Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Proxecto Orquestral Moxenas
Hai xa case seis anos da estrea no teatro do, daquela, Centro Cultural Caixanova de Vigo do Proxecto Orquestral Moxenas.
Amadriñados por Susana Seivane, e coa compaña de Xosé Ferreirós,de Milladoiro, da Asociación de Gaiteiros Galegos ou de Antón Corral, director da banda de Gaitas Xarabal,o 30 de abril de 2005 comezaban unha andaina que xa os levou até lugares coma o Festival Intercéltico de An Oriant/Lorient na Bretaña e que tivo a súa última paraxe, polo de agora, o pasado 12 de febreiro no Auditorio do Concello de Vigo.


Porén, quen asistise a eses dous concertos na cidade olívica puido comprobar a grande evolución experimentada por Moxenas ao longo destes anos. Sen deixar de ser un proxecto baseado na música tradicional, leva engadido á instrumentación tradicional un feixe de sonoridades novas para cumprir de feito o obxectivo co que naceu,a idea de crear unha proposta contemporánea que conciliase os instrumentos tradicionais cos modernos baixo unha feitura orquestral.

E aínda que xa dende o comezo esta liña mestra viña marcada coa presenza do teclado ou a frauta traveseira, as incorporacións que se foron facendo de clarinetes, saxos soprano, alto e tenor,guitarra electro-acústica, guitarra clásica,mandolina, baixo eléctrico ou djembés remataron por consolidar a fusión de sons que se procuraba.

Mais, para non pórmos o carro dediante dos bois, cómpre falar da xénese do proxecto.A creación de Moxenas Musical Galego no 2005 non é máis que a continuación do proxecto musical que o propio inspirador do seu nome,Nazario González?Moxenas?, iniciou no movemento veciñal vigués: a formación na música tradicional da rapazada de moitos barrios e parroquias do concello, labor que, tras a súa morte, foi continuado polos seus discípulos, hoxe mestres de música tradicional na maioría das entidades veciñais e culturais de Vigo e a súa bisbarra.

Precisamente esa canteira inesgotable é quen fornece de músicos este proxecto nado por iniciativa da Federación Veciñal Eduardo Chao e que veu cumprir unha vella arela de vellos gaiteiros vigueses coma Henrique Otero ou o propio Moxenas que sempre deveceron por un proxecto musical que mesturase o tradicional coa instrumentación contemporánea.

Na actualidade,Moxenas estrutúrase en tres liñas sonoras, unha primeira formada pola percusión ?tradicional: tambor, pandeiretas, bombo, co engadido do djembé nalgunha peza?,outra que abrangue os metais: saxos,clarinetes e tamén acordeóns, etc. e unha terceira integrada polas gaitas, coas que interpreta nomeadamente pezas populares, -arranxadas por Ernesto Campos-, ou outras de autor,moitas delas do propio Campos, activo colaborador do proxecto.

Coetáneo de Son de Seu, quizais tamén complementario pero dende logo diferente,Moxenas está, ao igual que o proxecto argallado ao acubillo da Universidade Popular, intimamente ligado cunha tradición musical que entronca co traballo de bandas de gaitas coma Xarabal, de Vigo, ou Manxadoira, de Bueu, e outras que entenderon e entenden que a música tradicional podía desenvolver estruturas propias para interpretar conceptos musicais que ultrapasaban o clásico cuarteto ?cuarteto que en realidade, foi unha formación ?revolucionaria? argallada aínda non hai cen anos polos gaiteiros de Soutelo?,sen ter que recorrer a vulgares copias ou reinterpretacións sui generis da música, formacións e instrumentación doutras nacións de cultura celta. E non podía ser doutro xeito nun proxecto que está baixo a batuta de Xosé Oliveira,gaiteiro,neto dos gaiteiros Os Morenos de Lavadores, membro do grupo de música tradicional Noitarega e, no seu tempo, alumno de Moxenas.

Baixo a súa dirección, arredor de cincuenta músicos conforman Moxenas Musical Galego, unha escolma dos mellores valores musicais que se están formando nas distintas asociacións veciñais viguesas e para os que a integración neste proxecto representa un estímulo e en moitos casos un paso máis a súa aprendizaxe e na súa andaina musical, pois algúns dos integrantes da primeira formación de Moxenas abandonaron xa o grupo para se incorporar noutros proxectos, deixando oco para a entrada de xente nova e permitindo deste xeito que siga a correr a auga e a moer a moa.

Arredor datransmisión damúsicatradicional
Dende logo,é interesante, co paso do tempo, analizar como o labor de mestres gaiteiros como Oliveira e tamén doutros coma Luis O Caruncho, Luis Prego,Fernando Costas, Chuco Estévez ou Laureano Muñoz,só por citar algún das Rías Baixas,engade un novo elo na transmisión dun saber que eles recibiron doutrosmestres coma os devanditos Moxenas e Otero.E o interese desta análise reside no éxito rotundo que conseguiron. Apenas había,nunha cidade coma Vigo, unhas ducias de gaiteiros hai 30 ou 40 anos, e a inmensa maioría nas parroquias máis rurais coma Lavadores ou Sárdoma.

Hoxe en día cóntanse por centos, mesmo por millares, nun fenómeno que se estende uniforme por todo o país e que medrou acarón de asociacións veciñais e culturais, radicalmente afastado das subvencións e apadriñamentos públicos que recibiron nos últimos vinte anos esoutras propostasmarcianas que teñen o seu máximo expoñente na banda de gaitas da Deputación de Ourense.
Quizais teñamos diante dos ollos o camiño a seguir noutras moitas vertentes,e non só culturais, e só nos falta para encetalo a claridade de ideas e a afouteza que tiveron e teñen estes homes e mulleres namorados da gaita e damúsica tradicional.

Por riba, ao ter sólidos alicerces,a música tradicional galega ten a capacidade de interactuar con outras culturas musicais e non ser deglutida como lles ten acontecido ás músicas de tantos outros países.

É obviedade,mais non se debe esquencer que Moxenas,Berrogüetto, Pelepau,Cuarteto Caramuxo ou Projecto Trepia son formacións máis ou menos afastadas da tradición pero que existen hoxe en día grazas ao labor silandeiro que uns poucos mestres gaiteiros desenvolveron no momento crucial no que se xogou o futuro da nosa música tradicional.

Faro de Vigo



Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2011 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 "proposta contemporánea" que barato é falar, o#blgtk08#u neste caso escribir, fai falta ter cara dura
Comentario por jjj (16-03-2011 15:52)
2 "outra que abrangue os metais: saxo(??????) clarinete(????????) ac#blgtk08#ordeón (??????)" pero quen foi o ignorante que escribíu isto?????
Comentario por (16-03-2011 16:10)
3 Pffff.... di algo ben??? TRadicional? porque#blgtk08#? En fin, moita estrellita e moito conto...
Comentario por (16-03-2011 20:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0