aCentral aBorda Moaña
Concerto único e actividades infantís
Os vindeiros 14 e 15 de xullo, aCentral Folque atraca no peirao de pasaxeiros de Moaña. Alí estará durante dous días o pailebote Neves no que se organizarán unha festa/concerto moi especial e unha viaxe musical imaxinaria para os máis pequenos.
O mércores 14 a partires das 22 h faremos un concerto inédito con artistas de recoñecida traxectoria coma Iván Costa, Edelmiro Fernández, Manolo Maseda e Lola de Ribeira que estarán acompañados de tres das mellores voces do folque galego: Sonia Lebedinsky, Guadi Galego e Ugia Pedreira. Por suposto, haberá unha taberna a bordo.A entrada é de tan só 6 ?.
O xoves 15 a partir das 12 h, os mestres da AFI, Pepa Yáñez e Xurxo Troncoso, levarán aos máis pequenos nunha viaxe imaxinaria polos diferentes portos do mundo. Está orientada a idades de 6 a 12 anos e é de balde.
aCentral aBorda está promovida polo Concello de Moaña, aCentral Folque e ArousaVela.
En colaboración co aCF organiza este evento único e irrepetíbel.
aCentral Folque celebra neste 2010 o seu X aniversario e un dos xeitos de celebralo será esta serie de concerto/festa aBordo do Pailebote Neves, o único pailebote feito en Galiza que se conserva e está en activo. Ante a ameaza titánica da velocidade e do consumo rápido de ideas e productos, escóllese o tempo e o ritmo do mar.
aCentral aBorda é un proxecto lindo e especial que consiste en organizar unha velada con música ao vivo dentro do barco atracado en tres portos das Rías Baixas, ofrecer un noite alternativa acompañado dun entretido espectáculo cos nosos artistas, tomar unha copa e cheirar a salitre desde un pailebote. Haberá un pase continuo a partir das 22 horas e até que o corpo ature.
Para máis información, chamar ao +881 031 829 ou escribir un mail a info@folque.com.