Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXXII Día do Traxe Galego (Compostela)

PROGRAMA
Mércores 31 de Xullo do 2010


1. DESFILE
Concentración na Alameda as 11.30 horas
A saída do Desfile terá lugar as 12.15 da mañá no Paseo Central da Alameda.

2. MISA SOLEMNE E OFRENDA
A Misa solemne terá lugar as 13.15 horas na Catedral de Santiago.

3. RECEPCIÓN DE HONRA NO CONCELLO
Arredor das 14.00 horas sairemos da Catedral pola porta do Obradoiro ata o Concello.

4. CERTAME DE TRAXES
Pola tarde, como tódolos anos as actividades se inician co exame dos participantes no Certame do Traxe en San Domingos de Bonaval a partires das 16 horas. Non se admitirán participantes a partires das 16.30 horas

1. Os concursantes serán avaliados por rigoroso orde de chegada. En canto se presenten e acrediten en Bonaval se lles adxudicará un número que determinará a orde de entrada na sala do Xurado e que deberán conservar durante toda a tarde, xa que será utilizado para dispoñelos na formación do desfile posterior e para seren chamados a pasarela na Praza da Quintana.
2. En canto teñan número pasarán o interior do Museo e poderán utilizar unha sala habilitada para a espera da súa quenda.
3. Os concursantes deberán pasar sen acompañantes a sala de exame do Xurado.
4. En canto sexan examinados pasarán por orden numérico a sesión fotográfica no claustro do Museo do Pobo e logo, poderán esperar nas dependencias do Museo pero deberán estar atentos e portar o seu número para a organización do desfile.

5. DESFILE DESDE BONAVAL Á QUINTANA
Se iniciará as 19.30 horas desde as portas do Museo do Pobo Galego

1. O desfile, no que participarán tanto os concursantes como os membros da Asociación e outros convidados ataviados con Traxe Tradicional, se organizará do seguinte modo:
• Abre un grupo musical de acompañamento
• Seguen os nenos e nenas non participantes no concurso en dobre fila.
• A continuación os adultos non participantes no concurso por parellas.
• Un primeiro grupo de gaiteiros
• Os nenos e nenas participantes no concurso infantil en parellas por rigoroso número de orde que lles fora adxudicado.
• Os adultos participantes no concurso en parellas por rigoroso número de orde que lles fora adxudicado.
• Un segundo grupo de gaiteiros para cerre do desfile.

2. O percorrido baixará a Rúa de Bonaval, cruza a Casas Reais, Cervantes, segue polo Preguntoiro, Conga, Rúa Nova, Rúa de Vilar, Praterías, Conga e entrará na Praza da Quintana pola rampa entre San Paio e a casa da Conga.

3. O desfile continuará no interior da Quintana, segundo o esquema, ata chegar as localidades previstas para os participantes:
• Avanzará de fronte bordeando a Praza pola dereita, atravesará fronte as escaleiras ante todo o público sentado e voltará pasando por diante da Porta Santa ata chegar a altura do escenario, onde as persoas ataviadas non concursantes (os primeiros) continúan desfilando fronte o escenario ata acomodarse nos sitios reservados o efecto no escenario grande e o longo da pasarela.
• As persoas concursantes quedarán xuntas antes do escenario, en pe, ordenadamente (por número), e axudadas por azafatas do Concello para seren chamadas para subir a pasarela cando a presentadora o indique.

6. EXHIBICIÓN DE TRAXES NA QUINTANA

Aproximadamente as 8 da tarde terá lugar a exhibición de traxes e a entrega de premios do certame na Praza da Quintana.
1. Os presentadores introducirán o acto e presentarán a tódolos participantes no certame que irán desfilando a medida que sexan chamados por orde de chegada (por número). En cada pase describirán os traxes.
• O baixar da Pasarela tras o desfile inicial quedarán agrupados no lugar indicado, agardando seren chamados de novo, si foran premiados, para a entrega de galardóns.
2. Os presentadores darán lectura da Acta do Xurado do Certame e irán chamando os premiados/as e as autoridades que procederán á entrega de premios.
3. O remate do acto de entrega de premios soará o Himno Galego para cerrar a celebración.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2010 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer