Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do libro `Pel & Madeira´ (Vigo)
O vindeiro xoves día 31 de marzo ás 20:30h preséntase, no auditorio David Russell do Conservatorio de Música profesional de Vigo, o libro "Pel e madeira" Vol II de Xesús Vaamonde e Xosé L. Romero.

No acto os autores farán unha pequena presentación/concerto, tamén participarán, en representación do centro a súa directora, Isabel Figueroa e a xefe de departamento de música tradicional, Rosario Guerrero, o director do Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero e o director da editorial Dos Acordes, Javier Jurado.

Este libro de partituras recolle 30 pezas populares arranxadas para dúas gaitas, tambor e bombo. Inclúe dous discos de son coa gravación de todos os temas interpretados polos propios autores.

En cada un dos CD, identificados como GAITA e PERCUSIÓN, o oínte poderá escoitar separadamente no estéreo cada un dos instrumentos que conforman o cuarteto tradicional. Deste xeito, virando o selector do balance cara á canle dereita ou á esquerda, poderemos anular a escoita do instrumento que queiramos e substituílo pola nosa propia interpretación ao vivo como parte integrante dun ?cuarteto virtual?.

Considerando a convivencia dos dous sistemas de escrita actual, Dó e Re, e tendo en conta a elección do de Dó para o primeiro volume da serie, consideramos oportuno optar pola escrita en Re para o guión deste segundo.

Porén, incluímos dentro desta carpeta os caderniños en papel coas partes independentes de cada membro do cuarteto que faciliten a interpretación, coas gaitas en escrita Re; ademais, aportamos un CD-Rom con todas as partes en arquivos PDF e en ambas escritas.

Neste segundo volume da colección "Pel e Madeira" os autores continúan afondando no repertorio tradicional galego, partindo da idea xa presentada no volume primeiro. Dous libros imprescindibles para gaiteiros, sexan estudantes, mestres ou intérpretes avanzados, así como para calquera persoa amante da nosa música patrimonial.

A edición rústica contén: libro de partItura xeral para cuarteto (escrita en re), 2 cd de son (gaita e percusión) e 1 cd-rom coas partes instrumentais en pdf (dó e re)

http://dosacordes.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2011 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0