Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Gaitas artesanas co selo de Antón Corral |
|
O veterano construtor de instrumentos cede a testemuña ao seu neto no seu obradoiro de Tui.
Varias xeracións de gaiteiros, entre eles Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño, Anxo Lorenzo e Anxo Loís Pintos, aprenderon de Antón Corral, na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Alí creou o obradoiro de gaitas, zanfonas e doutros instrumentos de vento. Pasado o tempo, xa xubilado, ao falecer a súa esposa, decidiu vivir co seu fillo, nora e netos, en San Bartolomé de Tui. No baixo da casa trasladou o seu obradoiro e museo. O seu neto Ramón é o seu sucesor
O profesor artesán Antón Corral Martínez, de 74 anos de idade, vive os anos dourados da súa xubilación coa satisfacción de que o oficio, co seu propio estilo ten sucesor. O seu neto Ramón Corral, que se formou na Escola de Artes e Oficios de Vigo, fundada en 1972, fíxose cargo do obradoiro instalado no baixo da casa unifamiliar de San Bartolomé, en Tui. O mozo ademais é percusionista e actuou recentemente con Pedro Álvarez, gañando un concurso en Bandeira, ademais doutro en Ponteareas, co cuarteto "Redea solta".
Os instrumentos que saen do obradoiro, que funciona ao xeito "Antón Corral", teñen como característica "que o punteiro afina perfectamente grazas o minucioso traballo. Utilizo torno e xubias de man", conta Ramón. Así, a gaita "recoñécese polo seu timbre elegante, redondo e coa potencia xusta. Por iso gusta", precisa o avó Corral.
Até a súa porta chegan ex alumnos que son hoxe figuras de éxito mundial na música, como Carlos Núñez que "ten a súa propia estética no escenario, vestido de branco e coa gaita en cor negra". Con todo, Xosé Manuel Budiño inviste as cores: a gaita é branca, de liño, e el vístese de negro. Avó e neto, entre os que se advirte unha clara complicidade, contan que no obradoiro ambos investigan de forma permanente "loitamos para mellorar o son e a estética", afirman, sinalando un medidor de humidade no salón de probas. Por iso xorden as 14 tonalidades que teñen as gaitas de agora, "cunha escala cromática de Fa grave a Fa agudo", describen, sobre pezas que utilizan os músicos profesionais, aínda que moitos piden "a tonalidade de La".
As pezas son de buxo, que é a única madeira galega utilizable; e de granadillo de Sudáfrica, que se ennegrerce co paso do tempo e que é a mellor pola súa densidade, sonoridade e que apenas se deforma pola influencia do clima húmido ou cálido. Hai roncos moi traballados, de estilo barroco, con incrustacións de prata e marfil, auténticas pezas de colección. Cada unha leva manuscrita a súa característica e posible defecto. O "vestido" da gaita é a parte que compete a Esperanza, nai de Ramón, que utiliza a tea que pide o cliente, desde liño, a brocado ou veludo.
www.farodevigo.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|