Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ortigueira quere superar as cen mil persoas cun cartel 100% celta
O festival celebrarase entre o 8 e o 11 de xullo con "novos grupos" e "novos estilos"

A XXVI edición do Festival Internacional do Mundo Celta, que acollerá a localidade coruñesa de Ortigueira entre os días 8 e 11 de xullo, apostará este ano 2010 polos "novos grupos" e os "novos estilos" co obxectivo de atraer até este municipio a máis de 100.000 festivaleros.


Así o explicou hoxe o coordinador do festival, Alberto Balboa, que indicou que nesta ocasión decidiron volver a un cartel "100 por cen celta", apostar polos novos grupos e promover "novos estilos" como o folk rock.

Estas propostas innovadoras centraranse no xoves día 8, a primeira xornada do festival, que se reforzará con respecto a outros anos para acoller as propostas de 'rock celta' dos bretóns Kreposuk, os ingleses Oysterband e os españois Celtas Cortos.

Posteriormente, o venres e o sábado, explicou Alberto Balboa, o evento volverase "máis tradicional", coa subida ao escenario Estrella Galicia de Marful, a Escola de gaitas de Ortigueira, Cristina Pato, os irlandeses Afterhours e os cataláns Qui Hi Ha?, aínda que neste apartado aínda quedan "por pechar" un par de actuacións.

O sábado, que aínda non esta pechado, será a quenda de Anxo Lorenzo Band, os estadounidenses Gaelic Storm, os escoceses Shooglenifty e os andaluces Rare Folk. Segundo destaco Alberto Balboa, este ano apostarase por unha programación "moi internacional" na que o 70% dos grupos actúan por primeira vez neste festival e intensificaranse os concertos na alameda para compensar a retirada de espectáculos o domingo pola noite.

PROXECTO RUNAS E GAITAS

O domingo día 11 celebrarase en Ortigueira o Proxecto Runas, de promoción de "novos valores da música folk" e terá lugar a exhibición de bandas de gaitas, onde participarán entre 400 e 500 gaiteiros de Galicia, Portugal, Bretaña, España e Escocia.

Entre outras actividades, durante as 96 horas de acampada libre e gratuíta do festival, celebraranse talleres de zanfona, regueifa e baile tradicional, entre outras disciplinas.

Este "clásico da axenda musical" galega, segundo indicaron, conta nesta ocasión co patrocinio do Xacobeo, que achegará 200.000 euros á celebración; así como de Estrella Galicia, que participa con 150.000 euros, a Deputación Provincial da Coruña, con 100.000, e outras entidades como Gadisa ou Coca Cola. Entre todas estas organizacións e o concello tratarán de sufragar os 650.000 euros que custa a organización do evento, dado que a entrada e a acampada son totalmente gratuítas.

Durante o pasado ano, o Festival de Ortigueira reuniu preto de 100.000 persoas nos seus días de mais afluencia, unha cifra que se espera superar este ano co tirón do Xacobeo. Así mesmo, o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, destacou a posibilidade de que o contexto de crise favoreza ao evento, dado que toda a oferta é gratuíta.

Pola súa banda, o xerente da S.A. De Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, destacou o papel do festival como unha "magnífica canle para a difusión da mensaxe do Xacobeo", coa súa imaxe de "integración de culturas" no que participan grupos galegos e internacionais.

Ademais, Ignacio Santos reiterou o apoio do organismo que dirixe á música e a función do festival como "plataforma de difusión a nivel nacional e internacional da música feita en Galicia".

www.xornal.com
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2010 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 ¿Que é iso de Celta?

¿Celtas Cortos?
¿Ce#blgtk08#lta de Vigo?
¿Leite Celta?

.............
Comentario por Xabier (27-04-2010 16:04)
2 Iso digho eu. Menos bouzu#blgtk08#kis e máis...cavaquinhos?
Comentario por Folieiro (27-04-2010 17:33)
3 Celta, pero hai algún que todaví#blgtk08#a cree no nome comercial celta?
Comentario por Xabier (29-04-2010 01:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer