Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Trío Vaamonde, Lamas e Romero na Coruña
Domingo 27 de xuño de 2010 ás 13:00h,
Torre de Hércules, A Coruña
Celebración do primeiro aniversario do seu nomeamento como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO


O vindeiro domingo 27 de xuño, ás 13:00 h, o trío formado por Suso Vaamonde (gaitas), Pedro Lamas (saxo soprano), e Xosé Lois Romero (acordeón) colaborará coa Banda Municipal da Coruña, baixo a batuta de Marcel Van Bree, nun concerto especial que terá lugar ao pé da Torre de Hércules, co gallo da celebración do primeiro aniversario do seu nomeamento como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

O repertorio escollido combinará temas orixinais do Trío Vaamonde, Lamas e Romero, recollidos no seu primeiro traballo discográfico Vellas Artes, con novos arranxos para a banda realizados “ex profeso” para esta ocasión. Para elo, o Trío contóu coa inestimable colaboración do saxofonista Roberto Somoza, referente ineludible do jazz galego actual.
Con este concerto péchase a tempada da Banda Municipal.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-06-2010 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer