Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Alejandro López Regueiro
En principio que un mozo se preocupe polo estudo e conservación da nosa cultura máis antiga semella un pouco raro. Se ademais eses estudos se centran no traxe tradicional galego parece algo extraordinario. E se algo define o traballo e dedicación de Alejandro López Regueiro, de 32, que agora mesmo é un referente no mundo da galega.

El mesmo defínese como “como artista-artesán de alta costura tradicional e contemporánea. O meu traballo como investigador abrangue unha parte do mundo téxtil (non industrial) bastante ampla. Dedícome a conservar esa parte do patrimonio galego que é o noso traxe tradicional, ao mesmo tempo que estou a recuperar a Moda Elegante. En definitiva, os diferentes xeitos de vestir das galegas do XIX”. Tamén hai que dicir que Álex é creador de alta costura galega, nunca mellor dito.

¿Como xorde o interese polo traxe tradicional galego?
O interese polo traxe xorde cando tiña 18 anos, tras atopar unhas fotografías dos meus antepasados vestidos co traxe galego. Comecei a indagar e descubrín que apenas había estudos sobre o tema, e digo case que nada, porque toda a información que está publicada refírese ao traxe para grupos de coros e danzas.

¿Cal é para ti o maior logro que acadaches?
O maior logro que acadei...iso é complicado. Para min o maior logro acadado nestes 15 anos foi conseguir a diferenciación entre traxe popular de uso e costume, o que se empregaba na vida cotiá en Galicia, e o traxe rexional, o traxe inspirado para bailar, tocar...., que se inspira no tradicional, pero non o é.

¿Cres que o traxe tradicional aínda inflúe no xeito de vestir das mulleres de hoxe?
Non, de ningún xeito. Durante a ditadura, asociouse o traxe galego a usos propagandísticos e acabou por converterse en disfrace no Entroido.

¿Cres que os grandes modistos galegos deberían facerlle unha especie de homenaxe ao noso traxe tradicional, ao igual que fan moitos deseñadores andaluces (por exemplo)?
Para iso hai que quererlle ao traxe e coñecelo, e estar orgullosos de ser galegos. Como me dixo unha vez unha mestra, Encarna Otero, “ dende o amor chégase ao coñecemento, mentres non se ame o traxe non haberá coñecemento sobre el”. Eu, pola miña parte, inspírome nel todos os días.

¿Cales son as fontes que utilizas no teu traballo?
As fontes son moi diversas:

-traballo de campo, andar casa por casa buscando información

-arquivos, estudar os fondos dos museos

-bibliotecas, buscar e indagar en escritores galegos e foráneos que tiveron contacto coas tradicións galegas.

-fotografía, esta parte é unha das mais fidedigna no que ás formas se refire, por desgraza, identificar cores é difícil, aínda que non imposible.

-pintores, a pintura costumista é unha arma moi boa para conseguir aproximar as cores dos traxes.

¿Tes algún apoio institucional ou privado que te axuda na túa investigación?

A nivel institucional, atopei apoio do Concello de Teo ao principio da miña andaina, e actualmente ese apoio dámo o Ministerio de Cultura, a través do Museo del Traje. Tamén, estou a traballar nun proxecto precioso cun museo da Coruña.

¿Como ves o futuro do traxe?

Bastante esperanzador. O grupo que coordino na rede, nun ano aproximadamente, superou os 2000 membros. Isto quere dicir que hai moita máis xente da que as institucións se pensan, desexando recuperar esta parte da tradición.

www.vidavedra.es
Comentarios (19) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2010 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 persoa#blgtk08#xe....
Comentario por Xabier (29-04-2010 16:49)
2 mais que pe#blgtk08#rsonaxe...
Comentario por miguel (02-05-2010 16:26)
3 personaxe moi singular,mestura moito teas nos traxes moi floreadas semellantes as da r#blgtk08#ebolucion industrial, isto non sei eu si e moi autentico teño as miñas duvidas
Comentario por (03-05-2010 10:40)
4 Q SE LLE DE CABIDA A ÉSTEEE#blgtk08#E.MELLOR NON COMENTAR NADA
Comentario por (03-05-2010 20:35)
5 Todo o que seña traballo e respetable pero non tudo vale coma neste caso, Alex non e #blgtk08#precisamente unha referente no traxe galego, tradicional, ou coma el queira chamarlle
Comentario por (04-05-2010 09:25)
6 Hola a todos e a todas. Por aquí andamos outra vez grazas á cortesía de Malmequer, que coma sempre está a facer unha gran labor coa difusión da cultura tradicional/popular galega.
Para calquera dúbida que se subscite sobre o meu traballo, #blgtk08#deixovos o meu correo electrónico para que, como é habitual, preguntedes todas as cuestións. Así mesmo, no grupo de facebook "amigos do traxe tradicional galego" respostaremos todas aquelas dúbidas que teñades.
Sen mais un agarimoso saúdo.
Comentario por Alex Regueiro (04-05-2010 10:59)
7 Hola a todos e a todas. Por aquí andamos outra vez grazas á cortesía de Malmequer, que coma sempre está a facer unha gran labor coa difusión da cultura tradicional/popular galega.
Para calquera dúbida que se subscite sobre o meu traballo, #blgtk08#deixovos o meu correo electrónico para que, como é habitual, preguntedes todas as cuestións. Así mesmo, no grupo de facebook "amigos do traxe tradicional galego" respostaremos todas aquelas dúbidas que teñades.
Sen mais un agarimoso saúdo.
Comentario por Alex Regueiro (04-05-2010 11:04)
8 Hola a todos e a todas. Por aquí andamos outra vez grazas á cortesía de Malmequer, que coma sempre está a facer unha gran labor coa difusión da cultura tradicional/popular galega.
Para calquera dúbida que se subscite sobre o meu traballo, #blgtk08#deixovos o meu correo electrónico para que, como é habitual, preguntedes todas as cuestións. Así mesmo, no grupo de facebook "amigos do traxe tradicional galego" respostaremos todas aquelas dúbidas que teñades.
Sen mais un agarimoso saúdo.
Comentario por Alex Regueiro (04-05-2010 11:08)
9 Hola a todos e a todas. Por aquí andamos outra vez grazas á cortesía de Malmequer, que coma sempre está a facer unha gran labor coa difusión da cultura tradicional/popular galega.
Para calquera dúbida que se subscite sobre o meu traballo, #blgtk08#deixovos o meu correo electrónico para que, como é habitual, preguntedes todas as cuestións. Así mesmo, no grupo de facebook "amigos do traxe tradicional galego" respostaremos todas aquelas dúbidas que teñades.
Sen mais un agarimoso saúdo.
Comentario por Alex Regueiro (04-05-2010 11:09)
10 ya empezamos otra vez con el circo.
est#blgtk08#o pinta bien!
ánimo alex que tu puedes.
Comentario por (04-05-2010 12:05)
11 A ver:
O comentarísta nº3, eu si que teño as miñas dúbidas, sobre o que opinas, porque coas faltas#blgtk08# de ortografía que metes, calquera se fía do teu criterio.
Para min o señor Regueiro é un mestre!
Comentario por Lourenzo (04-05-2010 18:17)
12 http://www.facebook.com/?ref=logo#!/pages/As-Galas-de-Alen-al#blgtk08#ta-costura-do-traxe-tradicional-galego/101870226524475?ref=ts
Comentario por http://www.facebook.com/?ref=logo#!/pages/As-Galas (05-05-2010 09:31)
13 http://www.facebook.com/photo.php?pid=3155211&i#blgtk08#d=707570893#!/group.php?gid=53541064164&ref=ts
Comentario por http://www.facebook.com/photo.php?pid=3155211&id=7 (05-05-2010 09:32)
14 http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/#blgtk08#modules/news/article.php?storyid=1194
Comentario por http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news (05-05-2010 09:32)
15 http://www.agalega.info/videos/?emi=9859&#blgtk08#corte=2010-04-07&hora=11:46:03&canle=tvg1
Comentario por http://www.agalega.info/videos/?emi=9859&corte=201 (05-05-2010 09:33)
16 para o comentario 11 xa te temos a ti pa correxir a miña c#blgtk08#aligrafia grazas de toas formas e a tua opinion non amiña
Comentario por (05-05-2010 11:15)
17 pero que envidiosa es la ge#blgtk08#nte Alejandro, y faltona.
Comentario por (06-05-2010 12:35)
18 Regueiro, a "estes" que te chaman "este" o que lles pasa e que se lle desmonta o tinglado.#blgtk08#
Tu sigue dándo-lle.
Son un fato de folklóricos.
bahhh bahhhhh bahhhh
Comentario por felipe (10-05-2010 09:22)
19 an easier record keeping, credibility, security, time allowance and a lot of other advantag#blgtk08#es, such credit cards truly benefit and help out the business owner in more ways than one.
Comentario por air max 95 (20-12-2012 13:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer