Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sonia Lebedynski fará o seu debut como solista nos PREMIOS OPINIÓN
Comezou a súa carreira moi noviña, cando só tiña trece anos cantaba co grupo Vaite Embora, no que coincidiu con Susana Seivane, á que tempo máis tarde acompañou como cantante durante tres anos, cando a gaiteira deu o paso a exercer como solista.
Aínda que leva trece anos enriba dos escenarios, Sonia Lebedynski é unha artista nova que xa acumula unha experiencia que a fixo madurar axiña musicalmente. Actualmente é a cantante dun grupo histórico como Fía na Roca, cos que comezou a traballar no ano 2001.


Na vindeira gala de entrega dos PREMIOS OPINIÓN, a cantante realizará o seu debut como solista, interpretando catro pezas. Contará coa valiosa axuda de Xosé Lois Romero para traballar nas composicións e atópase ilusionada “porque considero que este é o primeiro paso para facer algo persoal, unha cousa que tiña moi presente na miña cabeza”. Na gala tocarán como dúo, pero no futuro non desbotan incorporar a outros músicos a este proxecto como solista. Romero tocará o acordeón e percusión, e tamén traballará coa electrónica para soltar algunha sonoridade que os acompañe.

A cantante elixiu ao seu compañeiro para traballar canda ela “porque ten unha visión moi particular da música galega. Sempre me gustou moito como a trata, dun xeito diferente e aportando uns arranxos moi bos. Sigo a súa traxectoria dende hai anos nos diferentes proxectos nos que formou parte e pensei que podía ser un bo compañeiro para navegar comigo nesta nova andaina que comezo”. En canto ao repertorio que se poderá escoitar na cerimonia de entrega de premios, Lebedynski non quere esquecerse da música tradicional, “coa que me criei e por iso non vai faltar a interpretación dunha peza que levo cantando durante bastantes anos”. Esa pode ser a imaxe máis recoñecible da artista, pero non será a tónica xeral dos outros temas, onde salienta “que a xente se pode levar algunha sorpresa”. Subliña que non só están a traballar a parte musical, “senón que un espectáculo require dunha visión algo máis global na posta en escena e non todo é estritamente musical”.

Na gala dos PREMIOS OPINIÓN xa se lle deu a alternativa ao dúo Espido, formado por Guadi Galego e Guillerme Fernández, que despois chegaron a acadar coa súa ópera prima o segundo lugar nas votacións ao mellor disco folk do ano.
Lembremos que Galego estará este ano outravolta na gala e interpretará por primeira vez nun escenario algúns temas do disco Benzón, gañador na novena edición dos nosos galardóns.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-09-2010 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer