Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bruma en Compostela
Lugar: Salón Teatro Rúa Nova, 34
Data: mércores, 13 de outubro de 2010
Prezo: 5 ?
Horario: 21:30

A compañía pontevedresa Bruma protagoniza a segunda das actuacións do programa "ST Música Presente" no marco da que presentará o seu primeiro traballo discográfico, o DVD 'Nove espellos e unha caixa de música', editado por Cumio como resultado da gravación do espectáculo homónimo.


Dirección Artística e Musical: Serxio Cobos
Elenco: Uxia Portela, Manuel Covas, Maria Prieto, Mercedes Prieto, Iván Costa, Miguel Fraguas, Serxio Cobos
Iluminación: Ángel Cobos
Son: Fran Santos
Vestiario músicos: Patri
Vestiario bailaríns: Ada Negra

Consciente ou inconscientemente pasamos a vida buscando espellos humanos cuxo reflexo nos diga algo de nós. Algúns aborrecémolos, outros namórannos, pero nada, ou case nada, dura. A partir desta reflexión e nun ambiente melancólico, romántico, escuro e máxico desenvólvese esta produción onde a música é o son da danza e a danza, a imaxe do son.
Baixo a dirección artística e musical de Serxio Cobos, 'Nove espellos e unha caixa de música' mestura elementos circenses, toques teatrais e a atemporalidade da danza tradicional, clásica ou contemporánea (interpretada polos bailaríns Uxía Portela, Manuel Covas, María Prieto, Mercedes Prieto, Iván Costa, Miguel Fraguas e Serxio Cobos).

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-10-2010 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0