Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Mercedes Peón

«SOS» é o poliédrico título que a cantante dá ao seu cuarto traballo discográfico, no que recolle desde os sons das rúas de São Paulo ata o canto dos grilos de Oza dos Ríos


Vai apañando sons polo mundo e logo fai que os demais disfruten con eles. O mesmo recolle o canto dun grilo na súa casa de Oza dos Ríos que conversas no metro de São Paulo; apaña o son dunha copa, dun prato, da pandeireta, pero sobre todo desa voz súa tan persoal, esa voz que é «unha parte fundamental, porque a voz é a faceta que teño máis dinámica», asegura Mercedes Peón. A cantante vén de rematar a gravación do seu novo disco, SOS, o cuarto, que sairá á venda o 22 de novembro. Antes, esta mesma semana, marchará a Dinamarca co seu espectáculo Performance: «É un festival de música ao que se presentaron 800 ofertas de todo o mundo e seleccionaron dez, polo que se supón que estas son as dez mellores propostas do mundo; e aí estou, ¡e con todo en galego!», salienta. De Cádiz a Barcelona ou de Lugo a Polonia, xa levou este espectáculo que fai ela soa durante unha hora no escenario. «En Polonia había un festival parecido ao de Ortigueira; cando rematei fixen un bis e funme cambiar; tiven que volver saír, xa cambiada, porque alí estaban cinco mil persoas aplaudindo», lembra.

-¿Por que «SOS»?
-É a mensaxe de socorro, que en morse sería ...---... Pero tamén sós, de solos e en arxentino é sodes. É como moi sistémico, non me quedo coa primeira cousa porque simultaneamente van acontecendo moitas. Se escoitas o disco hai como vento, é moi electrónico, hai densidades de sons brutais, cóncavos, esféricos, por veces a nada, que lle dás a volta e está chea. O que importa é escoitalo, é un traballo moi sincero, cheo de humor.

-¿Como fai humor con esta música?
-Cando fun a São Paulo (que por certo está cheo de helicópteros, hai moitísimos) pillei a gravadora na man e recollín os sons do metro, os sons da megafonía, da xente falando ao meu arredor. Son sons que fan que este sexa un disco moi cineasta, porque todo iso está ampliado. Ese tema chámase Aquí chegei mandáronme vir; é unha viaxe das emocións que tiven eu, e aparece tamén o birimbao tocando e de súpeto hai unha especie de rumba, e empezo a cantar por encima da rumba Aquí chegei mandáronme vir. Este é un tema duro de escoitar, pero eu paseino moi ben. É un disco moi creativo no que me realicei como compositora, como produtora, con moitas interaccións ao meu redor. Eu estou encantada con este traballo, estou superrealizada.

-¿Fixo todo vostede: composición, música, produción...?
-Está feito no meu pequeno estudio na casa e o fío condutor ten moito que ver cunha especie de obra electroacústica inmersa en todos os temas. Os meus discos non son do mesmo formato, necesitan un aloumiño distinto. Sempre vou facendo as miñas composicións para esa musica persoal e fago todo, ata edito o son, pero neste caso é moito mais escandaloso. Tiven axudas de amigos como Nacho Muñoz, Fernando Abreu, que é clarinetista e imprime o seu carácter, ou José Puga, con que estiven no seu estudio mesturando durante un mes e fixo que todas as cousas do disco estean no seu sitio.

-¿Canto tempo leva traballando para este disco?
-Dous anos e medio. Estes son traballos moi persoais.

-¿Hai temas cantados?
-Si, a música é bastante densa e a voz forma parte del porque a voz é a faceta que teño máis dinámica. Hai anacos pequenos repetidos para crear unha sensación de repetición. A voz é unha parte fundamental, matices moi distintos da miña voz porque eu son unha bomba de reloxería, son moi expansiva, moi explosiva. Este disco é o mais conceptual dos que fixen, non me canso de escoitalo, cousa que non me pasaba cos anteriores.

-¿Está editado por vostede?
-Si, facemos una edición de 5.000 discos en exclusiva, cunha caixiña negra, moi bonita.

-¿Non son moitos eses 5.000 discos para unha edición?
-Suponse que haberá reedición. Polo de agora sigo sendo unha artista rendible, o selo Mercedes Peón vende.

-¿Como vai facer para levar estes dez temas aos concertos en directo?
-Poñelo en directo é moi complicado, non podo ter sobre o escenario aos cincuenta músicos que serían precisos para este disco. Por iso a miña banda vai ser moito máis electrónica do que era. Polo de agora teño aos músicos bastante tolos, pero seguro que nunha semana de traballo poñémonos a preparalo e o temos arranxado. Pero o de saír de xira será un proxecto para máis adiante.

La Voz de Galicia
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2010 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 http://www.buyche#blgtk08#apuggbootss.com/
Comentario por cheap ugg boots (12-10-2011 05:55)
2 que nunha semana de traballo poñémonos a preparalo e o temos arranxado. P#blgtk08#ero o de saír de xira será un proxecto para máis adiante.

Comentario por ugg boots (12-10-2011 06:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer