Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Oh! Trío. Proxecto acústico en Compostela e Cervo
Dentro do festival Espazos Sonoros , Oh Trio ofrecerán a súa nova proposta musical creada sobre temas da coletánea feita polos musicólogos Torner e Bal y Gay onde as linguaxes do jazz e a improvisación libre mestúranse coas melodías transcritas da tradición oral a mediados do século XX. Actuarán o xoves 14 de outubro na Igrexa da Universidade (Santiago) e o venres 15
no Museo da Historia de Sargadelos (Cervo)


Oh Trio son:

Antonio Bravo, guitarra acústica
Germán Díaz, zanfona
Diego Martín, percusións


?E o que teñen que faguer todos aquiles que arelen ser músicos galegos, é s?introducir na i-alma da nosa música popular (...) para atenguir as íntimas esencias do lirismo galego e con eles construir unha música universal.?
(Discurso sobre la música popular gallega (ca.1930), Jesús Bal y Gay)

Oh! Trío é unha formación que ten menos dun ano de existencia, aínda que os seus compoñentes coñécense e veñen colaborando xuntos en distintas formacións como Rao Trío, Brigada Bravo & Díaz ou Marisco Fresco. Oh! Trío presenta o seu novo proxecto acústico baseado en melodías tradicionais do Cancionero Gallego de Torner e Bal y Gay.

Despois dun traballo de selección entre os centenares de melodías que ofrece esta obra, Oh! trío propón unha recreación de melodías galegas desde o prisma do jazz e a improvisación.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2010 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0