Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O músico vigués Ernesto Campos estrea a primeira obra de "folk sinfónico" en Galicia
A peza, composta para a Banda de Música de Pontevedra e Crema de Gaita, pechará o concerto dedicado ao compositor que se celebra esta noite na cidade do Lérez

A nova aventura do músico vigués Ernesto Campos, un dos integrantes de Crema de Gaita, ten nome e apelido: folk sinfónico. O compositor creou a primeira peza para banda de música e grupo de folk solista, "Concerto de Chapela", que se estreará esta noite, as nove, no Pazo da Cultura de Pontevedra nun concerto que estará dedicado ao propio músico. "É a primeira vez na historia da música de Galicia que se xuntan unha banda de música e outra de folk para interpretar unha peza composta para ambas as formacións", asegura o compositor.

Preto de corenta músicos da banda municipal e os integrantes de Crema de Gaita (oito) interpretarán, coa dirección de Xosé Luís Represas, esta primeira peza de folk sinfónico "termo acuñado polos propio Campos para definir a súa nova experiencia musical" nun concerto gratuíto, que irá "in crescendo", anuncia o artista.

"Arrincaremos coa estrea da versión sinfónica de ´Luces do Atlántico´, despois actuará Crema de Gaita e para acabar, este ´Concerto de Chapela´. Vai ser un concerto canto menos curioso", adianta o compositor.

Dedicada a unha familia de gaiteiros de Chapela (Redondela), "Concerto de Chapela" xurdiu tras unha conversación con varios integrantes da banda de música pontevedresa. "Xa compuxera pezas para gaita e piano e para banda de música e un gaiteiro. Un día, alguén me preguntou como soaría unha destas obras cunha banda de música. E como non había ningunha para ambas as formacións, decidín compola", lembra.

O compositor vigués sabe que esta nova fusión pode non gustar demasiado a puristas dun e outro xénero, aínda que defende que na música todo é posible a condición de que se teñan claros os termos. "Eu son bastante purista pero aos meus alumnos (imparte clases de gaita e piano) sempre lles digo que unha cousa é a música tradicional, o folclore, coa súa gaita, o seu tambor, o seu bombo e a súa pandereita, e outra o folk, que é unha recreación do primeiro, coa gaita tocando con outros instrumentos. Sabendo isto, por que non meter unha guitarra nunha muiñeira?", defende.

Campos, compositor de Crema de Gaita, ten máis de cen pezas musicais, ás que agora suma esta, que reúne en mesmo escenario todos os instrumentos da banda con tres gaitas, guitarra, teclado, baixo eléctrico e batería.

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2010 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Semella redundante. Por definición unha banda xa é unha síntese de música popular e culta. Se engadimos máis "caña"...
De #blgtk08#tódolos xeitos,tendo en conta a calidade do compositor e do grupo seguro que paga a pena. Ánimo e que sigades cos experimentos.
Comentario por Folieiro (30-04-2010 12:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer