
O Merdeiro volve correr polas rúas do casco vello de Vigo.
Esta tradición ten todos os ingredientes para garantir a diversión neste entroido: facendo unha sátira do escabicheiro (persoa que limpaba os pozos negros e recollía "ghaldrucho" ou restos de peixe e marisco), os mariñeiros e mariñeiras da zona de Vigo vestíanse de "merdeiros" e andaban a amolar á xente pola rúa.
Despois de moitos anos de esquecemento da figura, o Casco vello da cidade olívica volverá encherse neste entroido de merdeiros e merdeiras que percorrerán as rúas nunha entroidada, brincando, berrando e facendo canfurnadas, todo isto acompañado por un grupo de treboada.
O domingo (pola mañá e pola tarde) e o martes de entroido, correrán os merdeiros polas rúas viguesas facendo das súas... |