Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXII Xuntanza de Gaiteiros (Sillobre-Fene)
A sociedade cultural Agarimo de Sillobre (Fene) acollerá o vindeiro 2 de outubro a partir das 20:00 horas a XXII Xuntanza de Gaiteiros, organizada pola Banda de Gaitas Tradicional "Airiños de Fene". Ademais, nesta edición, homenaxearán o Real Coro Toxos e Froles, a decana dos coros galegos, fundada en 1915.

"O Real Coro “Toxos e Froles” e unha entidade da nosa bisbarra que foi fundado no ano 1.915 e é o decano dos coros galegos. Para nos é un orgullo adicarlle a nosa xuntanza a unha entidade da que poderíamos ser os seus bisnetos ou tataranetos.

O “Toxos”, tal e como o coñecemos a maioría, foi e é un referente, no que á nosa música se refire, e que se destacou e destaca polo seu traballo, incluso en momentos moi difíciles, a prol da nosa cultura. O “Toxos e Froles” ó longo dos seus 95 anos de historia recuperou, gardou e espallou ó longo de medio mundo a nosa música popular."

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2010 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer