Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Proxecto Mixtura (Marín)
A partir do vindeiro 1 de novembro ponse en marcha no concello de Marín, o chamado proxecto Mixtura.

O longo da nosa vida estamos afeitos a que os nosos antergos dende sempre e atao de agora loitasen pola dignificación da gaita galega, e a figura do gaiteiro non coma un animador de festas sinxelamente, senón coma: MÚSICO.

Na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de gran explandor e na que se recuperaron os seus valores reais , e o seu recoñecemento social nos que están garantidos o seu ensino , e o seu espallamento , mais ala de Galicia.

Despois da posible introducción da gaita galega nos conservatorios do noso país isto fai, que estemos a asistir a unha continua creación dun novo repertorio para nosa gaita acompañada por todo tipo de instrumentos musicais coma ; piano, arpa trompeta , clarinete etc, ou por formacións musicais coma: bandas de música, ou mesmo orquestas.

Mixtura, é un espazo onde se vai dar cita a música tradicional e a música academica para gaita galega do século XXI, Que polo de agora só tiña cabida en algunhs consevatorios no que se potencia os seus creadores e aos novos interpretes.

Este proxecto quere dar continuidade a unha idea nacida polo ano 1960 no que en Marín aparece a primeira academia de gaita, co posterior nacemento de o grupo” Os de Marín” os cales foron os primeiros gaiteiros de academia de música.

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 27-10-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 interesante. que#blgtk08#n será o mestre?
Comentario por (27-10-2010 14:18)
2 O profe e FELI#blgtk08#PE REA OTERO.
Comentario por BENITO REBORDONDO (27-10-2010 20:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer