Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A historia da romaría de San Roque, a través do vestiario
A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle a exposición até o vindeiro 3 de abril

Igual que no mellor manual de Historia, os hábitos, crenzas e tradicións dun pobo rexístranse na súa roupa. Convencida dese valor testemuñal, a Concellaría de Cultura presentou "Os nosos traxes peza a peza", unha nova edición da exposición de vestidos tradicionais que até o tres de abril mostrará aos vigueses canto de historia e etnografía escóndese no fondo do armario.

"A mostra inspírase nesta ocasión na romaría de San Roque, coa súa festa e bailes", explica Cándido Pérez, presidente da Asociación de Veciños Casco Vello.
"A exposición inclúe 15 traxes de tamaño real e unha representación con 20 bonecos na que se poden ver vestidos a escala", aclara a costurera e comisaria da exposición, Patricia González. O material inclúe saias, camisas, chalecos, chaquetas, pololos... que os vigueses dos séculos XVIII e XIX usaban para acudir aos actos relixiosos de San Roque ou gozar despois de bailes tradicionais como a "regueifa" ou a "danza de Reis de arcos".

Esa vistosidade e o detallismo dos 35 modelos, que González dispón en "pequenas fotos" costumistas, fai que ano tras ano a exposición sexa "unha das que máis xente visita na cidade". Parte do mérito téñeno os traxes, conseguidos a través de profesionais do folclore, profesores de danza ou particulares que conservan as pezas que vestiron os seus avós.

Para contemplar a riqueza do vestiario González dispuxo unha sección especial na móstrase ao visitante "como se vestían, peza a peza, os homes e mulleres da época".

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, a exposición pódese gozar na Casa Galega da Cultura durante o horario habilitado para cada día da semana. Este ano, como novidade, o edificio tamén estará aberto o día da Reconquista para que os interesados poidan gozar dun percorrido completo pola historia da cidade."O interese da romaría de San Roque está en que desde o século XVII é a máis próxima para os vigueses", apunta Pérez.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-03-2011 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0