Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova Galega de Danza, 2º clasificado polo disco ‘Tradicción’
–Que tal lles foron as actuacións co espectáculo Tradicción?
–Non houbo unha gran cantidade en número, pero as que fixemos foron importantes, como un concerto especial que realizamos na Quintana en Compsotela, que resultou moi ben e concurrido de público, e ademais non podemos esquecer os bolos que realizamos na Expo de Xangai.

–Comprenderon alí ben a proposta musical?
–O recibimento foi mellor do esperado. Aquí estamos afeitos a escoitar música de raíz con toques doutros estilos e foi unha surpresa comprobar o ben que funcionaba. Neste tipo de situacións volve amosarse que a música é unha linguaxe universal.

–Que están a preparar para o futuro?
–A ver se nos sae unha xira por Suramérica para que a comunidade galega de alí visibilice o noso xeito de facer as cousas. Tamén estaremos nas festas do San Froilán lucenses.Toca reflexionar, os tempos mudan. A verdade é que o espectáculo custa vendelo porque precisa de moita xente e cadro técnico amplo, e por iso non podemos actuar en certos escenarios de Galicia. Sempre tes na cabeza por onde pode ir o futuro musical da compañía e agora mesmo temos sobre a mesa unha oferta importante para un proxecto moi interesante de colaboración.

–Xa gañaron o PREMIO OPINIÓN co seu primeiro disco e agora volven ao palmarés acadando a segunda praza. A música dos espectáculos semella ter unha consistente vida propia.
–O traballo da compañía non xira só ao redor do musical e os recoñecementos recibidos salientan o valor que ten esa parte. Unha vez actuamos na Universidade en A Coruña só os músicos e a xente se preguntaba porque nos chamabamos Nova Galega de Danza cando alí ninguén bailaba. Se existe esa aceptación da música, déixanos satisfeitos e resulta un aliciente para seguir traballando. Sempre é un honor recibir un premio.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2010 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer