Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Convocatoria: A Saia de Carolina en galego
CONVOCATORIA DA PLATAFORMA A SAIA DA CAROLINA EN GALEGO

Razón:
O feito de que nas aulas de música de sexto de primaria do colexio da Laxe de Marín, e en moitos máis colexios do noso país, os/as nenos/as estuden a canción tradicional A saia da Carolina en castelán provoca risa primeiro e indignación despois. A carón doutros temas en castelán e inglés, A saia da Carolina vén traducida no libro de texto -redactado en galego ata o ano pasado- como consecuencia da aplicación da política lingüística da Xunta de Galicia e coa inten ción de conseguir unha falacia imposible, o bilingüismo harmónico.
A tradución de temas populares ten funcionado a xeito de esconxuro ridiculista, como ironía e autodefensa co ntra quen pretende anormalizar o normal, pero de ningunha maneira pode formar parte dun método didáctico se non se pretende incluír nunha campaña de desprestixio da lingua máis feble. O camiño cara a ese bilingüismo cordial, que leva ao desprestixio social do idioma galego e á progresiva substitución polo castelán, implica barbaridades como a cometida no colexio da Laxe. A inversa sería impensable.

Causa:
Para quen vén administrando a educación en Galicia dende que temos autonomía política, a cuestión do idioma sempre foi unha batalla que conviña perder, aínda que non moito. Manter ben controlada a chave do noso orgullo para proxectar en Madrid a imaxe que aló desexan ver, a dun pobo submiso e ancorado aínda nos Séculos Escuros, que soubo reducir o idioma propio ?popular e de glorioso pasado- a unha cuestión familiar e folclórica, implica que os mesmos dirixentes que marcan outras liñas de progreso (de progreso propio) neste país non proxecten unha imaxe de ?tímido españolismo? sobre as súas respectivas sedes partidarias centrais, e así poder promocionar a nivel estatal as súas propias carreiras políticas. A vítima, o idioma galego, o que nos fai únicas/os no mundo. Manter contentos os sectores moderadamente galeguistas e conniventes cunha ínfima promoción do idioma que moran nas delegacións galegas dos dous partidos maioritarios estatais, é a única razón que os obriga a un certo respecto polo idioma.

Nin un paso máis.
Consecuencia desta actitude servil, entre outras, é a creación dese concepto-pantasma, o bilingüismo harmónico, que só serve para roubarlle ao idioma galego espazos re-conquistados con anos de loita. A última arma, o Decreto do plurilingüismo. A consecuencia, patetismos como o cometido no colexio da Laxe coa Saia da Carolina, encamiñados a espallar entre as xeracións máis novas a imaxe dunha lingua limitada e cada vez menos válida.

Resposta:
Nace a Plataforma cívica A saia da Carolina en galego coa intención de enfrontar, coa forza cívica e da razón, un feito concreto: a ofensa cometida contra o noso idioma e contra a nosa cultura popular por quen ten a obriga coidar, promocionar e poñer en valor todo ben cultural galego, e máis cando se trata de transmitilo ás novas xeracións.

Así, a Plataforma cívica A saia da Carolina en galego convoca a todo o Pobo Galego para que ás 20:00 h. do vindeiro día 21 de outubro de 2010 se concentre na alameda de Marín coa intención de cantar a nosa canción como debe ser, como lla queremos transmitir aos/ás nosos/as pequenos/as e ao mundo, en galego. As nosas voces serán unha espiral infinita.

Non nos roubarán a alegría.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2010 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0