Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do libro ´Instrumentos musicais na Tradición galega" en Pontevedra
Pablo Carpintero presentará a súa monografía "Os instrumentos musicais na tradición galega" en Pontevedra. Nun principio, a presentación estaba prevista para hoxe mércores 14 de Abril mais foi adiada e finalmente terá lugar ao mércores 5 de Maio ás 20:00 horas.

A obra conta cos deseños de Xoán Ramón Marín Martínez, e foi editada en Difusora de Letras Artes e Ideas coa oportuna revisión lingüística de Xosé Henrique Costas.

Esta obra, que conta co aval da UNESCO, describe e relata a historia coñecida de 144 instrumentos musicais e útiles sonoros que se empregaron en Galicia. A magnitude do traballo vai alén das case 500 páxinas e 1000 fotografías pois desde unha perspectiva científica e rigorosa achega a clasificación dos 144 instrumentos musicais catalogados dentro do sistema científico máis empregado en occidente, a clasificación de Hornbostel e Sach.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (2) - Categoría: Publicacións - Publicado o 14-04-2010 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Sabe alguén onde queda algún exemplar? Moita xent#blgtk08#e pregunta e nas librerías din que está esgotado.
Comentario por Folieiro (14-04-2010 16:30)
2 Eu polas librarías de C#blgtk08#ompostela aínda o vexo
Comentario por (15-04-2010 09:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer