Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Musgafol (Pontevedra)
MUSGAFOL: Gaita e Orquestra
AUDITORIO PAZO DA CULTURA, PONTEVEDRA
Venres 21 de xaneiro, 21h
Entrada de balde ata completar aforo


Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e da figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por una etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.

Desde que a LOXSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos como o piano, a arpa ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.

O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica composta para a gaita de fol galega moderna, que ata agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.

Tras un percorrido polas creacións musicais para gaita e piano e para gaita e banda sinfónica, nesta terceira edición do MUSGAFOL, dedicada ao repertorio para gaita e orquestra, daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso país como Xurxo Fernández, Oscar Ibáñez, José M. López, Diego Mariño, Cristian Silva ou Pablo Devigo, acompañados pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, baixo a batuta do director Javier Viceiro, gravando ao vivo, coa colaboración da Radio Galega, o primeiro CD monográfico deste repertorio, que marcará un fito na historia do noso instrumento.

PROGRAMA

OFCP
Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Director: Javier Viceiro

Solista: Xurxo Fernández
Alba de Ultramar (Ernesto Campos)

Solista: Oscar Ibáñez
A Derradeira Sintaxe (Javier María López)

Solistas: José M. López e Diego Mariño
Con-certo Sentido (Ernesto Campos)
1. Dorothé e Antón. Pioneiros
2. Pontevedra e Don Ricardo

Solista: Cristian Silva
Carmina Utricularis (Javier María López)

Solista: Pablo Devigo
Xota (Pablo Devigo)

Todos os solistas
Alborada Galega (Pascual Veiga / Adaptación para orquestra de Marcos Valcarcel a partir do arranxo para banda de X. L. Represas)

Organiza
Asociación Toque pechado de Pontevedra

Promove
Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra

Colabora
Pazo da Cultura de Pontevedra, Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga, Radio Galega, Localia Pontevedra, Dos Acordes.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-01-2011 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer