Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival `O Circo da Lingua´ en Soutomaior
A Plataforma Queremos Galego da localidade de Soutomaior organiza o festival en defensa do galego O Circo da Lingua, para o sábado 16 de outubro neste concello da comarca pontevedresa.

Ante a despreocupación do Concello de Soutomaior por apoiar de calquera xeito esta iniciativa, O Circo da Lingua autofinánciase na súa totalidade mediante a venda de camisolas editadas especialmente para a ocasión, ao prezo de 10?.

No Circo da Lingua haberá actividades para todos os públicos a partir das 11.30 da mañá; haberá tamén unha zona de xantar comunitario, para o que hai que anotarse previamente (o prezo dos bonos é de 15?). O acceso ao recinto do festival e ás diferentes actividades si é completamente gratuíto. As persoas que xa saibades que ides asistir e queirades apuntarvos, podédelo facer directamente enviando un correo-e a queremosgalegosoutomaior@gmail.com

Programa

· 11:30 h Roteiro musical.
Actividade infantil dirixida polo músico Marcelo González. Durante o roteiro @s moz@s irán reciclando diferentes materiais para construír os seus instrumentos.
Lugar de Saída: Casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)

· 11:30 h Xogos tradicionais
Mostra de xogos tradiconais galegos na que os participantes poderán coñecere desfrutar das diferentes modalidades do xogo tradicional galego. A partir das 12.00 h comezará o campionato de Bolos celtas.
Lugar: Carreira de Bolos do Val-Sobral

· 14 :00 h Xantar popular.
Comida popular e sobremesa con diferentes actividades musicais e intervencións. Os bonos para a o xantar (15 euros) poderán solicitarse a través do enderezo electrónico: queremosgalegosoutomaior@gmail.com

· 16:00 Castelos inchables para nen@s:
Lugar: Alameda de Talorío

· 16:00 h Feira do Libro
Mostra e venda de libros na que participarán diferentes editoriais e librarías galegas.
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade - Soutomaior)

· 16:00 h Feira de Artesanía
Mostra e venda de diferentes produtos artesanais na que participarán artesáns chegados de diferentes lugares do país.
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade ? Soutomaior)

· 17:00 h Espectáculos de Rúa
Espectáculos de diferentes artistas galegos que amenizarán a xornada con xogos malabares, espectáculos de clown, música, paiasos etc. Nos espectáculos de Rúa contaremos coa presenza das compañías:
? Os 7 magníficos +1
? Peter Punk
? (Dúas compañías máis pendentes de confirmación)

Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade ? Soutomaior)

· 17:30 Mesa de debate ? Un futuro en galego: retos de hoxe para unha lingua normalizada?
A palestra contará coas intervencións de :
? Anxo Louzao ( Secretario nacional de CIG Ensino)
? Bieito Lobeira (Deputado e voceiro de lingua do BNG)
? Fran Rei (Portavoz da Plataforma Cidadá Queremos Galego)
? Pilar García Negro (Sociolingüista e profesora na facultade de filoloxía galega da Universidade da Coruña)
? Xosé Henrique Costas (Vicerreitor da Universidade de Vigo e catedrático de lingua Galega)
Lugar: Multiusos de Arcade (Soutomaior)

20:30 Concertos na Alameda de Talorío
· Os tres trebóns e os homes sen medo
· Nao
· Som do galpóm
· Güintervan


www.queremosgalego.org
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-10-2010 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Red sole is a better one for Christian Louboutin athletic shoes. Christian Louboutin Shoes are designed just for you will. In the model marketing, Christian louboutin shoes are really a le#blgtk08#gend. Cheap Wedding Athletic shoes offers Christian louboutin shoes during a low price and superior quality.
Cheap Christian Louboutin Boots
Cheap Christian Louboutin Boots
Comentario por Cheap Christian Louboutin Boots (13-10-2011 04:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0