Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A e-Trad abriu o curso con 266 alumnos |
|
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, inaugurou o xoves pasado o curso na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, a E-Trad, nun acto que contou coa actuación do grupo 8 Rodas, pertencente á Orquestra Sondeseu, e no que tamén ofreceron un concerto de música tradicional os profesores do centro con pezas preparadas para a ocasión.
A E-Trad aproveitou esta cerimonia para entregar os diplomas á primeira promoción saída desta escola (os alumnos do itinerario profesional), desde que se independizou da Escola de Artes e Oficios, á que pertencía como departamento de Música Tradicional. A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional conta este curso con 266 alumnos matriculados, mentres que o ano pasado terminárano 180 persoas. Este salto no número de alumnos débese a que cada ano vaise sumando outro curso do novo plan de estudos, desde que comezaron fai tres anos coa chegada do novo goberno municipal. O itinerario profesional está dividido en dous niveis cun total de seis anos, e está dirixido a unha minoría de profesionais que se queren introducir na música folk tradicional ou estudantes que queren ser profesionais.
Pero a E-Trad tamén conta cun itinerario básico para afeccionados, persoas que sen preparación previa queren aumentar a súa cultura persoal, que queren gozar da música, entre outras motivacións. No ciclo básico, por primeira vez este ano foi necesario sortear as prazas pola elevada demanda que se rexistrou. Doutra banda, a escola sumarase este ano a un programa do Servizo Municipal de Educación para visitar decenas de colexios e institutos da cidade e levar neste caso a música tradicional aos escolares. Para os máis pequenos está previsto cantar con eles un conto na aula, de tal forma que poidan sentir e ?tocar? a música de preto. Á súa vez, os alumnos de Secundaria poderán asistir a concertos, que serán explicados e nos que poderán participar con palmas, percusión e doutras formas que lles permitan achegarse á música a través da diversión.
En paralelo, a E-Trad prosegue co proxecto europeo para fomentar a creación de orquestras folk ligadas a institucións educativas (seguindo o modelo de Sondeseu), que este ano trouxo a Vigo aos seus socios de Turín e de Helsinqui, a quen se sumou a Royal Scottish Academy of Music and Drama. En relación con isto, os responsables da escola lanzaron outra idea na recente Convención de Folk celebrada en Zamora, que consiste en crear unha rede similar pero centrada na Península Ibérica, con institucións de España e Portugal, e que xa tivo resposta dunha localidade lusa, da Escola de Música Tradicional de Burgos e a Deputación de Granada, cada unha coa súa forma de ver o folk.
www.atlantico.net |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|