Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fin de curso da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir |
|
 A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir, de Ramirás, chega ao final do curso cunha mochila cargada de recordos dun curso que resultou esgotador pola cantidade de proxectos desenvoltos, pero tamén con moitos soños e ilusións aínda por cumprir de cara a un futuro.
Para dar peche a esta singradura, preparase para o vindeiro Sábado 26 de Xuño unha xornada de actividades dirixidas aos alumnos, pero tamén a familiares e amigos. Así, no Centro Sociocultural de O Picouto desenvolverase o seguinte programa:
12:00 h ? Contacontos con Iago López
17:30 h ? Presentación do III Concurso de Fotografía Antiga
17:45 h ? Actuación de todos os grupos que compoñen a Escola
19:00 h ? Petiscos e troula para membros, amigos e familiares de Rebulir
20:00 h ? Peche do Curso
En Setembro retomaranse de novo as actividades docentes con regularidade. Pero a a actividade desta entidade non cesará durante o periodo estival, xa que se presenta unha axenda cargada de actuacións como:
- Romaría do San Paio. 27 de Xuño. Rubiás (Ramirás)
- I Lumeirada do Deva. 3 de Xullo. Xinzo de Deva (Pontedeva)
- XI Romaria Galega. 17 e 18 de Xullo. Pontraga - Tordoia (A Coruña)
- VII Encontro Internacional de Folclore Xuvenil de Cacia-Aveiro. 11 e 12 de Setembro. (Portugal)
- Encontro de Escolas de Música Tradicional. 17, 18, 19 e 20 de Setembro. Llangreu (Asturias)
Para máis información podedes visitar www.rebulir.blogspot.com ou ben no teléfono 639 908 005. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|