Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Marful arrasa |
|
Marful esgotou a primeira edición do seu agardado disco ?Manual de sedución? en menos dun mes, despois de que o pasado 16 de setembro presentaran o traballo no Teatro Colón da Coruña. O grupo formado por Ugia Pedreira, Pedro Pascual, Pablo Pascual e Marcos Teira actuará na Casa da Música do Porto o vindeiro 29 de outubro.
Segundo Marful, Manual de sedución é o seu disco máis surreal, o máis desexado, logo do éxito do primeiro, de 2006. Xa daquela Marful lideraba unha revolución musical en canto a arranxos, estética e letras de cancións.
Marful, o grupo do que os fans din que "é o mellor que lle puido pasar á musica galega nestes últimos 10 anos", déixase seducir neste novo traballo pola música popular galega, italiana, cubana, brasileira, a música ambulante, as varietés e o music-hall. O resultado é un son club, vintage e cool, co carimbo do realismo máxico galego, cheo de tópicos galego-portugueses e de retranca. Un disco para danzar twist, swings, pasodobles, jotas, mambos...
Un disco que seduce en acougo, fai preguntas e acepta a contradición. Neste Manual de sedución o amante ótimo é unha crianza medrada, un (ou unha) exibicionista emocional. Porque a sedución non é explícita, é maxín: o lugar onde se crían as cores e as mans tentan posibilidades. Grazas a un extremo poder de desafio, en Marful atópanse tres músicos con maiúsculas e unha voz de intelixencia cautivadora: Pedro Pascual, Marcos Teira, Pablo Pascual e Ugia Pedreira. Catro sedutores que saben gañar o aplauso do público e o recoñecemento da crítica alí a onde van.
Manual de sedución está gravado nos Estudios Savik Sound co técnico José Trincado na primavera 2010 e foron acompañados nesta viaxe por moitos amigos e colaboradores, entre eles Xacobe Martínez (contrabaixo) e LAR Legido (batería e percusións) de Sumrá
www.galiciahoxe.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|