Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Galegoz
Denís Mutante, unha das voces da banda, fálanos, gardando distancias, da música do conxunto, con alto compoñente político, letras incendiarias e un estilo propio. A banda estradense actuou por primeira vez en Compostela nun día especial, o 24 e xuño, no marco do Festigal.

Pregunta: Inauguraron un estilo propio, en que consiste o 'Aranhoto Style'?

Resposta: O 'Aranhoto' é un estilo moi particular porque mestura moitas cousas, basicamente electrónica cunha mestura de funky, soul, hip-hop, incluso, un pouco de todo. Como todos os músicos teñen formacións diferentes e tocaron moitos estilos, puxemos ese nome porque a verdade é que non nos parecemos moito a nada.

P: Cando definen a súa música como 'marxista-electricista', a que os referides?

R: Iso vai un pouco polas letras. Galegoz é unha banda que ten un compoñente moi político e social pero sempre dende o punto de vista do humor e do lúdico. Define, até certo punto, a nosa filosofía. Falamos de moitas cousas pero sempre dende un punto de vista divertido e persoal.

P: Podería dicirse que hai compromiso coa terra por parte de Galegoz?
R: Non sei se diría tanto. Hai unha crítica ás cousas que pasan. O primeiro de Galegoz é que é unha banda para divertirse. Falamos de cousas serias e das cousas que pasan, sobre todo no último disco, que coincidiu non momento moi... importante, que foi este último cambio de goberno. Neste si se pode ver a voz máis crítica. Mais o primeiro sempre é a diversión e despois, evidentemente, estamos no mundo e aféctanos todo o que pasa no país.

P: O feito de cantares en galego, supúxovos algún atranco na vosa traxectoria?
R: Si e non. Obviamente, a música en galego tes que buscala, como usuario. Un adolescente que escoita a radio ou busca especificamente música en galego ou senón non lle vai chegar, xa que o que soa son outras cousas. Por outra parte, o galego axúdanos no sentido en que hai un público, reducido, pero que apoia moito e que si que valora que as bandas traballen en galego.

P: Cales son as orixes do nome da banda, Galegoz?
R: É un xogo de palabras. Por un lado foi un pequeno guiño ao grupo 'Gorillaz' que tamén era un grupo virtual cando comezamos no 2006. Hai que aclarar que Galegoz comezou coma un proxecto pequeno e coma un grupo virtual, o noso obxectivo era sacar un disco, colgalo e que se oíra. Por outra parte, significa galego en euskera; por suposto, de forma sonora parecíanos bonito e divertido

P: É a primeira vez que actúan no Festigal? Como ven a actuación?
R: Si é o primeiro ano que estamos no Festigal. Fainos moita ilusión esta cita; primeiro por actuar en Compostela xa que a metade dos integrantes do grupo viven ou vivimos nalgún momento alí e tamén porque é un día moi bonito, o 24, un día de festa e porque é un festival moi importante que sempre ten moita xente. A verdade é que estamos moi ilusionados coa actuación

P: Podería definirme a súa música en poucas palabras?
R: Non sabería dicirche... Electrónica para...a festa

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-07-2010 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer