Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Premio `IAR´ de Folclore Galego 2009
Queremos animarvos a coñecer o Premio IAR de Folclore Galego, que levamos realizando dende hai 18 anos. Agora ben, se tes algún tipo de vinculación co folclore galego, ¡ANÍMATE! ou ¡ANIMA!, propoñendo a túa candidatura ou a terceiras persoas para ser galardoado, como foron no seu momento os que referenciamos no Anexo.

Unha vez máis, insistimos especialmente en que calquera persoa, grupo ou asociación que realice unha labor de potenciación, traballo, coñecemento, e demais pola nosa cultura pode optar a este Premio. É a nosa mais sinxela maneira de recoñecemento.


As candidaturas deberán remitilas a :

XURADO PREMIO ?IAR? DE FOLCLORE GALEGO
R /CERCA, 30 BAIXO, 15009-A CORUÑA
iargrupo@hotmail.com
O fallo do xurado será o 15 de Novembro e a entrega do Premio terá lugar durante o FESTIVAL

O Premio ?IAR? de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.

Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.

As bases polas que se rexeu dende o inicio ata o día de hoxe a concesión anual do Premio ?IAR? son as seguintes:

1. Poderá concorrer á obtención do Premio ?IAR? toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; pódense outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.

2. As candidaturas poderán presentarse diretamente ou a través de terceiras persoas que poidan propoñelas.

3. O prazo de presentación de candidaturas para o Premio ?IAR? está aberto dende o pasado mes de Febreiro ata o 10 de Novembro, valorando nesta decimoitava edición o labor realizado ata finais do ano 2008, en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.

4. As candidaturas deberán ir acompañadas dun ?currículo? da/o candidata/o e unha memoria dos traballos realizados ata o ano anterior.

5. As candidaturas deberán remitirse por correo ordinario ao Grupo de Bailes Populares ?IAR?, sito na Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, ou ao correo electronico iargrupo@hotmail.com , a atención do Xurado Premio ?IAR?

6. O Premio ?IAR? será outorgado por un xurado composto por tres destacadas personalidades do mundo folclórico galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, e a/o Presidenta/e do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, que actuará como Secretaria/o, con voz e sen voto. Ningún membro do xurado poderá ter relación direta con ningunha das candidaturas presentadas.

7. Non poderá presentarse o/a gañador/a dalgún Premio ?IAR? anterior.

8. O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos dabondo nas candidaturas presentadas.

9. O Premio ?IAR? 2009 fallarase o 15 de Novembro, antes da celebración da XVIII edición do Festival de Premio ?IAR? de Folclore Galego, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro, o vindeiro 27 de Novembro de 2010.

A.VV. Castrillón-Urbanización Soto ?IAR?

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2010 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 para ser un dos premios de folclore máis importantes do noso país, está pouco publicitado, tanto o #blgtk08#propio concurso como a atorgación do premiado. Xa deberíades de ter publicitado o nome do premiado.
Comentario por o ghaiteiro (22-11-2010 16:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0