Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Noitarega celebra dúas décadas na música tradicional co disco ?XXI?

Vinte e un son os anos que levan os Noitarega ofrecendo ao público a súa visión da música tradicional do país. A esa data de andaina polos escenarios fai referenza o título do seu máis recente traballo, XXI, que constitúe o terceiro dentro da súa carreira musical.

Chama a atención os poucos álbumes publicados en dúas décadas. ?A razón principal é que algúns dos compoñentes da formación non viven da música e iso condiciona o funcionamento da banda, pero tamén cómpre ter en conta que nós sempre consideramos o disco como unha carta de presentación e que a nosa razón de ser non era gravar, senón realizar concertos para ter contacto directo co público?, sinala Xosé Oliveira, gaiteiro da formación.

Estes son malos momentos para contar con moitas actuacións, ?e co paso dos anos podemos dicir que resulta complicado manter un grupo das nosas características, xa que quedan poucos. Os concertos non son moitos e os cachés non son altos. Houbo un periodo en que notamos un certo baixón e coincidiu coa eclosión de propostas folk. Penso que agora é un momento de volta ás raíces e que as novas xeracións, moi eclécticas nos gustos, demandan música tradicional?. Como tantos outros músicos galegos deberon recurrir á autoprodución para editar este traballo. ?Iso é consecuencia das condicións que ofrecen as discográficas. Compénsanos máis facelo así. Deste xeito, ti mesmo sementas e es o que recolles as patacas se a colleita sae ben. De momento non nos podemos queixar porque levamos vendidos case mil exemplares?. Na obra existen nomes que salientan, ao aportaren tres composicións ao álbum. Trátase de Moxenas, Henrique Otero e Carlos Justo. Dous dos gaiteiros de Noitarega foron alumnos e veciños de Moxenas, e os percusionistas acompañárono nas súas actuacións durante cinco anos. ?Foi o noso mestre musical e referente na forma de tocar e entender a gaita?, indica Oliveira. ?Otero é a outra parte do espello, o músico con formación que non tocaba de ouvido e mantense como outro referente claro para nós, mentres que Justo é un compositor cunha gran capacidade creativa?.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-10-2010 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0