Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Manolo Solla no Alalá |
|
 Hoxe, martes, día 12/10/2010
Un son e unha voz, na figura de Manolo Solla, máis coñecido como o gaiteiro de Vilariño, será protagonista dunha nova noite na compaña de "Alalá", que se achega á vida e obra de todo un mestre gaiteiro, nacido en Vilariño, Hío, concello de Cangas, lugar onde se sentiu atraído pola gaita cando saían a percorrer as parroquias durante o famoso Entroido.
Lucho -Luchiño, como lle puxo súa avoa cando o veu nacer- falaranos de momentos clave na súa vida, de como mercou a súa primeira gaita; dos momentos duros no traballo e na familia dun home entrañable, un gran mestre e un magnífico gaiteiro.
Foi aquí desde onde, sendo moi pequeno, trasladouse cos pais a Vigo, onde a vida deste home foi moi intensa e a súa traxectoria musical tamén, pois estivo en moitos grupos, como Os Cuncheiros e Vento das Cíes; en formacións do momento como foi Os Cruceiros, unha das máis importantes da música nos anos sesenta e en que estaban figuras como Henrique Otero ou Portela; formou parte dos "Airiños Galegos de Sampaio"; leva vinte e sete anos na Asociación de Lavadores en Vigo e doce anos co seu grupo actual, "Os Folieiros de Lavadores". O que nunca deixou foi de aprender, pois foi e segue a ser mestre.
Na década dos sesenta e setenta facer anuncios para radio e televisión non era habitual, pero Solla púxolles música a varios anuncios publicitarios e as gravacións dos discos en Madrid foron momentos gloriosos para o mestre gaiteiro. Non faltaron recoñecementos e galardóns e numerosas viaxes por España adiante.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Eu creo que esta moi ben feito todo ao igual que omeu avo: Manuel Solla (Lucho).
Tedes unha #blgtk08#biografia del incrible, ao igual o progrma que fixestes del, podo asegurar que quedou moi contento. |
|
|
Comentario por sabela solla (30-10-2011 13:39) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|