Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Marful grava o seu novo disco en Ponte Caldelas
Marful pecha os salóns de baile e abre os cinemas. Iso pasou así na historia recente de Galicia: os salóns de baile reconvertíronse en salas de cinema. E iso pasa así no segundo capítulo da historia de Marful, que grava estos días o seu novo traballo nos estudios Savik Sound de Caritel, en Ponte Caldelas.

O grupo que lidera Ugía Pedreira (e no que militan Pedro Pascual -acordeón diatónico-, Pablo Pascual -clarinete baixo- e o guitarrista flamenco Marcos Teira) quixo aproveitar a circunstancia do cambio salón-cinema para apuntalar a súa traxectoria e, mentres aínda están coas mans na masa, xa anuncian na súa páxina web (www.marful.info) que se van ao cinema. «É unha brincadeira nosa relacionada co feito ese da transformación dos vellos salóns de baile en cinemas. Hoxe en día xa pecharon tamén moitas destas salas», di a cantante. «Aínda así, o disco está cheo de imaxes. É como se lle puxeramos a banda sonora a unha serie de imaxes nas que nos inspiramos».

O segundo traballo de Marful apunta maneiras. «Estanos saíndo un disco moi viaxeiro onde a música e a poesía van sempre da man e onde hai unha mestura entre o imaxinario, o onírico, ese realismo máxico, que tanto define aos galegos, e o real». O grupo púxolle banda sonora a toda unha película de viaxes. «Neste disco viaxamos a Brasil, viaxamos a Cuba, viaxamos a Italia, viaxamos a Francia... Imos a moitos dos sitios nos que estivemos durante estes anos, anos que foron de barbeito, pero tamén de escenarios», di Ugía Pedreira.
O son que conseguimos é máis 'vintage' que no anterior traballo. Eu diría que é impactante-exuberante. Como se andiveramos con sementes de flores exuberantes dun lado para o outro». E por suposo... «E por suposto xogamos constantemente coa retranca, co humor galego, coa sorna...». Iso si: que ninguén solte a parella de baile porque a festa continúa. «Bailaremos quizais máis que no primeiro disco».

O técnico de son
Como deron os Marful co estudio Savik Sound que José Trincado ‘Triki’ ten en Caritel é sinxelo de explicar. «El é o noso técnico dende hai moitos anos, dende o inicio do grupo, así que nos coñece moi ben aos catro e coñece moi ben o son cálido que buscamos nesta nova viaxe», conta Pedreira. «E logo el ten unha mesa de mesturas moi especial, unha Midas dos anos 80, que converteu este estudio en toda unha referencia». Ata aquí veu a esquimal amiga de Björk, Tanya Tagaq, buscándoo. «Pero é que ademais está situado nun pequeno paraíso para gravar, Ponte Caldelas, e é case como unha casa indiana cunha arquitectura fabulosa».


10 de setembro
O disco «cheo de detalles», que anuncia Ugía Pedreira, máis internacional e alegre que o anterior traballo, «luminoso e exuberante coma as grandes extensións de vides», aínda non ten título nin data de lanzamento. Marful coida con celo cada peza do puzzle, como xa fixera co seu debut discográfico. O que si teñen xa os músicos é data para a presentación en directo dos seus novos temas: o 10 de setembro no Teatro Colón da Coruña. Anuncian pasodobres, swings, mambos, valses e jotas para non parar de bailar.

Historia
Marful apareceu como tal no ano 2006 cun disco homónimo no que se reivindicaba a música de baile galega de entre os anos 30 e 50. Os oíntes da Radio Galega escolleron o seu como mellor traballo daquel ano. O grupo tocou no Festival de músicas do mundo de Sines e foi a primeira banda en representar a Galiza no prestixioso Womex.

http://diariodepontevedra.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2010 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer