Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Arturo de Freás no Alalá

Hoxe, martes, día 26/10/2010

O Alalá de hoxe achégase á figura de Arturo de Freás, un gaiteiro con madeira de artista, pola súa aptitude incansable, talento artístico e xenio musical, que o configuran como un dos gaiteiros máis curiosos e creativos de Galicia. A súa predisposición á creación lévao a facer cousas tan distintas como gaitas de ósos de animais, de cerdeira, de hedra, gaitas de cornos de vaca, de tubaxes da calefacción, para facelas soar incriblemente ben.


Xunto a Arturo de Freás, o equipo de Alalá descobre outros valores deste creador de gaitas, que inventou a chamada gaita de dobre punteiro, pois só el é capaz de interpretar nunha soa gaita dúas voces dunha mesma peza, e coas dúas mans, mantendo un repertorio tradicional, popular e actual, sen esquecer a ambición da xenialidade.

Fronte ao programa, este gaiteiro amósase coma un home que ten unha opinión formada da vida e da sociedade, sobre emigración, traballo, matrimonio, música, etc. influído por comezar a traballar desde moi novo e emigrar a Suíza e Alemaña, lugares que lle achegaron esa visión xeral e particular á vez do mundo que o envolve.

Comentarios (2) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 26-10-2010 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 hola, este tipo e un xenio, a verdade e que e un magnifico da vida.
Gustariame ter a sua dirección ou tlfn. para contactar#blgtk08# con el e poder invitalo o noso povo un fin de semana, creo que el ivase divertir e nos tamen.
Saudos o magnifico Arturo.
Comentario por sergio (26-10-2010 23:16)
2 Hola Sr. Arturo. Vinno en Alala e me pareceo uha persoa con moito mundo, amplia e de ideas clarísimas. Ud es dos meus. Meu papá q.p.d. era de Quinta de Grixó e#blgtk08# eu nacin en Xocín de Rubiás. Disfrutei moito coa sua entrevista, que vemos a Galega a través de Canal + dende Granada. Un saudo pra todo o equipo do programa.
Comentario por pilar (10-11-2010 15:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer