Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Guadi Galego, mellor disco folk do ano por ?Benzón? |
|
Pasou máis dunha década desde que coñecimos publicamente a figura dunha Guadi Galego que ocupaba o posto de cantante en Berrogüetto. Ao longo destes anos amosou as súas inquedanzas en diversos proxectos musicais e medrou bastante como artista ata ocupar un lugar sobranceioro na música galega.
O seu primeiro traballo en solitario deulle o galardón ao mellor disco do ano nos IXPREMIOS OPINIÓN, un evento no que xa participou, en varias ocasións, enriba do escenario na gala de entrega dos únicos recoñecementos que existen para o folk galego.
?Que sensacións lle deixa o seu debut como solista con Benzón?
?A reacción do público foi moi positiva e, nese aspecto, estou moi satisfeita. Era un disco moi necesario para min. Foi un traballo incluso paradoxal nestes tempos xa que non era para levar posteriormente ao directo, xa que partipaba unha morea de xente, senón que se quedaba no propio disco, aínda que mañá farei algunha peza na gala. Era o que me apetecía facer e, en certa medida, non o considero un disco de solista.Malia que asino eu, fago os temas e teño a idea véxoo dun xeito máis global e considéroo un álbum de todos os compañeiros que participan.
?Co dúo Espido gañou outro PREMIO OPINIÓN e a xente está á espera dun novo traballo. Ten data de saída?
?O único que podo dicir é que, de momento, non haberá outro Espido. Haberá outra cousa, pero aínda estou a barallar opcións e teño que decidirme por algunha.
?Entre esas opcións posibles de cara ao futuro está un segundo disco de Nordestin@s?
?Non se sabe. Realizamos concertos e temos pezas novas, pero iso non quere dicir que vaiamos gravalas nun futuro inmediato.
?Nestes anos participou en diferentes colaboracións con artistas variados.Que lle aportan estas experiencias?
?Pois resultan divertidas e aprendín a moverme por diferentes estilos musicais. Seguirei facendo cousas con xente que me apeteza e, sobre todo, se vexo que teño algo que aportar ao proxecto, senón non paga a pena involucrarse.
?Dunha delas xurdiu a complicidade cos músicos cubanos de Alejandro Vargas Trío, que a acompañarán mañá no escenario. Que viu neles para comezar a traballar xuntos?
?Coñecinos no proxecto da Descarga. Veñen doutro mundo artístico e teñen grandes coñecementos musicais. Son en todo momento moi receptivos e amosan ganas de disfrutar da nosa música. No directo aportan a sua intensidade e nas pezas os seus arranxos.
?Dá clases de música dende hai anos. Que salientaría desa faceta súa de docente?
?As clases son as vivencias do día a día. Supoñen unha aprendizaxe constante e son moi importantes para que logo a vida real se vexa reflectida na vida artística. Non me custou nada poñerme a dar clases. O que cómpre é ter vontade e estar aberta a facer as cousas doutro xeito, e logo resulta fundamental saber transmitir os coñecementos ao alumnado.
?Ten vostede a gaita abandonada?
?Pois a miña está na casa de Xabier Díaz, actual cantante de Berrogüetto. Non a boto de menos, pero botareina. En Galicia temos xente que toca super ben e dá gusto ouvilos. É un instrumento ao que lle teño moito respecto e a verdade é que a teño un pouco afastada. Polo momento aínda non quero tocala en público.
?Desde os tempos daquela rapaciña que tocaba na banda de gaitas Robaleira, da súa Cedeira natal, ata este momento, cales son as vivencias que lembra?
?O que pasou é que eu fun mudando e deixándome levar cara a onde me levaba a vida e iso marcou tamén o camiño musical emprendido. Son unha muller que me fío moito das intuicións que vou tendo. Resultou fundamental rodearme de xente que me aportaba cousas e formar parte de Berrogüetto foi unha gran aprendizaxe, tocando con excelentes músicos e ademais xente na que cría e confiaba. Está claro que eles constitúen unha parte vital dentro da miña andaina musical.
www.laopinioncoruna.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|