Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista cos Diplomáticos de Montealto
Nos anos 90, Galicia vivía tamén a súa particular idade dourada do rock. Eran os tempos da movida, Vigo e Siniestro Total. Con todo, ninguén se atrevía a facer rock en galego. Uns rapaces de aldea, "Os Diplomáticos", convertéronse entón naquel grupo imposible. Agora cumpren 20 anos. "Naquela época dicíase que o galego non valía para o rock and roll, e que na Coruña ninguén falaba galego", rememora Xurxo Souto, líder do grupo.

Os agoreiros afirmaban que aquela experiencia estaba condenada ó fracaso. Con todo, aquel grupo de "inconscientes" decidiu perseverar na súa idea: facer rock en galego.

"Aquilo foi fascinante. Foi a felicidade extrema", recorda Souto. "Os Diplomáticos de Monte Alto" mesturaba todo o que se podía mesturar: ska, punk, folk ou música popular. Eran mestizos sen sabelo. De feito, o seu éxito levounos a París, onde compartiron escenario e aventuras con Manu Chao. Eran tempos de "Mano Negra". Moito antes diso, "Os Diplomáticos" tiveron que saír de Monte Alto, un dos barrios máis emblemáticos da Coruña. "Cruzamos a Ponte Pasaxe e atopámonos con moitos grupos parecidos", sinala Souto. Entón foi cando xurdiu o movemento: O Bravú.

"Xa existían os grupos. O único que fixemos foi xuntarnos todos", engade Mangüi, outro dos compoñentes da banda. Aquela primeira reunión tivo lugar en Chantada (Lugo) e supuxo a ruptura da "incomunicación proverbial" da cultura galega. "Sabemos o que pasa en Londres ou en Berlín, pero non o que ocorre en Verín", lamenta Souto.

Tras aquel encontro comezou a época dourada do movemento bravú, do rock que cheira a monte. "A carne sen castrar", define Souto. Eran tempos de Heredeiros da Crus, Os Resentidos ou Yellow Pixolinas. "Naquela época moviámonos nun territorio marxinal", recorda Souto. Con todo, a súa música conectou coa xente e levounos a percorrer toda a península ibérica e ata Francia. "Pasamos de non ser nada a ser uns auténticos dinosauros", subliña Souto parafraseando a Rosendo. O impulso do movemento bravú durou pouco, pero o suficiente para crear por fin unha tradición de rock galego e, ata, influír en toda unha xeración de mozos a través das cancións dun popular programa infantil. "Agora hai que matalo para que xurdan novas formacións", di Souto.

NA CORUÑA Concerto na sala "O Túnel"

Na Coruña só sobreviven catro salas de concertos. "É un fracaso histórico da Coruña non ter unha sala potente", apunta Souto. O vindeiro venres "Os Diplomáticos" tocarán de novo nunha destas salas, "O túnel" para celebrar os vinte anos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-10-2010 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0