidade ou por artesáns mediocres. Claro que esta postura de respecto tróuxolle algún que outro problema, como no caso dos concursos: nunca gañou un, porque os premios repartíanse por afinidade co Réxime. A dignidade de Ricardo, non lle permitía pasar por alto ningún ataque á calidade e autenticidade da gaita.
De todas as maneiras, pronto deixou de participar, nin tan sequera para participar como xuíz.Con todo, a súa achega máis importante atópase no terreo da técnica.Era notable a súa calidade como instrumentista e as súas posibilidades interpretativas. A Portela gustáballe utilizar adornos nas súas interpretacións que daban un aire alegre ás melodías. Adornos que variaban segundo as notas utilizadas e que pola súa propia identidade eran imposibles de escribir nunha partitura, polo que deixaban entrever a calidade de digitación e por encima de todo a sensibilidade do instrumentista.
Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 11-06-2007 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Accidentado homenaxe
Seguindo coa homenaxe a Andrés Dobarro:

Efectos colaterais...



o orixinal...


Videoclip completo...

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 11-06-2007 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de apoio ao Pobo Saharaui
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-06-2007 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
VII Romaría do Lecer de Xacarandaina
Despois dun duro ano de traballo chega a festa das festas por excelencia... ¡a VII Romaria do Lecer!

O sábado 16 de Xuño, terá lugar no Paseo das Pontes a Foliada, a partires das 9 da noite, onde grupos de toda galicia tocarán unhas peziñas para que os bailadores mais animosos botedes uns bailes.

O domingo 17 de Xuño, durante todo o día haberá no mesmo lugar, a clausura das actividades da Asociación Xacarandaina, organizadora do evento, e ademais haberá sorteo de agasallos, torneo de tute, obradoiros de artesáns, xogos para os mais pequenos, polbo, churrasco e bochinche para o que teña fame... ¡Teremos de todo!

Xa sabedes... O plan promete, así que esperamos vervos por alí, xa sabedes, 16 e 17 de Xuño no Paseo das Pontes (A Coruña)


Comentarios (11) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2007 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festa "1 ano de Luita en Bouzas"
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2007 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
V Noite Folk de Negreira

A Festa das Asociación e a Noite Folk de Negreira chegan este ano a súa quinta edición.

A festa comezará a partires das 14:00 horas co xantar campestre. Pola tarde haberá xogos populares tradicionais: tiro da corda, petanca, carreiras de sacos, carreiras de zancos, etc... A partir das 18:00 h. comezarán as actuacións de grupos folclóricos, o grupo de gaitas San Pantaleón (Paderne),...

E para rematar, as 22:00 horas, máis festa, con formacións importantes dentro do panorama Folk Galego, Irtio, Quempallou e Tanxedoras do Pandeiro.

Así pois, convidamos a todo o mundo a pasar unha xornada inesquecible no Refuxio dos Pescadores de Covas-Negreira este sábado 9 de xuño
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-06-2007 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Calendario de Festivais de Verán na Galiza 2007
XUÑO


Festival Folc de Negreira
9 xuño : Quempallou, Irtio, Tanxedoras do pandeiro,…

Festival de Callobre (A Estrada):
29 xuño: A Chave do Xarro (Aguións), Alvariza (Vea), Os Ke Ai (A Estrada) e A Requinta de Xián (A Ulla)
30 xuño: Brighantya, Treixadura e Ruxe-Ruxe

XULLO


Festival de Ortigueira
5 xullo: Sete Saias (Galiza), Balbarda (Madrid), Crema de gaita (Galiza), La Jambre (Andalucía) e Bonovo (Galiza) no Esceario Runas
6 xullo: Centro Coreográfico Galego (Vacuo), Escola de Gaitas de Ortigueira (Galiza), Pepe Vaamonde Grupo (Galiza), Eric Rigler & Bad Haggis (Escocia/ EE.UU.), Flook (Irlanda/U.K.), Zarambeques (Galiza)
7 xullo: Sud ar Su: Bagad Kemper + convidados (Bretaña), Kroke (Polonia), Kepa Junkera (Euskadi), Daniel Bellón e Diego Maceiras + Álex Blanco (Galiza)
8 Xullo : Rosa Cedrón, Scotish Power Pipe Band + Finlay MacDonald (Escocia), Milladoiro (Galiza), Dervish (Irlanda), Mercedes Peón (Galiza)

Festichán (Moaña)
6 Xullo: Dios Ke Te Crew (Galiza), Remendaos (Manresa), Obrint Pas (Valencia), Hollywood Sinners (Toledo)
7 Xullo: Tanghana Show (Galiza), Sagarroi (Euskadi), La Troba Kung-Fú (Barcelona), Spunkfool (Girona)

Sabucedo 2007 (A Estrada)
6 xullo: Galegoz (Galiza), Alameda do Soulna (reggae-ska Madrid), EddieNesta (Kripton Industries-C. de Criptana- reggae, drum&bass)
7 xullo: Verbena na carballeira do Campo do Medio
8 xullo: Serán-Ruada na Carballeira do Campo do Medio

Asalto ao Castelo de Vimianzo:
7 Xullo: Berrogüetto, Deixa que xa, Pé de Boi e Black Bum


V Xoldra Enxebre na praia de Ariño (Xaviña - Camariñas)
13 xullo: Cristina Pato, Mutenrohi,...

Festival da Chaira (Baltar, A Pastoriza)
14 de Xullo: Os Cuchufellos (Speed Folk, Reaggae, Ska), Veria (Folk), De Perfil (Rock)
La Tarrancha (Ska, Reaggae), Porca Miseria (Punk Rock)


Festival da lingua en Compostela
20 xullo: Fermín Muguruza, Banda Bassotti, Nao, Boom Club

Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
MatamáFolc
20 xullo: Zurrumalla, Brigada Victor Jara e Ardentía
Malaherba Rock
21 xullo: Deskarats, Ofensiva, Oxtiax que te pariu, Ataque Escampe e O Leo e arremecaghona!

Festival Folc As Revenidas (Vilaxoán)
21 xullo: Carlos Blanco, Treixadura, A Compañía do Ruido e Banda Potenkim

Festival de Arealonga (Chapela)
20 Xullo: Homenaxe a Zeca Afonso: Da outra margem
21 Xullo: Crema de gaita e Linho do Cuco

Festival da Serrra da Queixa (Ourense)
21 Xullo: Guezos, Lamatumbá e Ruxe-Ruxe

IV Festival Sons do Vento en Melón (Ourense)
21 Xullo: Transilvanians, The Turres band, Kogito e Motor Perkins


Festival Vigofolcelta
23 de xullo (Castrelos): Treixadura, Davy Spillane, Shooglenifty
24 xullo (Casco Vello): Faltriqueira
25 xullo (Casco Vello): Os Cempés
26 xullo (Casco Vello): Balbarda
27 de xullo (Castrelos): SondeSeu e Flook


Festa da Fraga (As Pontes)
24 xullo: Muxarega, Four men and a dog e Celtas Cortos

Festival "Briga" día da Patria
24 xullo: Obrint pas, Trapalhada, Skarnio e skacha

Festigal:
24 xullo: Loretta Martin (Galiza: funk-rock), Babylon Circus (Franza: reggae, ska, jazz), Terrakota (Portugal), DJ Missil (Franza),...
25 xullo: Fia na Roca (Galiza), Nancy Vieira (Caboverde), Kroke (Polonia)


III Encontro Folc de Cabo da Vila (Muxía)
27 xullo: Guezos, Os Tres Trebóns e Pé de Boi.

XII Festixeve 2007 .Santo André de Xeve-Campo do Vilar-Fragoso (Pontevedra)
28 xullo: The Turres Band e A Matraca Perversa.
29 xullo: Festicultures Troupe e Cuchufellos.

Traba Folc (Laxe)
28 xullo: Ruxe-Ruxe (Galiza), Quadrilha (Portugal) e Muxarega (Galiza)

IV Festa Folk Praia do río Chamoso (O Corgo-Lugo)
29 xullo: Kerkennai, Xochilmica e Quempallou


AGOSTO


Festival Intercéltico de Moaña

3 Agosto: Blima (Asturies), Serra-lhe aí!!! (Galiza) e Korrontzi (Euskadi)
4 Agosto: Pé de boi (Galiza), Mercedes Peón (Galiza) e Quempallou (Galiza)
5 Agosto: Xochilmica (Galiza) e Oskorri (Euskadi)

III Festival Folc Praia de Ézaro (Dumbría)
3 agosto: Fibela (da Escola Municipal de Pandereteiras de Dumbría), Fol Baleiro e Berroguetto ás 23:00

XI Festa Celta do Lugnasad (Bretoña-Lugo)
3 agosto: Stranniki (Rusia-Galiza), Linho do Cuco (Galiza), Os Carunchos (Galiza)

Festival Arranchando Culturas - Burela (Lugo):
4 agosto:Oskorri (Euskadi), David Pasquet (Breizh), Dios Ke Te Crew (Galiza)

Festa da Carballeira de Zas
4 agosto: Radio Cos (Galiza), Llan de Cubel (Asturias), Solas (Irlanda - EEUU), Sharon Shannon (Irlanda) e Pepe Vaamonde Grupo (Galiza)

Festival Pardiñas (Guitiriz)
4 agosto: Ghaita Depedra (Galiza), Os Cempés (Galiza), Korrontzi (Euskadi) e Os Tres Trebóns (Galiza)
5 de agosto: Dazkarieh (Portugal), Xuaco Amieva (Asturies) e Elzef (Franza).


A Noite do Trasno (Beluso)
10 agosto: Los Pulseritas (flamenco-fusión), Os Cempés, La Familia Iskariote (ska-reggae) e Pulpiño Viascón.
11 agosto: Malas pulgas (Punk), A Gran Treboada (Os Tres Trebóns e Jarbanzo Negro) e El Combolinga.

