Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festicultores e Maghúa en Lugo
Xoves 29 de xullo ás 21:00

Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación. Concerto dos Festicultores e de Maghúa

Despois de máis dun ano de xira, co espectáculo E.G.F.A., no que ademais de percorreren as rúas e os escenarios de Galiza, acompañaron a Manu Chao e Radiobemba na fin da xira europea en Baiona (Francia) e no 50 cabodano do Che Guevara en Santa Clara (Cuba). Gañaron o Premio do Público no Festival Internacional Haizetara de Amorebieta-Etxano, e compartiron cartel con grupos internacionais como Gogol Bordello, Emir Kusturika & The No Smoking Orchestra, Fanfare Ciocarlia. Festicultores comezarán o 2010 no Festival de Cine Kustendorf en Drvengrad, como invitados do seu director, Emir Kusturika, onde presentarán un espectáculo baseado no E.G.F.A. pero con moitas novidades e temas novos. Así pois, aquí está, xa preparada, a Troupe, para descargar o PODER BALCÁNICO e o seu RITMO TRITURADOR.

O termo "Manjúa", empregado tradicionalmente na costa do Cantrábico para denominar un banco de peixe (sardiña, bocarte...), segue a ser utilizado na zona do Morrazo baixo a forma de Maghúa. Deste xeito "Maghúa" é un grupo de mozos residentes na vila da Coruña, interesados en recuperar e transmitir unha pequena porción da tradición do País. Botáronse á auga no Nadal do ano 2006 como grupo de cantareiros, unicamente voz e pandeireta. A día de hoxe tamén tocan como grupo de gaitas, e están avanzando na formación dunha charanga, incorporando requinta e saxo soprano. Son dous, basicamente, os obxectivos deste grupo de amigos: recuperar e transmitir a tradición e pasalo ben...
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-07-2010 00:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Obrigadiño, amig@s da Malmequer!

Por certo, un pracer t#blgtk08#er-vos visto -tan fugazmente- en Compostela...

Apertas!
Comentario por Davide Maghúa (29-07-2010 09:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer