Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Entrevista e concerto de Germán Díaz (Marisco Fresco) |
|
Cando alguén se decidiu a chamar jazz a un tipo de música basicamente realizada con percusión, cordas e vento, seguramente nin oíra falar da existencia dun instrumento antigo chamado zanfoña. Aquel anónimo bautista con toda probabilidade non se perdería o concerto que o dúo Marisco Fresco ofrecerá esta tarde no Marco (21.30 horas) dentro da programación do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons. Marisco Fresco está formado por Germán Díaz (zanfoña) e Diego Martín (batería).
-¿A zanfoña e o jazz están en lugares equivocados?
-Bo, se cadra iso é verdade, pero é así porque xa nos anos setenta Valentín Clastrier empezara a traballar coa zanfoña en diferentes estilos musicais.
-¿Cal é a proposta de Marisco Fresco?
-A improvisación libre. Levamos moito tempo tocando xuntos e aos dous gústanos ese campo. Tamén facemos algún tema de Clastrier, que é o renovador do instrumento e levouno a outras linguaxes. O concerto de Vigo terá unha parte que será case unha homenaxe a Clastrier, porque tocaremos dúas dos seus temas, que son bastante longos e complexos.
-¿Cal é a función da electrónica na súa música?
-Manexamos un concepto principalmente acústico, o que ocorre é que usamos un pequeno loopstation , unha pedalera, que nos permite gravar fragmentos e ir improvisando por encima deles, unha achega tecnolóxica que nos dá moita liberdade, pero o concepto principal é acústico, tanto de Diego como meu, porque a súa base instrumental é a batería, e o meu, a zanfoña.
-¿Desde cando existe Marisco Fresco?
-Creo que xa levamos catro ou cinco anos xuntos. Ao mesmo tempo, participamos noutras formacións cada un pola súa conta, pero mantemos sempre o contacto porque nos gusta tocar xuntos.
-¿A zanfoña é o instrumento condutor nas súas improvisacións?
-Non, é un dúo en toda regra. Os dous instrumentos teñen voz e voto.
-No Festival de Sigüenza, un espectador denunciou un concerto porque dicía que non era jazz. ¿Que opina?
-Aquilo foi un capítulo esquecido de Amence que non é pouco . Un espectador contraindicado psicoloxicamente e unha parella da Garda Civil cualificada para decidir que é jazz. Foi algo ridículo, ademais hoxe en día as etiquetas xa non funcionan porque non se venden discos e non existe a urxencia de colocalos nunha vitrina.
La Voz de Galicia |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|