Festival Músicas da Terra en Ouzande (A Estrada)
10 de agosto: Faltriqueira, Banda Potemkin, Retrouso e lúa de Fouce

Celtirock Festival (Montalegre-Portugal)
10, 11 e 12 agosto: ADIADO

XII Festival "As nosas músicas" de Couso (A Estrada)
14 agosto: Serra-lhe ai!!!, Banda Potemkin e Festicultores


Esmorga Folc (Bandeira-Silleda)
17 agosto: Raigañas, A Gaita de Sarandón, Xochilmica, Anxo Lorenzo, John Mcsherry e Banda Potemkin

Festival Irmandiño de Moeche
17 agosto: Os Chiquilicuatres, Clan Maragato e Cuchufellos
18 agosto: Balakandra, Pepe Vaamonde Grupo, Os Cempés e Triquel

Festival Pontelouco en Castro Caldelas:
18 agosto: Os tres trebóns e o Vendaval do rosal, Fabulosos Cubatas e Fuckink brothers, Cuchufellos e Banda Potenkin.

Festival Sarabanbuxa en Boiro
18 agosto: Skarnio, Dios ke te Crew, Rever,…

Festival O Pino Folk (carballeira de vimieiro-lardeiros)
18 agosto: Regueifeiros (Luis e Benito), A requinta de Xián, Os carunchos

Festival do Castro - Ferreira de Pantón (Lugo)
18 agosto: Os Festicultores Troupe, Sérralle aí!!, Dandy Fever, Che Sudaka, Bob de Rage Sense e Toñito de Poi.

Festival de Vilariño (Hío)
18 agosto: Treixadura, Guezos e A Compañía do Ruido

Festival Rebumbio 2007 (Mos)
24 de Agosto: Os Veraneantes
25 agosto: Malvela, Ludovaina, Os Veraneantes e Darrente a Parede. Os Chiquilicuatres, The Turre's Band, Kogito e Os Cuchufellos.

Festival Folk de Guísamo (Bergondo)
25 Agosto: Rosa Cedrón, Antonio Placer, Dani López, Madialeva e Llan de Cubel

Festival Brincadeira en Ordes
25 Agosto: Lamatumbá, Terrakota, Samesugas, Kastomá, Mofa e Befa ás 22:00 no campo de futbol (de balde)

Festival Lúa Meiga (O Viso)
25 e 26 Agosto: Pradairo, Treixadura (+ Orfeón) e Tiruleque


SETEMBRO


Festival da Poesía de Salvaterra
30 agosto: Filipa Pais
31 agosto: Galegoz, Boom Club, Peste & Sida, Obrint pas
1 setembro: Xarín, Marful, Mercado negro e Dany Silva


Festival A Gresca en Cerceda (A Coruña)
7, 8 e 9 setembro: Zënzar, Rumborrachera, Malandrómeda, Os Veraneantes, Quempallou, Festicultores,...

II Festival Folc de Elviña (A Coruña)
8 setembro: Ruote, Os Tres Trebóns e Os Cempés

Festival Repercusión en Allariz
14, 15 e 16 setembro: Sonoro Maxín, Banda Potemkin, Os Tres Trebóns, Festicultores,…


IV Festival Meigas Fora (Poulo 2007) Ordes,
21 Setembro: Zënzar, Fade Records, Black Bum, Delahoja, Esterko e C'mon Baby Destroy.
22 Setembro: Axouxere, Banda Potemkin, Fanta Rei, Os Sosios e Fade Records.

Festival Multicultural ”Pé Na Estrada” - A Estrada (Pontevedra)
22 Setembro: Pé de Boi, Fritanga, Oito nun Piso e Compañía do Ruido

Romaría da Sainza- II Noite Moura” - Rairiz de Veiga (Ourense)
22 Setembro: Os Tres Trebóns, Cuchufellos e Eskorzo


II Festival da Mocidade (Vilar de Santos-Ourense)
29 setembro: Skarnio, Guezos e kumpania Algazarra

NOVEMBRO


Castañazo Rock en Chantada
3 novembro: Zenzar, Rastreros, Ruxe Ruxe, Tres Trebóns, Cuchufellos, Motor Perkins e Dixebra
Comentarios (5) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-06-2007 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Premio para Alalá

O programa Alalá da TVG recibirá un galardón da Academia de Televisión

O programa da Televisión de Galicia Alalá, que dirixe Senén Bernárdez e presenta Pilar García Rego, recollerá este sábado en Sevilla o galardón ao mellor programa de Tradición musical outrogado pola Academia das Ciencias e das Artes de Televisión. Alalá naceu como documental musical que se interna nas historias e vidas cotiás da xente que loita para que non se esqueza a sabedoría tradicional. Alalá é un dos programas que a TVG presentou dentro da súa renovación de contidos e supón unha revisión do xeito en que a televisión difunde a tradición musical, encadrando a actuación dun grupo ou artista dentro do seu marco social, laboral ou persoal. A gala de entrega dos premios, que tamén celebra o décimo aniversario da Academia das Ciencias e das Artes de Televisión retransmitirase por todas as canles autonómicas da FORTA.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2007 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas limpeza de Verdegaia por Orbenlle
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2007 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Enrédate na Rede. Arredemo de novo en marcha

ENRÉDATE NA REDE. Venres 8 de Xuño en Compostela

Varios artistas galegos danse cita este venres, día 8, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, nunha festa de apoio á Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo. A festa ten por obxectivo recadar fondos para o novo proxecto do Portal de Comunicación Arredemo, portal de información libre e independente ao servizo do tecido socio-cultural do país, e contará coa presenza de Quico Cadaval, Narf, Chévere, Clara Gayo, Pista Catro, Os da Ría, e Carlos Santiago.

Durante a festa darase a coñecer a Asociación que dá base ao Portal, e que ofrece distintos servizos a persoas e colectivos do eido socio-cultural, como o aloxamento de webs, a libre distribución de creacións artísticas e o desenvolvemento de proxectos sociais e culturais.

A Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta así públicamente o seu terceiro proxecto, despois de case catro anos de actividade, nos que se constituiu como unha referencia dentro dos movementos sociais e culturais galegos. A festa é o primeiro acto dunha campaña destinada a impulsar a creación do novo Portal de Comunicación, xa en fase de deseño e construción, e conta coa participación desinteresada dos artistas convidados. No Teatro Principal a partir das 21 h.


Entrada 5 Euros
Venres 8, 21:00h no Teatro Principal

http://arredemo.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2007 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra o sábado 9 de xuño

DIA 9 de Xuño.
Pateada: Circular Leiro – Pena Corneira II
Saída Nº 71


Despois de que tres anos e medio volvemos facer esta clásica do Ribeiro.

Saída:
Sábado, 9 de Xuño ás 9,30 en punto no lugar habitual. (Almas Perdidas baixo o pavillón polideportivo do Berbés. Fronte á entrada do porto pesqueiro)

Percorrido:Circular.

Duración aproximada: 4/5 horas en total

De Interese:Paisaxes, Bosques, canastros, miradouro de Pena Corneira, igrexa románica.

Dificultade: Media baixa.

Organización: Carrizo.

Saúdos
Congostra


Comentarios (1) - Categoría: Roteiros - Publicado o 07-06-2007 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festas do Corpus en Ourense (resume)
Venres, 8 de xuño
I CERTAME INTERNACIONAL DE COROS DE RUADA
20:30 concerto dos Amigos da Coral de Ruada
Organiza: Coral de Ruada e patrocinado pola Concellería de Cultura, Festas e Festival de cine coa colaboración do Teatro Principal.
Lugar: Teatro Principal

Sábado, 9 de xuño
ALFOMBRAS FLORAIS
11:00 Xuntanza para desfacer as flores que formarán parte da ornamentación das alfombras da procesión do Corpus Christi
Lugar: Praza da rúa Arcediagos

PREGÓN
22:30 Pregón da apertura das Festas do Corpus 2007 a cargo de MERCEDES PEÓN. Naceu na Coruña en 1967, é hoxe por hoxe unha das artistas de maior proxección dentro do chamado fenómeno de músicas do mundo. Unha proba desto son os éxitos conseguidos co seu primero traballo discográfico Isué. Presenta o seu novo disco Sihá
Lugar: Praza Maior

CONCERTO
23:00 de MERCEDES PEÓN
Lugar: Praza Maior

ALFOMBRAS FLORAIS
23:00 Confección das alfombras da procesión do Corpus Christi
Lugar: Lamas Carbajal e Praza Maior

Domingo, 10 de xuño
I CERTAME INTERNACIONAL DE COROS DE RUADA
20:30 concerto Orfeao de Vila Praia de Áncora (Portugal) e Cántigas da Terra da Coruña.
Lugar: Teatro Principal

Luns, 11 de xuño
I CERTAME INTERNACIONAL DE COROS DE RUADA
20:30 concerto da Coral Polifónica de Chaves (Portugal) e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.
Lugar: Teatro Principal

Martes, 12 de xuño
I CERTAME INTERNACIONAL DE COROS DE RUADA
20:30 concerto da Coral Polifónica de Mera (Oleiros- A Coruña) e Real Coro Toxos e Froles do Ferrol
Lugar: Teatro Principal

CONCERTO
22:30 EMILIO RÚA
Lugar: Praza Maior
CONCERTO

Xoves, 14 de xuño
III HÁBEAS MEDIEVAL
11:00 Apertura do MERCADO MEDIEVAL no que podemos atopar postos de artesanía, gastronomía, cerámica, obradoiros de barro, maxia, tiro con arco... todo amenizado con música medieval en vivo, dulzainas, percusión...
Horario: de 11:00 a 14:00 e de 18:30 en adiante
Lugar: Lamas Carbajal, Praza Maior, rúa da Barreira e rúa Colón

NOITE DE FOLK
22:30 CRISTINA PATO e amigos (MUTENROHI e JUDITH)
Lugar: Campo de Fútbol do Couto

Venres 15 de xuño
III HÁBEAS MEDIEVAL

NOITE DE FADO
22:30 ARLINDO DE CARVALHO
Lugar: Praza Maior

00:30 Primeira tirada do X CONCURSO DE FOGOS ARTIFICIAIS “Festas do Corpus 2007”.
Lugar: marxe dereita do río Miño

Sábado, 16 de xuño
III HÁBEAS MEDIEVAL

GRAN SERÁN TRADICIONAL
20:00-00:00 grupos de pandereteiras de Pontevedra, Vigo, A Coruña e Ourense. Apoio Real á cultura popular e dinamización de relación interxeneracional a través da cultura.
Lugar: Praza Coronel Ceano

NOITE DE JAZZ
22:30 ALBERTO CONDE e amigos ( Mayte Dono, Roberto Somoza, y Cuchus Pimentel)
Lugar: Praza Maior

ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO
00:30 Segunda tirada do X CONCURSO DE FOGOS ARTIFICIAIS “Festas do Corpus 2007”.
Lugar: marxe dereita do río Miño

Domingo, 17 de xuño
III HÁBEAS MEDIEVAL

ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO
00:30 Terceira tirada do X CONCURSO DE FOGOS ARTIFICIAIS “Festas do Corpus 2007”.
Lugar: marxe dereita do río Miño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2007 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Andrés Dobarro
Aproveitando o disco homenaxe a Andrés Dobarro deixovos unha xenial mestura de dous históricos: Andrés Dobarro máis Iggy Pop con imaxes dunha das miñas pelis preferidas "Trainspotting":



E un video para a lembranza: O Tren



Outro hit do Pop galego:



Impagable Concha Velasco paseando entre gaiteiros...
Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 06-06-2007 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto da aula de Canto Popular da EAO (Vigo)
Venres 8 de xuño ás 19.30 h.

Concerto da aula de Canto Popular

@s futur@s cantadeir@s e pandereiteir@s mostran o aprendido neste ano.

No salón de actos do D.M.T. da Escola de Artes e Oficios de Vigo na Avenida García Barbón, 5.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2007 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Disco homenaxe dos grupos Pop galegos a Andrés Dobarro

O dobarrismo xa chegou!

Os grupos de pop galego piden paso, e queren entrar pola porta grande. E que mellor xeito de facelo que rendéndolle tributo ao icono do xénero no país: o ferrolán Andrés do Barro, pioneiro á hora de colar un tema no noso idioma no máis alto das listas de éxitos do estado con O Tren. Un sopro de aire fresco para a súa época, e un sopro de aire fresco no panorama musical actual, coa revisión dos seus temas máis laureados a cargo de trinta bandas da emerxente escena galega.

E, da man do disco, toda unha revolución, con manifesto incluído: O Dobarrismo! “Velaí trinta grupos emerxentes a compartir unha paixón: Andrés do Barro, en epifanía colectiva, como fito fundacional da cultura pop galega. Andrés do Barro, á marxe da turbación, e masturbación, da palabra “nostalxia” (a maior parte destes artistas non tiñan nin nacido nos anos dos seus trunfos). Andrés do Barro, referente definitivo para unha nova estética, a sonoridade dunha lingua que desde esta fin do mundo se dispón -tamén en clave pop- a facer vibrar o planeta.” Son as palabras de Xurxo Souto, capitán bravú da Terceira Revolución Musical Galega (a do propio Andrés, a Primeira, e a de Os Resentidos, a Segunda), e actualmente trobador das ondas herzianas no programa Aberto por Reformas da Radio Galega.

Projecto Mourennte, The Homens, 6pm, Niño y Pistola, Narf, Ectoplasma, Samesugas, Elodio y los Seres Queridos, Fanny + Alexander, Noveulle Cousine... trinta grupos nun dobre cd para darlle volta e berrar viva Andrés do Barro. Unha oportunidade inmellorábel para achegarse á súa obra e, ao mesmo tempo, reivindicar a dimensión do pop do século XXI feito no país. Se o legado de Andrés do Barro fora un tanto esquecido en descoidadas recompilacións de grandes éxitos, Falcatruada edita agora unha coidada e arriscada edición a partires dunha iniciativa dos propios grupos que participan no proxecto.

“Manifesto Dobarrista: un disco tributo a Andrés do Barro” inclúe ademais colaboracións coma a de Andrea Lapique, filla do cantante ferrolán, que lle recita versos ao seu pai na canción Meu Amor, de Fanny + Alexander. No libro do cedé hai, ademais, textos de homenaxe escritos pola propia Andrea, polo poeta e xornalista Daniel Salgado, e por Xurxo Souto, dos Diplomáticos de Monte Alto.





Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-06-2007 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Programación da Casa das Crechas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2007 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Programación da Fábrica de Chocolate (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2007 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Regueifeiros en Vigo
No Local Social "A Revolta" (rúa Real)

Martes 5 ás 21:30 en dúas sesións de 45 minutos actuarán os regueifeiros Luis Caruncho e Bieito Lobariñas.

Entrada solidaria de 2 euros
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2007 02:16
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá en Cuba (2ª xeira)
Hoxe, martes, día 05/06/2007

O programa Alalá segue esta semana en Cuba e hoxe falará das historias dos últimos galegos que emigraron e da conquista da aldea galega en Cuba. A comunidade galega na Illa foi tan numerosa que contaxiou e introduciu un xeito de vida e unha cultura. O que poucos se poden imaxinar é ata que punto o “galego” é unha figura digna de admiración.

Para comprobar todo isto estará cos galegos mais velliños que viven na Habana, algúns recordan perfectamente o seu idioma, a súa terra e parece que nunca saíran de aquí.

O reflexo de Galicia en Cuba, atopámolo nas aforas da Habana, na Sociedade de Monterroso e Antas de Ulla, hai anos foi fundada por uns galegos e hoxe unha chea de nenos cubanos bailan muiñeiras e xotas, aprenden galego, non só os nenos senón seus pais, e descubriron neste centro unha alternativa de ocio. O Dez de Octubre é un barrio obreiro, pobre e con poucos recursos pero todos os que van alí –galegos e non galegos- quedan namorados deste centro. Como souberon aqueles galegos que o fundaron transmitir o sentimento de xeración en xeración!

Tamén estará con Olga, unha encantadora galega que nos conta como lle foi a vida lonxe da súa Galicia e as numerosas adaptacións que tivo que sufrir.

A música é outro elemento que se fusionou en Cuba dun xeito inconfundible e soan as gaitas, bombos e pandeiretas a ritmo de tumbao, de guaracha e de ritmos caribeños.

En resumo o galego en Cuba é sinónimo de traballador, de esforzo, de honradez. Con tenacidade estudou e acadou bos resultados, chegando a ter o seu propio negocio e vivindo dignamente aínda que a maioría non conseguira o soño americano.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2007 01:35
# Ligazón permanente a este artigo
Cambio de data da Final do Concurso de Baile

Por motivos alleos a organización vémonos na obriga de cambiar a final do XXVIII Concurso de Baile Xacarandaina do día 8 de xullo o día 15 do mesmo mes, o sitio no cambia.



Comentarios (5) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-06-2007 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festival linguas vivas 2007: Preparando os concertos do día da Patria
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-06-2007 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Fía na Roca
Vente vindo” (Corda Frouxa, 2007) é o nome do novo traballo de Fía Na Roca que o grupo, acompañado polo xornalista da Radio Galega Pepe Carreira, presentaron hoxe no Consello da Cultura Galega.

O disco presenta catorce temas nos que a presenza vocal de Sonia Lebedynski adquire un maior protagonismo respecto a anteriores traballos de Fía na roca.

A formación presenta tamén algúns cambios coa incorporación de Xabier Olite e Roberto Rama substituíndo a Xabier Bueno e Cris Gándara. Carlos Castro, Giao Rodríguez, Roberto Santamarina e Xosé Ramón Vázquez seguen no grupo.

O disco foi gravado en catro días o pasado abril no Estudio SoNNatural, en Angueira de Castro (Rois)e mesturado no Estudio 5 da Radio Galega.

O grupo marcha para Alemaña onde iniciará a súa xira en Frankfurt, pasando despois a outras localidades, a Francia e incluíndo tamén Galiza na xira de verán.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2007 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Grupos para o Runas do Ortigueira 2007
Proxecto Runas'07

Un ano máis, a organización do Festival Ortigueira pon en marcha o Proxecto Runas, destinado a promocionar os grupos de folk noveis da Península. Nesta edición de 2007 serán estas bandas as encargadas de abrir o certame nunha noite dedicada aos novos creadores da música de raíz.

O pasado 3 de maio deu comezo o proceso de selección das formacións que actuarán no escenario principal de Ortigueira o 5 de xullo. Recibíronse un total de corenta e tres maquetas, que foron sometidas a un proceso de selección por parte da dirección artística do Festival.

Finalizada esa criba presentámosvos os quince finalistas do Proxecto Runas'07. Deles, só cinco poderán dar a coñecer as súas propostas ante os milleiros de persoas que se acheguen ao Festival Ortigueira. Varios críticos musicais dos principais medios de comunicación determinarán a escolla final. Pero este ano, como novidade, ti tamén formas parte do xurado. Xa podes coñecer os candidatos finais, escoitar en liña un dos seus temas e votar polo teu favorito.

Valora desde cada unha das fichas aos grupos que desexes e non deixes de visitar a páxina para estar ao día da evolución das votacións.

Participantes
O Proxecto Runas'07 está aberto a grupos folk de toda a Península que non teñan gañado con anterioridade. As formacións, de entre 3 e 10 compoñentes, non poden contar con máis de dous álbumes no mercado.

A compañía do ruído
A Gramalleira
Balakandra
Balbarda
Bauma
BonOvO
Boys of the Hills
Crema de gaita
La conjura
La Jambre
Landú
Monte Lunai
Neirela
Ophiusa
Sete Saias

Votacións de grupos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2007 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Nova programación do Liceum (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2007 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da lingua
Organizada polo Foro da Mocidade de Compostela

Queremos a nosa língua em Compostela:

16:00 Xogos populares (Parque de Bonaval) e rol en galego (Praza do Pam)
20:00 Pasaruas e cacerolada (desde a Praza do Pam)
21:00 Concerto (Praza 8 de Marzo)
- Loretta Martin
- Son do Galpón
- Noise Project
- Desequilíbrio Mental
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-06-2007 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
A Carboeiro!!!
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2007 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da cea Amalghama-Malmequer
Comezamos a subir as fotos da cea no furancho Xungiño cos amigos de Amalghama.

Moi divertido, hai que repetilo...Pra cando outra volta ao desafío?

Bikos e apertas a tod@s

Cea Amalghama-Malmequer
Comentarios (5) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2007 01:11
# Ligazón permanente a este artigo
“Método de Gaita Galega I” por Xaquín Xesteira
Edicións do Cumio presenta este venres 1 de xuño ás 19 horas Auditorio da Escola de Artes e Oficios de Vigo o libro “Método de Gaita Galega I” escrito polo mestre Xesteira e que inclúe un CD.

Mestre de gaita e percusión na Universidade Popular de Vigo e membro fundador do grupo Treixadura Gaiteiros, o cambadés Xaquín Xesteira leva desde neno inserido no mundo da música tradicional.
Ademais de tocar en varios concertos con Milladoiro na década dos noventa participou en gravacións cos grupos Na Lúa e Fuxan os ventos e tamén é fundador da Fundación Sondeseu xunto a Anxo Pintos ou Rodrigo Romaní.

Comentarios (8) - Categoría: Publicacións - Publicado o 31-05-2007 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Bonovo o 2 de xuño no Liceum
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2007 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Coca 2007
RockOnDela 1º Festival Alternativo "Millo Verde"
Anexo do Campo do Choco ás 21h.

Venres 1
-Super Scoopa
-The Silence
-Estado de Sitio
-Flor como virus

Sábado 2
-Motor Perkins
-Antisocial
-Banda de Potemkin
-Os Trasnos de Moscoso
-Lixivia

Festa da Coca 2007 (2 ó 10 de Xuño)

Programación (resume)

Sábado 2
20:00 h.- Bombas de palenque anunciando o inicio das Festas
21:30 h.- Lectura do Pregón das Festas a cargo de: D. Francisco López Peña (Presidente da Zona Franca de Vigo)
22:00 h.- Prendido do alumeado da Coca2007

Mércores 6
11:00 h.- Desfile de Xigantes e Cabezudos acompañados polo grupo de gaitas Os Alegres de Pontevedra
21:30 h.- Atracción "La Década Prodigiosa" | Elaboración de alfombras florais nas Rúas de Redondela

Xoves 7
10:00 h.- Alborada e Desfile da Coca acompañada dos Xigantes e Cabezudos co grupo de gaitas Os Alegres de Pontevedra
10:30 h.- Traslado da Virxe "A Gabacha" dende Vilavella á Igrexia de Santiago de Redondela escoltada pola Danza das Espadas e a Banda de Música Municipal de Redondela
12:00 h.- Misa Maior na Igrexia de Santiago de Redondela coa Coral Polifónica Santiago Apostol do C.R.C. de Redondela | Procesión polas Rúas adoviadas con artísticas Alfombras Florais
13:00 h.- Baile da Danza das Espadas e máis as Penlas na Praza da Constitución

A Coca dos Nenos:
18:00 h.- "Pablo Trasno"
19:00 h.- "Caramuxo Teatro "
20:00 h.- "Pablo Trasno"

Venres 8
A Coca dos Nenos:
18:00 h.- Clowntaminación
19:00 h.- O Gran Rufus
20:00 h.- Día da Muiñeira: Desfile e Actuación nas rúas de Alfonso XII e Ribeira

Sábado 9
Elaboración de Alfombras nas rúas de Vilavella

A Coca dos Nenos:
18:00 h.- Fredi
19:00 h.- O Gran Rufus

Domingo 10
12:30 h.- Misa na Igrexia de Vilavella. Procesión polas rúas. Baile da Danza das Espadas e máis as Penlas
17:00 h.- Finais do Campionato de Petanca
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2007 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Boi 2007

Programa da Festa 2007

sábado, 2 de xuño
19:00 Tronar de Bombas
19:00 Pasarrúas con MUIÑOS DA REGUEIRA
19:00 Actividade para nenos na Casa da Cultura
20:30 PROBA DO BOI
21:00 Pasarrúas en Rolda de Viños e outros 2 grupos de Gaiteiros
00:00 Concerto na Barreira con MILLADOIRO do programa de concertos do XACOBEO

domingo, 3 de xuño
11:30 Pasarrúas con TREIXADURA e VALUROS
12:00 Procesión do Xan de Arzúa, dende a Praza do Eiró deica a Praza Maior, rematará co acto da entrega do sedeño.
13:00 Xogo do Carro en Vilanova
14:00 Xantar de todos os gremios no Arnado
- Anuncio do gañador do concurso de ambientación
20:00 CARREIRA MEDIEVAL DO BOI

luns, 4 de xuño
18:00 CARREIRA DO BOI INFANTIL
20:00 Pasarrúas con Charanga
21:00 CARREIRA DO BOI

