Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Germán Díaz e 8 Rodas tocarán na gala dos IX PREMIOS OPINIÓN
Ademais de contar coas actuacións de Guadi Galego, quen cantará por primeira vez nun escenario temas do disco Benzón, e Sonia Lebedynski, quen fará o seu debut como solista, a gala de entrega dos IX PREMIOS OPINIÓN contará na súa primeira parte do espectáculo co son das zanfonas, un instrumento con moito engado e vencellado ao Camiño de Santiago a través deses músicos que o empregaron séculos atrás, onde non faltarían ese históricos cantares de cego. Por iso consideramos que este Ano Xacobeo era unha boa ocasión para que os espectadores puidesen disfrutar con ese instrumento.

Para comezar a noite contaremos cun extraordinario intérprete, como é Germán Diaz, un home que é quen de levar a zanfona cara a sonoridades totalmente contemporáneas e incluso tocar un tango con ela, xa que a súa mente aberta e talento musical sírvenlle para moverse con naturalidade entre diferentes estilos, o que xa probou nos seus variados proxectos artísticos.
Por outra banda, contaremos case con outra estrea musical no escenario. 8 Rodas porá a oito tanxedores de zanfona no palco do Rosalía, no que será a súa segunda actuación en publico. Os compoñentes da formación son os membros da sección de zanfonas da orquestra folk Sondeseu. Eles comentan que para este proxecto “tentamos darlle aos nosos instrumentos un tratamento máis alá da sonoridade cotián que das zanfonas temos no ámbeto da música tradicional. Precisamente isto nos permite arranxar con maior liberdade e con mentalidade musical aberta aínda que o noso repertorio estea baseado principalmente en melodías do país. Contamos ademais con instrumentos de construcción actual, con zanfonas moi evolucionadas grazas ao traballo continuo de investigación dos artesáns”. Sobre se pensan que existe un lugar no panorama do folk galego para unha formación das súas características, manifestan que a zanfona está agora mesmo nun pleno rexurdimento. “Agora máis ca nunca podemos escoitar estes instrumentos en diferentes escenarios. Pero cremos que aínda está lonxe de acadar a súa plena normalización no mundo do folk e da música en xeral, polo que reivindicamos desde a nosa formación un pulo merecido”. En canto á súa participación na gala dos Premios Opinión declaran sentirse “moi ilusionados pola importancia que teñen na actualidade no mundo da música folk. Pero, ao mesmo tempo, é tamén unha gran responsabilidade polo traballo que queremos amosar, pois será a primeira vez que unha formación conte cunha instrumentación composta unicamente por oito zanfonas. Isto é un reto para nós, persoal e musicalmente”.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 27-09-2010 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 http://www.buyche#blgtk08#apuggbootss.com/
Comentario por ugg boots (12-10-2011 05:55)
2 http://www.buyche#blgtk08#apuggbootss.com/
Comentario por ugg boots (12-10-2011 05:55)
3 que nunha semana de traballo poñémonos a preparalo e o temos arranxad#blgtk08#o. Pero o de saír de xira será un proxecto para máis adiante.
Comentario por cheap ugg boots (12-10-2011 06:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer