Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Na cerna da música tradicional en Galicia |
|
Neste volume, da autoría de José María Cebeiro Fernández e de Xosé Francisco Noia Souto, recóllese a vida desta formación a partir da proposta da Asociación Cultural A Regionalista, que cada ano publica un estudo etnográfico centrado no territorio de Teo, concello que acolle o Certame Persoeiros da Terra para agasallar a cultura tradicional
Fieis á cita anual, a Asociación Cultural A Regionalista, en colaboración co Concello de Teo, celebrou o pasado 26 de setembro o II Certame Persoeiros da Terra que este ano se lle dedica ao Sexteto Enxebre Hermanos Lamas, de Cornide-Teo, no centenario do seu nacemento como conxunto. No acto conmemorativo presentouse o libro Sexteto Enxebre Hermanos Lamas de Cornide. Centenario (1910-2010), que recolle a vida desta formación e que ten como autores a José María Cebeiro Fernández e a Xosé Francisco Noia Souto.
A idea da publicación anual destes estudos etnográficos, centrados no territorio teense, partiu da Asociación Cultural A Regionalista, con sede neste municipio, que logrou, ademais, que a cita, dende o ano pasado, se convertese en anual xa que "para a xente que amamos a cultura galega, é a forma de renderlles homenaxe ás persoas que dende o anonimato co seu bo facer a expandían. É dunha gratitude e satisfacción persoal impagables"
No día da presentación do libro tamén se procedeu á inauguración dunha exposición co material recompilado en hemerotecas e prestado para a ocasión polas familias dos integrantes: instrumentos orixinais, partituras centenarias e mesmo correspondencia desde a fronte en plena Guerra Civil do 36: Neste sentido, resultou fundamental o papel das familias ?parte viva do Sexteto Enxebre Hermanos Lamas? e dos transmisores da cultura galega en xeral, quen lles facilitaron ós autores a información e mais os materiais necesarios para a execución deste libro-monográfico. A partir destas achegas, Cebeiro Fernández e Noia Souto preséntanos unha escolma do material emprestado para que poida ver a luz que outorga a inmortalidade que ofrece a edición dun libro.
A través das páxinas deste libro descubrimos que o auxe e proliferación das murgas, charangas ou músicas se produciu a partir do ano 1900, que ocuparon o elo perdido entre o cuarteto ou sextetos tradicionais (como as requintas) e as bandas de música. Estas formacións populares tiñan como base instrumental os elementos propios do cuarteto tradicional, como a gaita, a caixa e o bombo, ó que se lles uniron os pratos; o resto dos instrumentos son de vento madeira ou vento metal.
Coa Guerra Civil, as murgas ou charangas sufriron un fondo retroceso aínda que, ó integrárense moi ben no contexto dos festexos e por mor da unión entre os actos cívicos e os relixiosos, proliferaron de vagariño por toda a xeografía galega. Ademais, o seu custo á hora de contratalas, en comparanza coas bandas de música, influíu positivamente no espallamento ó cal contribuíu tamén que se fosen incorporando músicos con formación académica, o que lles deu gran dinamismo a estes grupos tradicionais ó poder achegar un repertorio rico e variado.
www.elcorreogallego.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|