martes, 5 de xuño
20:00 Pasarrúas con Charanga
21:00 CARREIRA DO BOI

mércores, 6 de xuño
16:30 Festa Infantil. Inchables no Pavillón Municipal, xunto ao colexio
18:00 Merenda Popular Infantil
18:30 Continuación da Festa deica as 20.30h

xoves, 7 de xuño
16:30 Festa Infantil. Inchables no Pavillón Municipal, xunto ao colexio deica as 19.30
19:00 Tronar de Bombas
19:30 Pasarrúas con AULA GOMES MOURO
20:30 CARREIRA DO BOI
21:30 CEA POPULAR
23:30 Verbena na Barreira coa orquestra "PASSARELA"

venres, 8 de xuño
07:30 Tronar de Bombas e Treboada de Zés P'reiras
08:30 CARREIRA DO BOI
12:00 CARREIRA DO BOI INFANTIL
12:30 Pasarrúas coas Charangas
13:00 Treboada dos Zés P'reiras
13:30 CARREIRA DO BOI
19:00 Procesión das Argolas, dende Santo Estevo, coas charangas NBA e APELES, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio e Treboada dos Zés P'reiras
20:30 CARREIRA DO BOI
21:00 Rolda de Viños coas charangas e gaiteiros
00:30 Gran Folión na barreira coa Orquestra "ISLA"
00:30 Música na Praza Maior, TRÓPICO DE GRELOS e FESTICULTORES TROUPE

sábado, 9 de xuño
07:30 Tronar de Bombas e Treboada de Zés P'reiras
08:30 CARREIRA DO BOI
12:00 Pasarrúas coas charangas NBA e APELES, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio
13:00 Treboada dos Zés P'reiras
13:30 CARREIRA DO BOI
18:00 Pasarrúas con Xarín, gaiteiros do Incio
19:00 Procesión da Purrela, dende o Eiró, coas Charangas APELES e NBA, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio
20:00 Treboada dos Zés P'reiras
20:30 CARREIRA DO BOI
21:00 Rolda de Viños coas Charangas APELES e NBA, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio
00:30 Música na Praza Maior con BLOCO DA BALIZA e FESTICULTORES LIVE!
00.:30 Gran Folión na barreira coa Orquestra "SUPER T"

domingo, 10 de xuño
11:30 Procesión Relixiosa do Corpus coa Banda de Alongos
12:30 Pasarrúas con JALATICOS
13:30 Treboada dos Zés P'reiras
13:45 CARREIRA DO BOI
17:00 Orquestra de Percusión QUARTO TEMPO de Braga, dende a Alameda
18:30 Treboada dos Zés P'reiras
19:00 MARATÓN DO BOI
20:30 Embiste do Meco
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2007 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Gaideón na Casa do Coto
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2007 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Gayoso, Luar, o Fary e Sonoro Maxín...

Seica Gayoso tomouno con bo sentido do humor.

Esa retranca galega!!!

Historia

Un saúdo a Ico e a todo o Sonoro Maxín.
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá en Cuba
Hoxe, martes, día 29/05/2007

Alalá cruza o Atlántico, con destino á Habana para comprobar a prolífica actividade que a colonia de galegos de Cuba desenvolveu na Illa. Durante o derradeiro terzo do século foi o destino principal dos emigrantes que partían dos portos galegos. Alalá aproveita a viaxe para celebrar todo un acontecemento: o vinte de decembro deste ano 2007 cúmprense cen anos da primeira representación do himno galego na Habana.
A gran colectividade de galegos, na década do 1870 comeza a organizarse formalmente e van xurdindo centros e asociacións que teñen carácter benéfico, recreativo e cultural. Neste primeiro programa de Alalá en Cuba estaremos no Centro Galego da Habana.

Tamén falaremos do espírito creador dos galegos de Cuba e como a Habana se converteu, en certa maneira, na capital cultural de Galicia. Aquí naceron ou se lles deu forma a elementos tan importantes coma: a bandeira galega, o escudo, a edición de Follas Novas de Rosalía de Castro e o himno galego entre outras moitas cousas.

A pervivencia da nosa tradición musical está presente noutros centros galegos como é o caso da Sociedade Rosalía de Castro. Aquí galegos, descendentes e nativos cubanos móvense que hai que velo para crelo!.

Os comezos dos galegos en Cuba non sempre foron doados, para moitos, cos primeiros traballos deixaron algo máis que suor e esforzo, algúns deixaron ata a pel. Os que non dubidaron foi en relacionarse cos negros, foron os menos racistas e os que mellor se integraron. De aí, un dito que nos contaron: o mulato é un dos inventos do galego en Cuba.

Pero esta é a primeira parte da nosa viaxe, a semana que vén Alalá segue en Cuba, nesta ocasión para falar das historias dos últimos galegos nativos que quedan alá, como foi a súa vida, acadaron realmente o sono americano?, fixeron fortuna? Como viviron? Como acadaron o prestixio que hoxe ten “o galego”?. Tamén visitaremos un centro galego que está nas aforas da Habana, nun barrio obreiro con moi poucos recursos: o centro de Monterroso e Antas de Ulla, toda unha conquista da aldea galega en Cuba.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2007 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer