Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un compositor vigués crea o folk sinfónico
Ernesto Campos compón por primeira vez para banda e grupo

Un vigués será o homenaxeado este xoves no Pazo de Congresos de Pontevedra, ás 21 horas. O acto, o Monográfico Ernesto Campo onde a Banda Municipal de Pontevedra ofrecerá un concerto xunto á agrupación folk Crema de Gaita. O repertorio constará de "Luces de Atlántico", peza que se estrea para gaita e banda de música; o grupo folk interpretará tres temas propios para finalizar co Concerto de Chapela, verdadeiro leit motiv do acto.

A totalidade das composicións é obra de Ernesto Campo, integrante de Crema de Gaita e profesor no Conservatorio de Músico Mayeusis: "É moi especial, xa que será a primeira vez que toque unha banda de música cun grupo folk unha obra realizada especificamente para esta ocasión, é dicir, é unha obra concertante onde se consegue un diálogo a partes iguais entre as agrupacións". Campos, veciño de Cabral, leva involucrado no mundo da música tradicional desde fai máis de tres décadas e é responsable de máis de cen composicións. "Estou emocionado e agradecido porque en todo o proceso, que durou meses, sentín arroupado e apoiado polos integrantes do grupo, que se implicaron no proxecto dunha forma desinteresada e ilusionante".

Para Campos, o que o mesmo denomina como un experimento musical, hai que entendelo como unha fusión da música culta coa popular no que se pode chamar un folk sinfónico. Son dúas formas de tocar, de entender a posta en escena e de interpretar as pezas que van soar por primeira vez en harmonía. "O máis complicado á hora de afrontar esta composición foi coordinar o baixo eléctrico de Crema coas tubas da banda, que exercen de baixos, xa que non actúan igual; outro aspecto foi o da percusión, mentres a da banda ten partituras escritas, a nosa batería terá que improvisar centrándose nas notas para a sinfónica, xa que as baterías non adoitan ter as súas partes fixadas". Para o compositor, este tipo de traballos contribúen a consolidar a música popular galega, dándolle unha maior proxección: "O Concerto de Chapela encádrase no camiño das fusións de estilos, onde non se menosprezan ningunha dos integrantes; en lugar de mesturar o son galego co flamenco ou co arxentino, como facemos desde Crema de Gaita, apostamos pola unión de dúas formas de entender a música: a culta e a popular".

O concerto do próximo xoves de Pontevedra, con entrada gratuíta, está destinado a "picar a curiosidade da xente que desta forma achégase a dous mundos interpretativos diferentes", sostivo Campos. A idea que revoluciona o mundo compositivo da música galega xurdiu de casualidade "tomando un café con membros da banda de Pontevedra, suxerinlles unha idea que levaba tempo roldándome pola cabeza e brindáronse de moi boa gana". A pesar de que "O concerto de Chapela" é unha obra autoría dun vigués e que o grupo implicado, "Crema de Gaita", tamén é vigués, a estrea terá lugar en Pontevedra, sen que haxa unha data concreta para a súa presentación na cidade: "Sería xenial tocar aquí, pero iso xa depende do apoio das administracións, pois habería que mobilizar a gran número de músicos e polas características do mesmo, non se pode realizar en calquera escenario; necesita grandes espazos, ben ao aire libre como o auditorio de Castrelos ou pechados, como o teatro do Centro Cultural Caixanova. Campos espera que tras a estrea da obra, outras bandas de música interesen pola peza, que xa queda preparada para a súa interpretación.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2010 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer