Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ruada de Cabaleiros: xolda interxeracional, troula universal

15 agrupacións veteranas, coa presenza de moita mocidade entre o público, protagonizan en Tordoia unha foliada que se estendeu até as 8.30 horas do domingo.

Máis de 300 persoas participaron esta fin de semana na Ruada de Cabaleiros, unha foliada protagonizada por 15 agrupacións veteranas da comarca de Ordes que se celebrou na Sala Calviño de Pontepeda, en Tordoia.

A festa, moi animada e con participación espontánea da mocidade na interpretación das pezas, estendeuse das 22.00 horas do sábado até as 8.30 do domingo. Encargouse da súa organización a Asociación Cultural Brisas do Quenllo en colaboración co Concello de Tordoia e a Asociación O Buxo.

Entre as agrupacións que subiron polo escenario estaban as Pandereteiras de Anxerís, Faíscas da Pontraga, os pandereteiros e bailadores da Pontraga, o gaiteiro Flor da Maquía e grupos de Seixán, Santaia, Trazo, Cabaleiros, Viladabade, Cerceda, Val do Dubra e Bedrobe.

www.vieiros.com
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-04-2010 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 E a señora da esquina por que chora#blgtk08#ba? Era coa emoción do momento...??
Comentario por maria (21-04-2010 18:10)
2 Iso non é nada... Mira a rapaza da cazadora vermella.#blgtk08#.. Levita!!! E non foi pra menos... menuda festaza!!!
Comentario por Berta (24-04-2010 10:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer