Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cuarteto Caramuxo, segundos clasificados ex aequo polo álbum ?Tiruriru?
O debut do Cuarteto Caramuxo aportou unha nova sonoridade ao panorama do folk galego. Dende que resultaron gañadores do concurso folk Cancioneiros, organizado pola Fundación Barrié, non pararon de colleitar eloxios e o segundo posto acadado, ex aequo con Nova Galega de Danza, na votación dos compoñentes do xurado dos PREMIOS OPINIÓN reafirma o valor do seu traballo.

?Que valoración fan da acollida ao seu disco?
?Podemos considerala como inmellorable, tanto de público como da crítica e xa temos que pensar en realizar unha reedición da obra porque a primeira tiraxe esgotouse.

?Pensan que atoparon un espazo propio na nosa música que non ocupaba ninguén?
?A nosa proposta cos clarinetes chamou moito a atención e resultou novidosa para o público, aínda que nós xa levabamos bastante tempo facéndoo. É verdade que imos por outro camiño e non queremos imitar a ninguén, pero tampouco cremos que abrísemos exactamente un vieiro porque isto xa se fai noutras partes do mundo.

?Non chegaron a realizar moitos concertos no verán
?Foi algo xeralizado e un verán extraño, pero non nos imos queixar por iso. A crise afectou e o Xacobeo apoiou pouco á música galega. Temos que ser conscientes que cómpre apostar por saír a tocar ao estranxeiro, pero para iso precisas de alguén que saiba mover ben os fíos.

?Por onde vai ir o futuro musical de Caramuxo?
?Seguiremos na mesma liña. Pensamos facer novas pezas e no último concerto que dimos fixemos arranxos diferentes para o repertorio xa coñecido. Dalgún xeito, este álbum publicado foi o final dun repertorio e unha etapa.

?Que pensan de recibir un galardón máis na súa andaina, neste caso o PREMIO OPINIÓN de música folk?
?Os recoñecementos sentan sempre moi ben. Chegas a editar a túa ópera prima gañando un premio e logo danche outro e significa un pouco como poñer a guinda ao traballo efectuado. Resulta moi reconfortante e agradable. Reforza a idea de que o proxecto está ben feito e ten o seu lugar na música. Ás veces faciamos isto máis por diversión que pensando nunha actividade profesional e agora ves que os temas poden resultar competitivos e gustan. Un premio como este, que vós creastes hai xa nove anos axuda a seguer na mesma liña e non variar o rumbo marcado.

?O ano pasado estiveron tocando con outros seis artistas na gala de entrega dos nosos galardóns homenaxeando a Milladoiro. Que sensacións gardan daquela experiencia?

?Estivo todo moi ben, con eses grupos diferentes realizando unha merecida homenaxe. Fixemos algo que podía resultar arriscado porque decidimos prescindir do equipo de son e tocar en acústico grazas á sonoridade do teatro Colón. Podía notarse a diferenza de volume respecto aos colegas que tocaban na gala, pero a xente ficou en silencio absoluto, atenta ao que vía sobre o escenario. Fomos quen de captar a atención do público presente no teatro e iso sempre resulta moi bonito.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2010 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0