Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O gaiteiro de Castelo en Alalá |
|
 Hoxe, xoves, día 20/05/2010
No noso afán por percorrer o mundo buscando música e músicos de raíz, Alalá atópao hoxe nas terras do Incio onde vive un gaiteiro moi coñecido, Rubén González, todo unha institución de palletas en Galicia, que, con 85 anos, é un home moi querido, con moito enxeño, xeneroso e que loitou moito por conseguir o seu ansiado soño, o de ser gaiteiro.
A primeira gaita mercouna por tres pesos, cartos que gañou facendo zocos. Si, este home tamén foi zoqueiro e ferreiro, traballou na fragua mais de trinta anos facendo coitelos, fouciños... e os coitelos probábaos el mesmo porque foi matachín. Toda a ferramenta que facía ía vendela sobre todo á feira do Incio e non se conformou porque tamén traballou na mina de magnesio. Pero o que nunca hai que esquecer é que Rubén foi e segue a ser dos mellores gaiteiros do Incio.
Unha das cousas que lle produce máis orgullo é que xunto coa súa Victoria sacaron a familia adiante e criaron os tres fillos, un dos cales, Antonio, o único varón, continúa en Lugo co oficio de facer palletas que herdou do pai, a quen admira profundamente. Rubén contaranos como se poden facer tantas cousas e facelas ben; como se poden aprender tantos oficios, construír as ferramentas para as palletas, facer o mazo da forxa.... onde pasa oito horas e outras tantas na mina...e despois a tocar!. Hai corpo que resista isto? Pois nós descubrimos que si, con Rubén. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|