Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II Xornada de Cultura Popular Galega (San Sadurniño)
A A.F.C. Berros do Castro está a organizar as II Xornada de Cultura Popular Galega(culturΛ), que se desenvolverán o vindeiro domingo 3 de outubro.

O obxectivo principal das xornadas é o de promocionar, dinamizar e por en valor os aspectos máis importantes da cultura galega.

A exposición... «As embarcacións tradicionais de Lorbé a Ribadeo »(desde o 24 de setembro)
?As embarcacións tradicionais de Lorbé a Ribadeo? está composta por 43 paneis nos que se dá conta da riqueza do noso patrimonio marítimo. Neste traballo de investigación recóllense diferentes tipoloxías de embarcacións tradicionais, aportando unha visión completa das diferenzas que cada unha presenta ao longo da costa norte galega. Deste xeito, compáranse os botes mariñeiros (feitos no Ferrol) cos de Ribadeo; as zocas coas bucetas; os botes ferrolanos de media construción cos botes enteiros pulpeiros; as traineras coas lanchas ou os ?patexeiros?, cos ?bois da molida?...

Os concertos (20:00h)

Dúo de zanfonas e voces «Sobre Rodas»
Integrado por Luis Correa ?O Caruncho? e Carlos do Viso, ofrecerá unha nova proposta de interpretación da música popular e de autor, fundindo zanfonas e voces para interpretar un amplo repertorio de cego e outras melodías da nosa música.

Grupo de música e baile tradicional «Brincadeira» (Santiago de Compostela)
Formouse a finais dos anos 70 co obxectivo de conservar e difundir a música e o baile tradicional galego. O repertorio de «Brincadeira» fundaméntase nun traballo de campo realizado ao longo de toda a xeografía galega, no que buscan como informantes ás persoas de máis idade que aprenderon da tradición oral. Nas actuacións, Brincadeira trata de reproducir o máis fielmente as pezas de baile e música recollidas, coas que demostra a variedade e a riqueza da nosa cultura neste eido. O mesmo ocorre co vestiario, elaborado con tecidos naturais, seguindo modelos e patróns antigos, e coidando as características específicas de cada comarca de orixe.

O obradoiro?A PERCUSIÓN NO CANTO TRADICIONAL: INSTRUMENTOS E RITMOS
Presentación (10.00 h)
Contidos (10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 19.00 h)
No obradoiro trataránse as técnicas propias de execución, así como os ritmos característicos de cada un dos instrumentos de percusión utilizados na nosa tradición (pandeiro, pandeira, lata, cunchas, tixola, culleres, ferriños, sacho...), tendo sempre presente a súa función de acompañamento da voz. Todas as actividades incluirán un apartado de práctica, onde os alumnos terán a oportunidade de practicar os coñecementos adquiridos. Para a asistencia ao curso non será preciso dispor destes instrumentos (a organización contará cos suficientes para os alumnos). Coa finalidade de proporcionar unha maior dinámica e autonomía na aprendizaxe, recoméndase traer instrumentos propios no caso de contar con eles.

Felisa Segade
Felisa é mestra e directora artística do grupo de pandeiretas de «Brincadeira» (Santiago de Compostela), ademais de ser bailadora no grupo de baile. Entre outras actividades, cómpre salientar o feito de que sexa compoñente, desde a súa formación, do afamado grupo de cantareiras ?Leilía?. O traballo de campo de Felisa Segade constitúe a base da maior parte do seu repertorio, e tamén do que ensina na escola de Brincadeira e nos diferentes obradoiros que imparte por toda a xeografía galega.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2010 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0